lunes, 19 de agosto de 2013

50 anos sementando na montaña

logo
13/08/2013 - Pilar Cheda / El Progreso (A Montaña)
Ramón Rodríguez Mondelo chegou hai 48 anos á Fonsagrada. Eran as once da mañá do día 11 de agosto. Debeulle impresionar o momento porque o lembra con detalle. Dous anos antes ordenárase cura e fora destinado á Regua, en Monforte, pero sendo novato impoñía enfrentarse ás parroquias da montaña e chegou cheo de expectación.
Ramón Rodríguez Mondelo, no seu despacho. (Foto: Tanis)
Ramón Rodríguez Mondelo, no seu despacho. (Foto: Tanis)
Rodríguez Mondelo conta que naceu en Montefurado «por casualidade», porque a súa nai era mestra e estaba destinada alí o 9 de xullo. A súa familia era da Rúa, onde pasou parte da infancia, pero polo traballo da nai viviu en distintos lugares. O tempo de estudar o bacharelato colleuno en Ferreira de Pantón e o párroco de alí suxeriulle ingresar no seminario. Lembra que lle gustou a idea e marchou para Lugo. Aí di que encontrou o seu rumbo e tomou un camiño que aínda hoxe, medio século despois, non abandonou.
1 comentario
Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

#1 Por villarmean56 13-08-2013 22:18

Normal
El mejor cura que se puede tener. Un ejemplo de coherencia, solidaridad, amor al prójimo... Siempre se situó del lado de los humildes y de los pobres, siempre supo estar donde y cuando era necesario... No hay palabras para expresar todo el agradecimiento y cariño que le tenemos. Se merece un monumento. Algunos no podremos estar en ese más que merecido homenaje pero le llevamos en el corazón como a alguien muy importante en nuestra vida.Gracias infinitas D. Ramón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario