09/08/2012 - Yanire D. Villaverde / El Progreso
(Lugo)
A Fonsagrada acollerá desde o sábado e ata o 25 de agosto a I
Mostra-Exposición Artística ‘Agarimo polas artes', organizada pola
Asociación de Fonsagradinos e Amigos da Fonsagrada. Esta mostra reunirá
na casa da cultura obras de 23 artistas de distintas disciplinas.
Haberá traballos de pintores, escultores, artesáns e escritores
da zona, e incluso de artistas especializados en enxeñería de pezas de
alta velocidade e nas novas tecnoloxías.
O acto de inauguración da exposición terá lugar o sábado ás
11.00 horas e está previsto que no mesmo participe o cantautor
fonsagradino Xoán Curiel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario