Escala Douglas
A Escala Douglas é unha escala que clasifica os diferentes estados do mar en 10 graos tomando como referencia o tamaño das ondas. Foi creada polo vicealmirante inglés Henry Percy Douglas en 1917 encanto dirixía o Servizo Meteorolóxico da Armada Británica.
A escala ten dous códigos, un para estimar o estado do mar e o outro para describir a altura do mar. Esta escala adaptouse nos demais países recorrendo na maioría dos casos a nomes tradicionais que describían os diferentes estados do mar.
Descrición do estado do mar segundo o vento
O "mar de vento" é o movemento das ondas xerado polo vento a soprar directamente sobre a área de mar observado ou na súa proximidade inmediata.
Grao Descrición do estado do mar Altura das ondas (m)
0 A superficie do mar está lisa coma un espello. Sen ondas
1 O mar comeza a rizarse por partes. 0 a 0,10
2 Fórmanse ondas curtas pero ben marcadas; comezan a romper as cristas formando unha escuma que non é branca senón de aspecto vidroso (ovellas). 0,10 a 0,5
3 Fórmanse ondas longas con cristas de escuma branca ben caracterizadas. O mar de vento é ben definido e distínguese facilmente do mar de fondo que puidera existir. Ao romper, as ondas producen un murmurio que se apaga axiña. 0,5 a 1,25
4 Fórmanse ondas máis longas, con cristas de escuma por todos os sitios. O mar rompe cun murmurio constante. 1,25 a 2,5
5 Comezan a formarse ondas altas; as zonas de escuma branca cobren gran superficie. O mar ao romper produce un ruído xordo como de arrolar cousas.2,5 a 4
6 O mar alborótase. A escuma branca que se forma ao romper as cristas comeza a dispoñerse en bandas na dirección do vento.4 a 6
7 Aumentan notablemente a altura e a lonxitude das ondas e das súas cristas. A escuma disponse en bandas estreitas na dirección do vento.6 a 9
8 Vense ondas altas con longas cristas que caen como cadoiros; as grandes superficies cubertas de escuma dispóñense rapidamente en bandas brancas na dirección do vento; o mar colle todo el un aspecto abrancazado. 9 a 14
9 As ondas fanse tan altas que por veces as naves á vista desaparecen nos seus senos. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e enxordecedor. O aire está tan cheo de salseiro, que a visibilidade dos obxectos afastados faise imposible.
Máis de 14
Estado do mar
As ondas do "mar de fondo" xenérannas os ventos cando sopran sobre unha área do mar lonxana que viaxan rapidamente sobre a superficie cun período regular e cumios chans.
Escala Douglas
Grao Descrición
0 mar chan; mar calmo
1 mar rizado
2 mar ovellado
3 marusía
4 forte marusía
5 media vaga
6 vaga
7 vagallón
8 vagallón campal
9 mar enorme
No hay comentarios:
Publicar un comentario