sábado, 12 de enero de 2013

Xaneiro na cultura popular galega


En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro, refrán popular galego.O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular  e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, diccionarios, refraneiros,cantigueiros etc.

Divisións
As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro, etc. As  resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes. Hai quen di que hai que fiarse máis do que din as resortes.
Ramón Piñeiro recolleu en Láncara o costume de colocar, o primeiro día de xaneiro, doce areas de  sal  sobre unha pedra e prognosticar, segundo a humidade que desprenda cada unha delas, a chuvia que
caerá durante o mes correspondente.
Os pechos son os días 25 a 28 de xaneiro, e anuncian do mesmo xeito o tempo das estacións (primavera, verán, outono e inverno, respectivamente)
A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para mata-lo porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa. Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría.
Do mesmo xeito, durante a lúa morta de xaneiro non se deben poda-las viñas.Santo Amaro, o 15 de xaneiro, é avogoso contra a reuma. En Castro Caldelas é en tal ocasión cando se proban os chourizos novos.
Refraneiro

  • A auga de xaneiro mata ó usureiro.
  • A ferreña de xaneiro non vai ao palleiro.
  • A ferreña de xaneiro non vai ao poleiro.
  • A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.
  • A galiña no xaneiro pon no colmeiro.
  • A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala.
  • A perdiz no xaneiro caga pró escopeteiro.
  • A raia en xaneiro sabe a carneiro.
  • As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
  • As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán 
  • As verzas por xaneiro saben a carneiro.
  • Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido.
  • Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.
  • Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
  • De xaneiro a xaneiro, come carneiro.
  • Día de Santa Inés chuvia unha soa vez. 
  • Xaneiro na cultura popular galega 
  • En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro.
  • En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. 
  • En xaneiro bota ó obreiro, antes na sebe ca na parede, non polo día senón pola pedra que está fría.
  • En xaneiro, a faneca sabe a carneiro.
  • En xaneiro, a lebre co cu no lameiro.
  • En xaneiro, a vella saca as madeixas ó turreiro.
  • En xaneiro, a verza é carneiro.
  • En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro.
  • En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
  • En xaneiro, camiseiro.
  • En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
  • En xaneiro, mete obreiro, antes na sebe que na parede.
  • En xaneiro, mete obreiro.
  • En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime.
  • En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
  • En xaneiro pon o alleiro.
  • En xaneiro, sete lobos no carreiro.
  • En xaneiro, sete lobos polo carreiro.
  • En xaneiro, trompos ó fumeiro.
  • En xaneiro, vaite ó outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar.
  • En xaneiro verza vella val carneiro.
  • En xaneiro visita o outeiro: si ves verdegar ponte a chorar, si ves terrexar, ponte a cantar.
  • En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
  • En xaneiro, xéase a auga no caldeiro.
  • Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
  • Eu son o pito do Cairo, que nacin no mes de xaneiro, se o raposo non me come, he de cantar no poleiro.
  • Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
  • Inda non veu xaneiro pra poñe-lo pé diante do compañeiro.
  • Lúa, a de xaneiro, amor, o primeiro.
  • Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
  • No menguante de xaneiro corta o teu madeiro.
  • No mes de xaneiro sube ó outeiro. Se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.
  • No mes de xaneiro, súbete ó outeiro. Se ve-los teus campos verdexar, ponte a chorar, se terrexar, ponte a cantar.
  • No xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
  • No xaneiro pon o sombreiro.
  • Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
  • Non hai amor firme coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
  • Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro.
  • Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro.
  • O año de xaneiro é o millor carneiro.
  • O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
  • O boi e o leitón, en xaneiro crían rin.
  • O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
  • O madeiro pra túa casa, córtao no xaneiro.Xaneiro na cultura popular galega 3
  • O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán,
  • claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
  • O polo de xaneiro polo san Xoán está comedeiro.
  • O polo de xaneiro vale carneiro.
  • O polo de xaneiro, polo San Xoán está comedeiro.
  • O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns.
  • O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
  • O que queira comer morriña, coma en xaneiro carneiro i en maio galiña.
  • O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro.
  • O santo Antón verdadeiro, o dazasete de xaneiro.
  • O sol de xaneiro non ten compañeiro.
  • O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro.
  • Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará.
  • Ollomol de xaneiro vale un carneiro.
  • Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro.
  • Para a túa casa o madeiro córtao no xaneiro.
  • Picoreiro súbete ó picouto, e se no mes de xaneiro veres verdegar, bótate a chorar, e se os ves queimados, ponte a bailar.
  • Pito de xaneiro non vai coa sua nai ó poleiro.
  • Pito de xaneiro, vai coa súa nai ó poleiro.
  • Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
  • Polo río abaixo vai un pexegueiro que bota pexegos no mes de xaneiro.
  • Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado. 
  • Polo santo Antón xa a galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
  • Polo san Martiño, trompos ó camiño, e polo santo Amaro, trompos ó tellado.
  • Polo san Sebastián coida o teu fabal. Polo san Sebastián coñez o día o pailán. 
  • Polo san Sebastián laranxiñas na man.
  • Polo san Sebastián medra o día o paso dun can. Polo san Vicente ten o día unha hora máis, metá pola mañán, metá polo serán. 
  • Polo San Vicente perde o inverno un dente.
  • Polo San Vicente toda a auga é semente.
  • Por santo Amaro, trompos ó faiado.
  • Por santo Amaro, trompos ó tellado.
  • Por santo Antón, a galiña pon.
  • Por Santo Antón, trompos ó caixón.
  • Por san Sebaschán, a laranxa na man.
  • Por san Sebastián algueira o pailán.
  • Por san Vicente da Roda medra o día unha hora.
  • Por san Vicente pon os nabos da semente.
  • Por san Vicente, unha hora de creciente.
  •  Por san Xulián medra o día un pasiño de can. 
  • Por san Xullán adianta o día o paso dun can.
  • Prá túa casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro.
  • Pra túa casa, o madeiro córtao no xaneiro.
  • Queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro.
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.
  • Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.
  • Quen ora en xaneiro, ora para o ano enteiro.
  • Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
  • San Sebastián, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo.
  • San Vicente do inverno bota unha brasa ós regueiros.
  • San Vicente pequeniño é un santo chirifeiro, que nos dá a nosa festa o vinte e dous de xaneiro.San Xulián garda o viño e garda o pan. 
  • San Xullán, garda viño e pan.
  • Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro.
  • Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro.
  • Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro.
  • Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
  • Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro.
  • Se se soubera o que sabe a galiña no xaneiro, non quedaba unha no galiñeiro.
  • Se trona en xaneiro, sube as cubas ó fumeiro.
  • Seco xaneiro, abundancia no graneiro.
  •  Sol de xaneiro, porco ó bulleiro. 
  •  Tanto dirán “Heilas, heilas”, que veñan nas quendas xaneiras.
  • Tódolos días que pasan de xaneiro son allos que perde de da-lo alleiro.
  • Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro.
  • Verzas en xaneiro saben coma carneiro.
  • Xaneiro, alleiro.
  • Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.
  • Xaneiro arde verdadeiro.
  • Xaneiro é oveiro.
  • Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado.
  • Xaneiro, piardeiro.
  • Xaneiro quente trae o demo no ventre.
  • Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
  • Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro.
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis
  • estes meses cas súas mulas co seu carro.
  • Xaneiro, xiadeiro.
  • Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.
Cantigueiro

  • Chamáchesme pita choca / porque nacín en xaneiro; / inda tú no-élo galo / que canta no meu poleiro.
  • Chamáchesme pito louco / alá no mes de xaneiro; / se me a raposa non come / hei cantar no teu poleiro.
  • Chamáchesme pitocairo / porque nacín en xaneiro; / tú non has de selo galo / que cante no meu poleiro.
  • • Chamásteme pito cairo / porque nascín en Xaneiro; / se no me come o raposo / inda che hei d’ir ó poleiro.
  • Meu divino san Vicente, / olliños de lagarteiro, / moito me alegras, meu santo, / o vintedous de xaneiro.
  • Naquela banda do río, / ten meu pai un castiñeiro, / bota castañas no outono / uvas no mes de xaneiro.
  • San Vicente de Marantes / é un santo moi galanteiro / quere que lle fagan a festa / o vintedous de xaneiro.
  • ¡Vállame dios! o arado / cal si labra dianteiro, / tanto ten no mes de maio, / como no mes de xaneiro.Xaneiro na cultura popular galega 5

Locucións

  • Andar á xaneira: esta-la gata en celo. (Por extensión, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo)
  • Andar ás celeiras coma as gatas xaneiras.
  • Andar como os gatos en xaneiro.
  • Andar de xaneira/ xaneiro.
Anónimo, (1845c): Vozes gallegas, ed. de J. Leitede Vasconcellos, RL vol VII fasc 3, p. 198-229 (ms 7208 BN)
xaneirosm.Enero, mes. Dice un refran: En xaneiro mete obreiro, non por causa do día, senón por amor da pedra que está fría. Parece decir que, aunque los días de enero son cortos, es más ventajoso llamar entonces un picapedrero, pues se trabaja más y mejor la piedra fría. [O refrán tal como está é incomprensible. A versión completa di: En xaneiro mete obreiro, antes en sebe que non en parede, non polo día senón pola pedra que está fría. AS]
Francisco Javier Rodríguez (1854c): Diccionario gallego-castellano, transcrito do ms da RAG por AS para este diccionario
xaneiroEl mes de enero. En p. se pr. id. Seguino.
Francisco Porto Rey (1900c): Diccionario gallego-castellano, ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei;, A Coruña, Real Academia Galega, 2000
xaneirom.Enero, ĵaneiro.
X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego)
XANEIROsm.Enero.
Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931
xaneiros. m.Enero. Primer mes del año.
Leandro Carré Alvarellos (1933): Diccionario galego-castelán, Segunda Edizón, A Coruña, Roel
xaneiros. m.Enero. Primer mes del año.
José Ibáñez Fernández (1950): Diccionario galego da rima e galego-castelán, Madrid
xaneiros. m.Enero.
Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel
xaneiros. m.Enero. Primer mes del año.
José María Pereda Álvarez (1953): Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega, en Douro Litoral (5ª série, VII-VIII, pp. 19-52)
xaneirofrorear¿Qué tal frorea xaneiro? ¿Qué tal florea enero? Pregunta que e hace la gente de mar para inquirir si hay o no abundancia de parrocha. Vivero.
Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
XANEIROs. m.Enero. Primer mes del año natural.
________En varias comarcas de Galicia existe la creencia de que los doce primeros días del mes de Enero anticipan el tiempo que ha de hacer en los meses correspondientes. Así, si el día 3, pongamos por caso, llueve mucho, es señal de que el mes de marzo será muy lluvioso. Esta anticipación meteorológica recibe el nombre de as sortes. Pero no tiene un valor definitivo, porque hay una segunda serie, la que va del 12 al 24, que complementa esta antcipación, unas veces confirmando y otras modificando la impresión primera o de las sortes. Esta segunda serie recibe* el nombre deresortes[*No orixinal 'cecibe'].
________FRAS. No mes de xaneiro, súbete ó outeiro; se velos teus campos vedexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantarEn xaneiro, pon o alleiroEn xaneiro, berza vella val carneiroEn xanerio, mete obreiroXaneiro añeiro, e febreiro cabriteiroCantos días pasen de Xaneiro, tantos allos perde o alleiro.Pito de Xaneiro, vai coa sua nai ó poleiro.
X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo
xaneiros. m.Enero.
________No mes de xaneiro, súbete ao outeiro; se ves os teus campos verdexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantar.
Eligio Rivas Quintas (1978): Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca
xaneiromEnero (dicc ). En Frades el refrán: FRAS. San Antonio de Xaneiro, se fai sol, bota as pipas ó canteiro, e se chove bótaas ó fumeiro, es decir, todo depende del tiempo que haga ese día. En Fondo de VilaDazasete de Xaneiro, San Antonio verdadeiro; día trece de San Xoán, San Antonio mentirán(FrampasI)
Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret
Xaneiros. m.Enero. Primer mes del año.
Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27
xaneirom.(v.c.)xeneiro (Oir.) enero; V. andar de xaneiro.
Eligio Rivas Quintas (2001): Frampas, contribución al diccionario gallego (inédito ata a 1ª ed electrónica neste dicionario)
xaneiro,--aadx.Propio del mes de enero. En Ourense, 1331, bullas janeyras, burbujas, lluvias de enero. Cf. bulleiro, cieno.(FrampasIII)

No hay comentarios:

Publicar un comentario