Investigador do Centro de Cooperación e Desenvolvemento Territorial (CeCODET) da Universidade de Oviedo, xeógrafo e etnógrafo, participa en numerosos proxectos vencellados ó desenvolvemento territorial en Asturias e ten publicados varios artigos sobre construccións populares en revistas especializadas. Hoxe en día, ademais está a realizala tese sobre os hórreos na Península Ibérica.
PUBLICADO NA REVISTA RAIGAME MAIO DE 2001 N 13
A realización dun estudio sobre o horro de tipo asturiano na franxa oriental galega, débese en gran medida á falta de interese desta tipoloxía, en practicamente moitos dos traballos feitos tanto polos investigadores asturianos, que non parecen ser conscientes que o estudio do horro asturiano supera os seus lindeiros, coma polos investigadores galegos, máis centrados no estudio do cabazo de varas ou no hórreo rectangular. Pero, é unha realidade irrefutable a importancia tanto cualitativa como cuantitativamente deste tipo de horro presente en dezaseis concellos galegos.
O medio físico da área.
O medio físico corresponde na súa maior parte ó que se coñece como Montañas Orientais e a un pequeno sector da Meseta Luguesa. Son montañas e chairas do macizo galaico antigo, propias dun relevo apalachense de alternancia de vales e cristas paralelas.
O norte caracterízase pola presencia da serra de Meira e o val encaixado do río Eo. A terra da Fonsagrada aparece sucada por unha serie de serras que chegan a superalos mil metros en Negueira de Muñiz. Descendendo cara ó sur, salienta a serra dos Ancares e o río Navia. Nos bordos existen pequenas serras e algunhas chairas, nun relevo situado entre os 500 e os 900 metros. O clima é oceánico de montaña, mais no norte aparece unha transición
entre o oceánico de montaña e o húmido. Respecto ás temperaturas, aparecen uns invernos fríos cara ó interior e máis suaves cara ó norte. As precipitacións, as xeadas, nevadas e brétemas son frecuentes.
A vexetación caracterízase pola triloxía arbórea de carballo, bidueiro, e castiñeiro, destacando pequenas áreas con sobreiras e aciñeiras.

A Fontaneira (Baleira) con cuberta a veo. |
Riotorto (A Fonsagrada) con data de 1806. |
O marco territorial de referencia.
O espacio de investigación céntrase desde o curso medio do río Eo polo norte ata a serra do Courel polo sur. Os concellos que teñen horros de tipo asturiano son de norte a sur: A Pontenova, Riotorto, Meira, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Pol, Baleira, Castroverde, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Baralla, Becerreá, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Este tipo de horro é exclusivo nos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Ribeira de Piquín (quitado un pequeno sector), Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, onde existe a maior concentracón de exemplares. Noutros concellos só aparece nalgunha das súas parroquias (Becerreá, Pol, Riotorto, Baleira, A Pontenova) ou contan con escasos exemplares ( Triacastela, Castroverde, Baralla, Meira). Nalgunhas destas áreas, especialmente no norte convive co cabazo rectangular galego (Riotorto, A Pontenova, A Ribeira de Piquín, Meira, Pol). En conclusión, podemos dicir que se trata dunha zona extensa a que ocupa o horro de tipo asturiano, mais o seu lindeiro vaise acortando desde hai uns anos, e especialmente desde a década de 1980 na zona oeste, é dicir, Meira, Pol, Baleira, Castroverde, Triacastela, Baralla e Becerreá. Ademais da zona sur, en Pedrafita do Cebreiro e As Nogais. Aínda así, o seu número é importante en Riotorto, A Pontenova, A Fonsagrada, A Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Cervantes e Negueira de Muñiz
Magnífico exemplar de Seoane (A Fonsagrada). |
A orixe.
A orixe deste tipo de horro é incerta.Seica antes de que existise poida que houbera cabazos de varas entretecidas, seguindo as referencias de finais do século XVII do Padre Luis Alfonso de Carvallo para área suroccidental asturiana, lindante coa luguesa. Por outra parte, a denominación de sebes para as paredes do horro en Rao (Navia de Suarna) parece confirmalo. Unha das referencias históricas foi recollida por Clodio González, datada no ano 1583 onde se menciona un horro na Pobra de Navia. Outro documento anterior do mosteiro de donas de Santa Comba da Órrea (Riotorto) fala de facer un horro en 1493 en Vilaverde (Navia de Suarna).

Piornedo (Cervantes) con cuberta a facha. |
Existen outras referencias medievais en pobos da bisbarra lindeira do Eo-Navia, respecto a orreas en Xío, Bullaso, Porto ou Villar de Piantes. O que nos fai supoñer que existiran tamén na parte luguesa. Os horros, como afirma Mark Gimson, espalláronse desde os vales dos ríos ata as montañas colonizando tódalas serras orientais luguesas. Outro feito a constatar é que o horro é posterior á construcción das pallozas.
Pipín (A Pontenova). |
Pero aínda así, temos que advertir que os horros que na zona norte presentan corredores de doelas son máis antigos do que aparentan, xa que estes corredores están engadidos á estructura orixinal do horro.
A súa función
Dentro do sistema agrario tradicional desta franxa, un dos elementos básicos para o labrego é, sen dúbida, o horro. A resposta da súa construcción parece estar na idea de illar ou procurar outra dependencia que non fose a casa tradicional para gardar unha serie de productos seleccionados previamente, protexéndoos da humidade, dos roedores, e dos pequenos paxaros granívoros.
É un tipo de despensa, o que o diferencia do cabozo, e ademais é transportable. O horro actual almacena moitos tipos de productos: allos, cebolas, mel, queixo, a matanza do porco, mazás, castañas, fabas, noces, abelás, etc.
Un feito insólito era a utilización do horro nalgunhas parroquias de Navia de Suarna como en Rao, de velorio para os defuntos cando se producían grandes nevadas e non se podía soterra-los mortos no cemiterio. Sen embargo, raramente é vivenda como en Asturias.
Nos corredores poden aparecen tendedeiros de roupa e os trobos do mel.
O espacio inferior pode ser aproveitado para garda-los apeiros, especialmente o carro, a leña, e hoxe en día o tractor ou outra maquinaria agrícola. Se se unen os pés con muros pode ser corte. Outro aspecto a salientar é a existencia de horros colectivos non debido só a herdanzas senón á construcción dun para dúas familias como acontece nalgún de Vilaxe (A
Pontenova).
A construcción e as partes.

O termo fundamental que define o conxunto é hórreo, termo moi pouco escoitado e que non parece ser unha voz patrimonial nin nas persoas de maior idade. Así o escoitamos nos concellos de Riotorto, A Pontenova, Castroverde e Pol, sen dúbida pola influencia da denominación galega máis común.
O termo maioritario no sector é horro, así se escoita na Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Cervantes, A Fonsagrada, A Pontenova, Riotorto, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá e Negueira de Muñiz.
Na maior parte das ocasións a adscrición a unha das dúas opcións non a marca o territorio estudiado senón o falante, ocorrendo que nunha mesma parroquia distintos falantes utilizan hórreo ou horro. Outros termos recollidos por otros autores como paneira, piorno e cileiro raramente constátanse.

O horro asenta os pés nunha serie de pedras, pedras que non reciben ningún nome en particular, son as pedras que sosteñen o horro; despois séguenlle os piares que poden ser de madeira ou pedra, denominados pés. Pero noutras ocasións non existen pés e no seu lugar
temos muros de cachotería semellantes ós dos cabozos, chamándose entón cepas.
Na parroquia de Pereiramá (Castroverde) denomínase pé dreito coma no hórreo rectangular galego. En Navia de Suarna recóllese peón, xeralmente utilizado en plural: peois, aínda que convive con pés (Navia de Suarna, Cervantes, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro). En Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, escoitase dun xeito excepcional peis.
Sobre cada piar aparece unha pedra de forma circular ou cuadrangular denominada rateira na Pontenova, Riotorto, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro; en Castroverde (parroquia de Pereiramá) recolleuse testo.
En Navia de Suarna son as lousas dos peois ou sinxelamente as lousas (A Fonsagrada). Outro termo é chanto en Castroverde. Son de lousa, pedra de gra, granito e mesmo unha pedra sen labrar (O Pando, Cervantes). Sobre as rateiras dispóñense catro vigas grosas que sosterán a cámara do horro, son as cuadras na Pontenova, Riotorto, A Fonsagrada e Navia de Suarna. En Pedrafita do Cebreiro vigas sen máis. Adoitan ser de carballo, e tórcense co tempo, isto denomínase na Pontenova abarcular.
Entre as rateiras e as cuadras atópase un pequeno anaco de madeira que separa ámbalas dúas, que se denomina forra en Navia de Suarna e taco na Pontenova, e que serve para axustar mellor as vigas que sosteñen a cámara.
Dentro do espacio formado polas catro cuadras temos unha viga central e varias no medio, e despois toda unha serie de vigas máis pequenas postas sobre as principais dun xeito transversal a estas. As primeiras reciben o nome de pontois ou puntois en Navia de Suarna, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro. Nalgúns falantes de Donís (Cervantes) e Pedrafita do Cebreiro denomínanse pontós. A acción de poñer un pontón chámase apontoar.
Estas vigas constitúen o piso do horro e en Pereiramá (Castroverde) denomínanse encuastras, aínda que este termo tamén foi localizado na Ribeira de Piquín.
En Navia de Suarna, o resto das vigas máis pequenas chámanse traveseiras ou traveseiros e táboas. Esta parte xunto ás cuadras adoitase chamar grade do horro.
As cuadras sosteñen a cámara do horro, que é a parte fundamental desta construcción, onde se van almacena-los productos. As táboas verticais que conforman o cadrado non teñen ningunha denominación individual, pero si nomes referidos ó conxunto delas, así na Fonsagrada denomínase zarrume e en Navia de Suarna (parroquia de Rao) sebes, igual que no concello eonaviego de Ibias.
En Navia de Suarna, nas cuadras vai unha fura na que se crava cada un dos paos dos recantos, que por enriba se suxeitan con rodalos ou rodos. As táboas das sebes non van cravadas, senón que se encaixan nun rebaixe que teñen as cuadras, denominado garzo. A ensamblaxe coas lousas do tellado realízase a través de tacos ou ganchos de madeira chamados pinos.
Á nomenclatura descrita ata agora hai que incorporar outra relativa ó tipo adoelado existente na Pontenova e Riotorto, que comparte características do cabozo nos corredores. Esta subtipoloxía non é máis que o resultado de engadirlle os corredores semellantes ó cabozo á estructura orixinal do horro. Este paso deuse a finais do século XIX e principios do XX. Os corredores presentan ó exterior unha estructura de pequenas táboas dispostas dun xeito vertical que se denominan doelas, que están reforzadas con outra táboa horizontal que abrangue todo un lado, é a zarrancha, suxeitada ás doelas mediante cravos. O conxunto de bandas de doelas recibe o nome de coraceiro, e ven se-lo peche exterior dos corredores, quitado xeralmente o lado da porta. A operación de poñer doelas denomínase adoelar.
Nas táboas da cámara ou nas doelas dos corredores aparecen algunhas veces unha serie de ganchos, que serven para pendura-las restras de mazarocas de millo. En Navia de Suarna e Cervantes denomínanse ganseiras, existindo ademais en Riotorto, A Ribeira de Piquín e A Fonsagrada, sen denominación específica.
Outros horros, sobre todo na Pontenova, teñen varios paos que conectan as cuadras co tellado coa función de sostelo mellor, son os que se coñecen na parroquia de Xudán como paus pra collerse ou paus pra soste-lo texado.
Noutras ocasións o peche da cámara realízase con táboas máis amplas cás doelas formando un horro moi característico en San Xurxo de Piquín (A Ribeira de Piquín), Martín (Baleira) ou Os Vaos (A Ribeira de Piquín), e que se chama zarramento. Na Ribeira de Piquín o zarramento tamén é o tabique que separa o centro do horro do corredor ou corredores laterais.
As táboas da cámara están ensambladas unhas coas outras á maneira dun crebacabezas, así se di na Pontenova que están entriscadas.
Sobre a cámara colócanse outras catro vigas máis lixeiras cás cuadras, e que reciben o nome de sobrevigos na Fonsagrada e na Pontenova. Equivalen ós rodalos ou rodos de Navia de Suarna.
A sustentación do tellado realízase cunha serie de táboas, e é en Navia de Suarna e A Fonsagrada onde atópamolo vocabulario máis rico; por enriba do sobrevigo sitúase unha táboa de reforzo que se denomina touca, a unión entre esta e os recantos do tellado realízase a través dos gatos na Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro, que axudan a aturar mellor o peso do tellado do horro.
Tamén aparecen na Pontenova, pero sen denominación concreta. As vigas que constitúen os vértices da estructura piramidal da cuberta chámanse aiguelotes na Fonsagrada, anguilotes e aigas en Navia de Suarna. No interior desta estructura podemos apreciar outra serie de táboas finas chamadas netos na Fonsagrada (Val do Suarna). Os aiguelotes na zona norte coñécense como canteados, e son as viguetas que serven para soste-los cangos. Os netos equivalen ós termos canteados e cangos, pero de tódolos xeitos en moitos dos informantes entrevistados non estaba tan clara a diferencia.
Os cangos son as táboas que se cravan sobre os canteados, e serven para reforza-lo tellado, e a operación de poñelos denomínase cangar ou acangar. Na parroquia de Donís (Cervantes) aparece cangros. En Navia de Suarna e Cervantes ademais témo-lo termo ripias ou ripas, proveniente da terminoloxía da palloza. As ripias apoianse nos primeiros, e amarreselle-lo colmo cos vrincallos ou vincallos. Entre o tellado e as vigas superiores fórmase un beirado no que ás veces aparecen as cabezas dos cangos cos bordos rectos, igual que nos recantos onde rematan os sobrevigos ou rodalos ou rodos. Nos horros de cuberta vexetal esta parte denomínase embaixo do horro na Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro.
A terminoloxía relativa á cubrición cambia segundo o modelo de horro. En primeiro lugar, o horro cuberto con lousas forma un tellado denominado lousado, en Riotorto, A Pontenova, A Fonsagrada, A Ribeira de Piquín, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna.
O tellado ó se dividir en catro vertentes, nas súas arestas aparecen unhas lousas máis anchas que teñen como función que discorra a auga do tellado cara ó chan, e constitúen os augueiros. As lousas suxeitanse ás vigas mediante os pinos. Nesta zona onde o vento azouta os tellados obsérvanse unha serie de pedras, chamadas na Pontenova penedos.
No cume do tellado adoitase poñer unha pedra redonda cun pequeno pico que é denominado curuto (Riotorto, A Pontenova e norte do concello da Fonsagrada), ou cume, cumal, cumio en Navia de Suarna, ou pirula na parroquia de Xudán (A Pontenova).
En segundo lugar, témo-lo horro de cuberta vexetal, tamén chamado en Baleira horro de teito; este recóbrese a partir de pequenas táboas finas (ripia na Fonsagrada, Navia de Suarna e Cervantes), que formarán o entramado que sosterá a cuberta de colmo (palla de centeo), tamén chamada colma ou colmado (Pedrafita do Cebreiro). A operación de cubrición denomínase colmar, e realízase comezando polo bordo coa espiga mirando ó cume, conseguindo varias capas de colmo húmido, para que se xunten e non esvaren.
Esta cubrición denomínase na Fonsagrada, A Ribeira de Piquín e Navia de Suarna cubertume. Ás veces tamén teitume na Fonsagrada e cubrición en Pereiramá (Castroverde).
O colmo é amarrado por unha serie de ringleiras entrelazadas de xesta, piorno ou uz, que constitúen o sistema de “a veo ou a veu”, termo que se recolle na Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. O conxunto de veos denomínase corchel en Pedrafita do Cebreiro. O outro sistema é “a facha”, e esta operación denomínase fachar. Realízase con feixes de palla suxeitos denominados mandas, manadas ou manizas, que se unen con vincallos. Para esta operación utilízase a pa de teitar, que adoita ser de madeira de capudre.
Ás veces a cuberta fíxose en Castroverde con codesos.
O interior pode estar dividido nun espacio central ou en tres, segundo teña corredores laterais ou non. Pode existir un compartimento que se utilice como paneira ou para gardalo gran que é a tuña na Ribeira de Piquín, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz. Ás veces unha parte resérvase para a herba do gando, é a barra en Pedrafita do Cebreiro como nas pallozas. Na parroquia de Rao (Navia de Suarna) recóllese o termo punteira para un recanto pechado polos dous lados para poder recoller máis doado os grans ou as fabas que hai polo chan. A punteira é un corredor do horro, igual que os corredores das castañas e os corredores do millo.
O acceso ó horro faise cunha escaleira, de pedras máis ou menos regulares, pero será cunha pequena táboa pendurada con ganchos Lúa (Pol), horro grande. de madeira denominados zarranchas (na Pontenova, Riotorto e A Fonsagrada) como se accede á porta do horro. Esta pequena táboa é a taolla na Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Baleira e A Pontenova, ou taonlla (Xudán, A Pontenova) ou ponticela (Pedrafita do Cebreiro).
Algúns horros de Navia de Suarna teñen faio, ó que se accede a través dunha trampa ou trampela. Na parte exterior do tellado pode aparecer un bufardo.
As diversas subtipoloxías.
Non é doada de establecer unha serie de subtipoloxías, dado a coexistencia de moitas características en varios modelos. Non obstante, podémolos clasificar do seguinte xeito:
Os aspectos decorativos.
A gama de motivos decorativos é pequena, e cínguese a pequenas ventás que actúan como respiradeiros, rosetas, tetrasqueis, cruces, estrelas e pequenos soles.
O motivo da roseta é moi antigo, considerándose como un símbolo solar de protección. É o elemento máis reiterativo nas tallas dos horros desta área, aparece tanto no norte (A Pontenova), como no centro (A Fonsagrada, Pol, Negueira de Muñiz), e no sur (Cervantes).
A roseta pode ser tetrapétala, hexapétala ou heptapétala.
O tetrasquel é outra das figuras que aparece tallada, adoita se-la figura de máis beleza e existen poucos exemplares con el. Aparece nos concellos da Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz. Tetrasquel en Riotorto (A Fonsagrada). Roseta en Bogo (A Pontenova).
As cruces adoitan estar pintadas na Fonsagrada como símbolos de protección. Outras veces tállanse conb tetrasqueis en Robledo e A Silvouta (Navia de Suarna). Noutras ocasións forman parte dunha composición formada por un sol en forma de margarida como en Piornedo(Cervantes). As liñas verticais labradas como respiradeiro aparecen no horro grande de Conforto (A Pontenova) e nun do lugar de Goios (A Pontenova).
Outro motivo son as estrelas como as que atopamos en Aigas e Robledo (Navia de Suarna), podendo ser con ou sen botón central. Outro elemento son as estrelas de seis puntas que temos nun horro de Aigas (Navia de Suarna).
Algúns horros teñen decorados os peches dos corredores como un nos Teixedais (A Pontenova) cunha especie de celosías o que lle dá unha gran beleza. Un feito excepcional era un dos horros do pazo do Pando (Cervantes) que tiña a porta tallada integramente, pero que
hoxe está desaparecida.
Sobre as datas, poucos son os horros que as teñan talladas: 1774 en Aigas (Navia de Suarna), 1806 en Riotorto (A Fonsagrada), 1886 en Robledo (Navia de Suarna), e 1899 en Abrente (Navia de Suarna). En conclusión, a variedade decorativa
dos horros é moi pequena e é practicamente inexistente en canto nos achegamos ás estribacións da Meseta Luguesa. Contariamos con tres núcleos: un, ó norte, no concello da Pontenova, con predominio da roseta; outro na Fonsagrada e Negueira de Muñiz con rosetas e tetrasqueis; e un terceiro, en Navia de Suarna e Cervantes cunha maior variedade e calidade: rosetas, tetrasqueis, estrelas e cruces.
Bibliografía
ENGADIDO POLO ADMINISTRADOR DO BLOG PARTES DA PANERA ASTURIANA
Na parroquia de Pereiramá (Castroverde) denomínase pé dreito coma no hórreo rectangular galego. En Navia de Suarna recóllese peón, xeralmente utilizado en plural: peois, aínda que convive con pés (Navia de Suarna, Cervantes, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro). En Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, escoitase dun xeito excepcional peis.
Sobre cada piar aparece unha pedra de forma circular ou cuadrangular denominada rateira na Pontenova, Riotorto, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro; en Castroverde (parroquia de Pereiramá) recolleuse testo.
En Navia de Suarna son as lousas dos peois ou sinxelamente as lousas (A Fonsagrada). Outro termo é chanto en Castroverde. Son de lousa, pedra de gra, granito e mesmo unha pedra sen labrar (O Pando, Cervantes). Sobre as rateiras dispóñense catro vigas grosas que sosterán a cámara do horro, son as cuadras na Pontenova, Riotorto, A Fonsagrada e Navia de Suarna. En Pedrafita do Cebreiro vigas sen máis. Adoitan ser de carballo, e tórcense co tempo, isto denomínase na Pontenova abarcular.
A Pobra de Burón (A Fonsagrada |
Dentro do espacio formado polas catro cuadras temos unha viga central e varias no medio, e despois toda unha serie de vigas máis pequenas postas sobre as principais dun xeito transversal a estas. As primeiras reciben o nome de pontois ou puntois en Navia de Suarna, A Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro. Nalgúns falantes de Donís (Cervantes) e Pedrafita do Cebreiro denomínanse pontós. A acción de poñer un pontón chámase apontoar.
Santalla (Triacastela), o único do concello. |
En Navia de Suarna, o resto das vigas máis pequenas chámanse traveseiras ou traveseiros e táboas. Esta parte xunto ás cuadras adoitase chamar grade do horro.
As cuadras sosteñen a cámara do horro, que é a parte fundamental desta construcción, onde se van almacena-los productos. As táboas verticais que conforman o cadrado non teñen ningunha denominación individual, pero si nomes referidos ó conxunto delas, así na Fonsagrada denomínase zarrume e en Navia de Suarna (parroquia de Rao) sebes, igual que no concello eonaviego de Ibias.
En Navia de Suarna, nas cuadras vai unha fura na que se crava cada un dos paos dos recantos, que por enriba se suxeitan con rodalos ou rodos. As táboas das sebes non van cravadas, senón que se encaixan nun rebaixe que teñen as cuadras, denominado garzo. A ensamblaxe coas lousas do tellado realízase a través de tacos ou ganchos de madeira chamados pinos.
Á nomenclatura descrita ata agora hai que incorporar outra relativa ó tipo adoelado existente na Pontenova e Riotorto, que comparte características do cabozo nos corredores. Esta subtipoloxía non é máis que o resultado de engadirlle os corredores semellantes ó cabozo á estructura orixinal do horro. Este paso deuse a finais do século XIX e principios do XX. Os corredores presentan ó exterior unha estructura de pequenas táboas dispostas dun xeito vertical que se denominan doelas, que están reforzadas con outra táboa horizontal que abrangue todo un lado, é a zarrancha, suxeitada ás doelas mediante cravos. O conxunto de bandas de doelas recibe o nome de coraceiro, e ven se-lo peche exterior dos corredores, quitado xeralmente o lado da porta. A operación de poñer doelas denomínase adoelar.
A Órrea (Riotorto), con corredor de doelas. |
Nas táboas da cámara ou nas doelas dos corredores aparecen algunhas veces unha serie de ganchos, que serven para pendura-las restras de mazarocas de millo. En Navia de Suarna e Cervantes denomínanse ganseiras, existindo ademais en Riotorto, A Ribeira de Piquín e A Fonsagrada, sen denominación específica.
Outros horros, sobre todo na Pontenova, teñen varios paos que conectan as cuadras co tellado coa función de sostelo mellor, son os que se coñecen na parroquia de Xudán como paus pra collerse ou paus pra soste-lo texado.
Noutras ocasións o peche da cámara realízase con táboas máis amplas cás doelas formando un horro moi característico en San Xurxo de Piquín (A Ribeira de Piquín), Martín (Baleira) ou Os Vaos (A Ribeira de Piquín), e que se chama zarramento. Na Ribeira de Piquín o zarramento tamén é o tabique que separa o centro do horro do corredor ou corredores laterais.
Miranda (Castroverde). |
Sobre a cámara colócanse outras catro vigas máis lixeiras cás cuadras, e que reciben o nome de sobrevigos na Fonsagrada e na Pontenova. Equivalen ós rodalos ou rodos de Navia de Suarna.
A sustentación do tellado realízase cunha serie de táboas, e é en Navia de Suarna e A Fonsagrada onde atópamolo vocabulario máis rico; por enriba do sobrevigo sitúase unha táboa de reforzo que se denomina touca, a unión entre esta e os recantos do tellado realízase a través dos gatos na Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro, que axudan a aturar mellor o peso do tellado do horro.
Tamén aparecen na Pontenova, pero sen denominación concreta. As vigas que constitúen os vértices da estructura piramidal da cuberta chámanse aiguelotes na Fonsagrada, anguilotes e aigas en Navia de Suarna. No interior desta estructura podemos apreciar outra serie de táboas finas chamadas netos na Fonsagrada (Val do Suarna). Os aiguelotes na zona norte coñécense como canteados, e son as viguetas que serven para soste-los cangos. Os netos equivalen ós termos canteados e cangos, pero de tódolos xeitos en moitos dos informantes entrevistados non estaba tan clara a diferencia.
Os cangos son as táboas que se cravan sobre os canteados, e serven para reforza-lo tellado, e a operación de poñelos denomínase cangar ou acangar. Na parroquia de Donís (Cervantes) aparece cangros. En Navia de Suarna e Cervantes ademais témo-lo termo ripias ou ripas, proveniente da terminoloxía da palloza. As ripias apoianse nos primeiros, e amarreselle-lo colmo cos vrincallos ou vincallos. Entre o tellado e as vigas superiores fórmase un beirado no que ás veces aparecen as cabezas dos cangos cos bordos rectos, igual que nos recantos onde rematan os sobrevigos ou rodalos ou rodos. Nos horros de cuberta vexetal esta parte denomínase embaixo do horro na Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro.
Os Teixedais (A Pontenova), horro con caracteres de cabozo. |
A terminoloxía relativa á cubrición cambia segundo o modelo de horro. En primeiro lugar, o horro cuberto con lousas forma un tellado denominado lousado, en Riotorto, A Pontenova, A Fonsagrada, A Ribeira de Piquín, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro e Navia de Suarna.
O tellado ó se dividir en catro vertentes, nas súas arestas aparecen unhas lousas máis anchas que teñen como función que discorra a auga do tellado cara ó chan, e constitúen os augueiros. As lousas suxeitanse ás vigas mediante os pinos. Nesta zona onde o vento azouta os tellados obsérvanse unha serie de pedras, chamadas na Pontenova penedos.
No cume do tellado adoitase poñer unha pedra redonda cun pequeno pico que é denominado curuto (Riotorto, A Pontenova e norte do concello da Fonsagrada), ou cume, cumal, cumio en Navia de Suarna, ou pirula na parroquia de Xudán (A Pontenova).
En segundo lugar, témo-lo horro de cuberta vexetal, tamén chamado en Baleira horro de teito; este recóbrese a partir de pequenas táboas finas (ripia na Fonsagrada, Navia de Suarna e Cervantes), que formarán o entramado que sosterá a cuberta de colmo (palla de centeo), tamén chamada colma ou colmado (Pedrafita do Cebreiro). A operación de cubrición denomínase colmar, e realízase comezando polo bordo coa espiga mirando ó cume, conseguindo varias capas de colmo húmido, para que se xunten e non esvaren.
Esta cubrición denomínase na Fonsagrada, A Ribeira de Piquín e Navia de Suarna cubertume. Ás veces tamén teitume na Fonsagrada e cubrición en Pereiramá (Castroverde).
Lúa (Pol), horro grande. |
O colmo é amarrado por unha serie de ringleiras entrelazadas de xesta, piorno ou uz, que constitúen o sistema de “a veo ou a veu”, termo que se recolle na Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. O conxunto de veos denomínase corchel en Pedrafita do Cebreiro. O outro sistema é “a facha”, e esta operación denomínase fachar. Realízase con feixes de palla suxeitos denominados mandas, manadas ou manizas, que se unen con vincallos. Para esta operación utilízase a pa de teitar, que adoita ser de madeira de capudre.
Ás veces a cuberta fíxose en Castroverde con codesos.
Horro grande |
O interior pode estar dividido nun espacio central ou en tres, segundo teña corredores laterais ou non. Pode existir un compartimento que se utilice como paneira ou para gardalo gran que é a tuña na Ribeira de Piquín, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz. Ás veces unha parte resérvase para a herba do gando, é a barra en Pedrafita do Cebreiro como nas pallozas. Na parroquia de Rao (Navia de Suarna) recóllese o termo punteira para un recanto pechado polos dous lados para poder recoller máis doado os grans ou as fabas que hai polo chan. A punteira é un corredor do horro, igual que os corredores das castañas e os corredores do millo.
O acceso ó horro faise cunha escaleira, de pedras máis ou menos regulares, pero será cunha pequena táboa pendurada con ganchos Lúa (Pol), horro grande. de madeira denominados zarranchas (na Pontenova, Riotorto e A Fonsagrada) como se accede á porta do horro. Esta pequena táboa é a taolla na Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Baleira e A Pontenova, ou taonlla (Xudán, A Pontenova) ou ponticela (Pedrafita do Cebreiro).
Algúns horros de Navia de Suarna teñen faio, ó que se accede a través dunha trampa ou trampela. Na parte exterior do tellado pode aparecer un bufardo.
As diversas subtipoloxías.
Non é doada de establecer unha serie de subtipoloxías, dado a coexistencia de moitas características en varios modelos. Non obstante, podémolos clasificar do seguinte xeito:
- O adoelado, caracterízase polo aproveitamento da estructura común do horro de estructura sinxela á que se engade un corredor de pequenas e finas táboas denominadas doelas. Espállase pola Pontenova e Riotorto.
Tipo adoelado |
- O sinxelo, con paredes lisas e sen doelas, e polo tanto sen corredor. É a subtipoloxía máis simple, e está presente na Pontenova, Riotorto, norte da Fonsagrada e Pol.
Tipo sinxelo |
- O de cuberta vexetal, presenta aínda moitos exemplares, pero está en franca regresión por mor da falta de cultivo de centeo para as cubertas.O sistema de cubrir pode facerse a facha ou a veo, no primeiro caso son feixes de palla atados ás vigas interiores, e no segundo a cuberta de palla suxeitase con xesta ou uz en toda a superficie con varias fitas. Este horro aparece na Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, s Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, e máis escaso ou en transo de desaparición na Ribeira de Piquín, Pol, Baleira, Baralla e Castroverde.Como pequena variación existen algúns exemplares mesturados, con cuberta vexetal e beirado de lousa
Tipo cuberta vexetal |
- O fonsagradino está relacionado co anterior, pero é estraño que aparezan os paus pra soste-lo texado.Adoita presentar unha cuberta de lousa abondo piramidal, que non é máis que o resultado da substitución dunha cuberta vexetal por outra de lousa, de aí o seu aspecto puntiagudo. Témolo nos concellos da Fonsagrada, Cervantes, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, Baleira, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais e Baralla.
Horro tipo fonsagradino |
- O ribeirao ten un aspecto moi hermético debido a disposición de táboas abondo amplas moi xuntas. Soen presentar un corredor que raramente trascende ó exterior. Algúns deles estiveron cubertos de palla. Espállase por todo o concello da Ribeira de Piquín, Meira (parroquias de Meira e Seixosmil), e Riotorto (parroquia de Galegos).
Tipo ribeirao |
- O buroego, aparece ó redor da Pobra de Burón (A Fonsagrada). Son horros que teñen unha estructura de madeira e cuberta de lousa, pero nos laterais presentan grandes laxes de lousa formando a cámara. Un feito en Arcos (Pol) segue o mesmo esquema,pero con lousas máis amplas. Unha sétima subtipoloxía serían os chamados horros grandes (A Pontenova, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pol) ou paneras (Negueira de Muñiz). Son horros que presentan unhas dimensións máis amplas cás que se toman de catro por catro ou cinco por cinco metros. A súa planta adoita ser rectangular, e a cima do tellado non é piramidal coma o horro senón cunha liña recta que provoca a existencia de dous vértices.
Tipo buroego |
- Outro tipo de horro é aquel que recollendo a planta cuadrangular do horro de tipo asturiano, ten a cámara e os laterais de cachotería idénticos ó cabozo, como nos Teixedais(A Pontenova). É unha subtipoloxía excepcional e que non se espallou a ningún outro lugar da área investigada.
Tipo horro-cabozo cuadrangular |
Os aspectos decorativos.
A gama de motivos decorativos é pequena, e cínguese a pequenas ventás que actúan como respiradeiros, rosetas, tetrasqueis, cruces, estrelas e pequenos soles.
O motivo da roseta é moi antigo, considerándose como un símbolo solar de protección. É o elemento máis reiterativo nas tallas dos horros desta área, aparece tanto no norte (A Pontenova), como no centro (A Fonsagrada, Pol, Negueira de Muñiz), e no sur (Cervantes).
A roseta pode ser tetrapétala, hexapétala ou heptapétala.
Tetrasquel en Riotorto (A Fonsagrada). |
As cruces adoitan estar pintadas na Fonsagrada como símbolos de protección. Outras veces tállanse conb tetrasqueis en Robledo e A Silvouta (Navia de Suarna). Noutras ocasións forman parte dunha composición formada por un sol en forma de margarida como en Piornedo(Cervantes). As liñas verticais labradas como respiradeiro aparecen no horro grande de Conforto (A Pontenova) e nun do lugar de Goios (A Pontenova).
Outro motivo son as estrelas como as que atopamos en Aigas e Robledo (Navia de Suarna), podendo ser con ou sen botón central. Outro elemento son as estrelas de seis puntas que temos nun horro de Aigas (Navia de Suarna).
Roseta en Bogo (A Pontenova). |
hoxe está desaparecida.
Sobre as datas, poucos son os horros que as teñan talladas: 1774 en Aigas (Navia de Suarna), 1806 en Riotorto (A Fonsagrada), 1886 en Robledo (Navia de Suarna), e 1899 en Abrente (Navia de Suarna). En conclusión, a variedade decorativa
dos horros é moi pequena e é practicamente inexistente en canto nos achegamos ás estribacións da Meseta Luguesa. Contariamos con tres núcleos: un, ó norte, no concello da Pontenova, con predominio da roseta; outro na Fonsagrada e Negueira de Muñiz con rosetas e tetrasqueis; e un terceiro, en Navia de Suarna e Cervantes cunha maior variedade e calidade: rosetas, tetrasqueis, estrelas e cruces.
Bibliografía
- BAS LÓPEZ, Begoña: “Os nomes galegos dos hórreos e dos seus elementos”, Verba 7, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1980, 183-202.
- CAL PARDO, Enrique: “El Monasterio de Dueñas de Santa Comba de Órrea”, Estudios Mindonienses 1, Centro de Estudios de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol e Caixa Galicia, Ferrol, 1985, 13-81.
- CARVALLO, Luis Alfonso de: Antigüedades y cosas memorables del Principado de Asturias (1695), Silverio Cañada Editor, Gijón, 1988, 26. COBO ARIAS, Florencio / CORES RAMBAUD, Miguel / ZARRACINA VALCARCE, Matilde: Los hórreos asturianos. Tipologías y decoración, Servicio de Publicaciones del Principado de Asturias, Oviedo, 1986.
- FLORIANO LLORENTE, Pedro: “Colección diplomática del monasterio de Villanueva de Oscos”, BIDEA 102 XXXV, I.D.E.A., Oviedo, 1981, 127-190.
- FRANKOWSKI, Eugeniusz: Hórreos y palafitos de la Península Ibérica, Comisión de Investigaciones Paleontológicas y Prehistóricas, Madrid, 1918.
- GARCÍA FERNÁNDEZ, Efrén: Hórreos, paneras y cabazos asturianos, Caja de Ahorros de Asturias, Oviedo, 1979, 68-89.
- GIMSON, Mark: As pallozas, Galaxia, Vigo, 1983.
- GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: Antropología y etnografía en las proximidades de la Sierra de Ancares Vol. II, Diputación Provincial de Lugo, Lugo, 1991.
- LLANO CABADO, Pedro de: Arquitectura popular en Galicia Vol. II, Colegio de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela, 1983, 269-311.
- MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, Ignacio: El hórreo gallego, Fundación Barrié de la Maza, Montevideo, 1975.
- OTERO [ÁLVAREZ], Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”, Verba anexo 8, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1977.
- SAAVEDRA [FERNÁNDEZ], Pegerto: Economía rural antigua en la montaña lucense, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1979.
- VARELA AENLLE, Carlos Xesús: “As construccións populares nos concellos da Pontenova, Riotorto e Taramundi”, Britonia nº 1, Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca, Eilao, 1995, 73-83.
ENGADIDO POLO ADMINISTRADOR DO BLOG PARTES DA PANERA ASTURIANA
Todo lo que tiene que ver con los hórreos es muy interesante!!! Un reportaje muy bueno!
ResponderEliminar