viernes, 7 de septiembre de 2012

A Fonsagrada espera encher as súas rúas o sábado coa XX Feira de Gando Cabalar

Argelio Fernández Queipo e José Fernández, na presentación (Foto. EP) 06/09/2012 - Nieves Neira / El Progreso (Lugo)
A Fonsagrada celebra este sábado, coincidindo coas súas festas patronais, a XX Feira de Gando Cabalar, Mular e Asnal, que espera sumar outro éxito de participación ao cultivado a semana pasada na Feira de Gando Vacún,
O Concello premiará con 2.500 euros aos vencedores nas diferentes categorías, que tamén recibirán outros agasallos. As probas de morfología de cabalos, eguas, póneis, asnos e mulas realizaranse na Praza do Museo, e as de andaina, de trote e a carreira terán como escenario o campo de fútbol. Os interesados poderán inscribir os seus exemplares nas instalacións do mercado gandeiro antes das 11 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario