Nome galego: carballo.
Nome castelán: roble, roble pedunculado, roble albar.
Familia: Fagáceas
Descrición. Árbore robusta de folla caduca, de porte maxestoso, de ata 30 e 40 m de altura e grandes diámetros de fuste, con copa ampla e globosa, irregular, non moi densa. En espesura, desenvolve un tronco esvelto, cilíndrico e limpo de ramas. O sistema radical é potente e profundo, con raíz principal pivotante e secundarias fortes e estendidas.
Cortiza agrisada ou abrancazada, moi agretada e de tonalidade apardazada nos exemplares vellos. Son árbores moi lonxevas, da orde de 500 a 600 anos, aínda que poden chegar a superar os 1.000 anos.
A rexeneración é boa por semente. Comezan a frutificar aos 35-40 anos e compórtanse como especies veceras. Rebrotan extraordinariamente ben de cepa, o que posibilita o tratamento en monte baixo para produción de leñas. Non brotan ou brotan mal de raíz.
Follas: grandes, simples, en disposición alterna, con estípulas alongadas que caen prontamente; son lampas nas dúas caras, de cor verde intenso pola face e máis pálidas no envés, con nervios ben marcados, pola cara inferior. A súa forma é ovada, con pecíolo moi curto (2-7 mm), auriculadas frecuentemente na base, co bordo máis ou menos profundamente lobado, de lóbulos desiguais, redondeados; adoitan medir uns 6-12 cm de longo por uns 3-6 cm de ancho.
Flores: distribuídas mocoicamente. Flores masculinas en amentos colgantes, verde-amarelos, que nacen solitarios ou en grupos. Flores femininas agrupadas nun número de 1-6, rodeadas por unha cuberta escamosa de cor pardo-avermellada.
Froitos: landras xeralmente ovoideo-oblongas, con caparuza de escamas case planas, que colgan sobre un longo pedúnculo.
Distribución. Na maior parte de Europa e en Asia occidental. Falta das Baleares e na Península esténdese principalmente pola metade norte, sobre todo nas zonas de influencia atlántica: metade norte de Portugal, Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Navarra.
Florece: o tempo no que produce as novas follas é por abril, maio ou xuño; as landras maduran en setembro e caen en outubro.
Distribución. Na maior parte de Europa e en Asia occidental. Falta das Baleares e na Península esténdese principalmente pola metade norte, sobre todo nas zonas de influencia atlántica: metade norte de Portugal, Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Navarra.
Os carballos do país son especies con gran tendencia á hibridación, entre elas e con outras do mesmo xénero, o que dificulta o establecemento duns límites claros nas súas áreas de distribución.
Requirimentos estacionais. Dende o nivel do mar ata uns 1000 (1300) m de altitude, formando bosques nos solos profundos e frescos, principalmente nos que carecen de cal e son algo húmidos; require un clima húmido, oceánico, onde se acuse pouco a seca estival. Soportan baixas temperaturas no inverno e ata xeadas tardías de certa intensidade.
Desenvólvense sobre solos tanto silíceos coma calcarios. Precisa solos de certa fertilidade para un bo desenvolvemento. Tolera solos máis pesados e arxilosos, ata cun certo encharcamento estacional, co que entra a formar parte en Galicia dos bosques de ribeira.
Os carballos son especies de luz ou media luz; as plantas pequenas non soportan unha cobertura arbórea máis aló dun ou dous anos. Ao principio, agradecen un acompañamento lateral, pero conforme pasan os anos fanse máis esixentes en espazo vital e precisan desenvolverse a plena luz.
A súa madeira de calidade é moi variable en función dos tratamentos recibidos pola árbore. A albura é de cor branco-amarelo, mentres que o durame (cerna) é de cor coiro, que amarela co tempo. Presenta gran fino, con aneis de crecemento ben marcados, bastante pesado, moi resistente á putrefacción, aínda dentro da auga.
É pouco estable e seca lentamente, polo que precisa dun secado ao aire ou artificial moi coidadoso para evitar deformacións e/ou gretas. O durame é moi resistente á intemperie, aos fungos de podremia e ao ataque dos insectos (salvo ás termitas), mentres que a albura é sensible, polo que debe eliminarse na elaboración posterior ou ben debe ser tratada con protectores.
Os usos da madeira son moi variados: as mellores calidades destínanse a ebanistería, carpintería de interiores, revestimentos decorativos, tornería, talla e tonelería (por ser a madeira máis adecuada para conter licores e viños de calidade, dada a súa aptitude para o curvado, o seu comportamento na difusión de sustancias e a baixa permeabilidade do durame). As calidades medias empréganse para chans de madeira e as peores para travesas de ferrocarril e instalacións rurais (enreixados, valados, postes). Tamén se usa como madeira de construción en rehabilitación de vivendas antigas e en construcións de nova planta que presenten aspecto rústico.

Usouse tradicionalmente en grandes edificacións históricas, para a construción de grandes flotas de guerra e pesca, en carpintería, ebanistería e tornería. É clásica a súa utilización para partes dos toneis e barricas de viño e licores, mobles, contrachapados, entarimados e botes de pesca.
Tamén se utilizou en construcións fixas en contacto coa auga (pilotes) e en maquinaria, carretería e arsenais militares. Proporciona leña e carbón vexetal de moi boa calidade.
Silvicultura. En plantacións forestais recoméndanse densidades entre os 2000 e 2500 pés/ha, correspondentes a uns espazamentos de 2x2, 2,5x2 ou 3,5x1,5 m.
Partindo destas densidades, van ser necesarias as tallas de formación posteriores, para previr a aparición de bifurcacións no tronco, realizándose estas cada 2 ou 3 anos. Serán necesarios rozas posteriores que garantan o arraigo das plantas novas e o seu acceso á luz. A presenza lateral e moderada de vexetación acompañante de leguminosas, tipo xestas ou toxos, será interesante para contribuír á boa forma dos fustes.
Será preciso facer clareos desde os 15 anos en diante. Ao iniciar os clareos, a densidade adoita ser superior aos 10000 pés/ha, chegándose ao final dos clareos aos 2000-2500 pés/ha.
En canto á poda natural, considérase boa, sempre que exista unha densidade suficiente que preveña unha excesiva ramosidade e grosor das ramas. Isto fai que non sexa frecuente a poda dos carballos.
En canto á poda natural, considérase boa, sempre que exista unha densidade suficiente que preveña unha excesiva ramosidade e grosor das ramas. Isto fai que non sexa frecuente a poda dos carballos.
As claras inícianse aos 30 anos e realizaranse a intervalos de 7 a 10. A primeira clara pode supor a preselección dos candidatos a pés de porvir, nun número de 200-300 pés/ha, para logo realizar unha selección definitiva aos 50-60 anos. O espazamento adecuado entre os pés de porvir definitivos oscilará entre 10 e 12 m (de 70 a 100 pés/ha).
As claras non serán fortes, debido á acusada tendencia dos carballos a formar brotes chupóns, que son estimulados polas postas en luz do tronco. As claras serán, en consecuencia, moderadas e actuarase sobre todo nas árbores dominantes e codominantes. Como norma xeral na silvicultura dos carballos, estes terán a copa á luz e o tronco á sombra.
No intervalo de 50 a 80 anos, as claras poden ser algo máis fortes para dar maior luz e favorecer o crecemento en diámetro dos pés de porvir. A curta pode realizarse cara aos 100 anos, se se realizaron adecuadamente as claras, xa que pola contra os diámetros serán reducidos e haberá que esperar ata os 120 ou máis anos.
O carballo rebrota moi ben de cepa e é posible o seu aproveitamento en monte baixo para a produción de leñas, con quendas da orde dos 30 anos para leñas grosas, aínda que este é un método de beneficio que se tende a abandonar, polo escaso interese económico dos produtos obtidos.
Se nos atopamos cun monte baixo abandonado de bo aspecto, pódese proceder ao resalveo, que consiste en seleccionar árbores de porvir e realizar claras, mantendo chirpiales de acompañamento para reducir a aparición de chupóns e a incidencia do vento sobre os resalvos ou individuos seleccionados. Reservaranse igualmente outros brotes baixos para dar sombra e abrigo lateral. O número total de chirpiales a reservar será de 400 a 600 pés/ha e os brotes procurarase que non sexan febles ou con tendencia a curvar coa neve ou co aumento de peso da copa. Ao cabo duns anos de actuacións convenientes de clara, non se nota que o monte procede de rebrote de cepa e séguese unha silvicultura similar á exposta anteriormente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario