miércoles, 17 de agosto de 2016

COMUNICADO MALLINRIO MARATHON A FONSAGRADA




 
 

 
 
14 h ·
Aclaración ante o suceso acontecido entre o responsable do Maratón do Norte e o Concelleiro de deportes da Fonsagrada.
NINGÚN TIPO DE VIOLENCIA TEN XUSTIFICACIÓN.

Ningún tipo de violencia e xustificable de ningún modo, polo tanto non temos máis que lamentar e condear os feitos ocurridos a tarde do día 13 de agosto na Escola Fogar da Fonsagrada, donde o Concelleiro de Deportes do Municipio foi agredido físicamente polo organizador do Maratón do Norte despois de que éste o empurrara previamente de forma reiterada. Evidentemente este feito inhabilita ao que ata agora era o responsable da evento deportivo para seguir exercendo dita responsablididade, polo cal deixa de selo de forma inmediata.
Non queremos descupar ao organizar do evento pero tamén é xusto decir que xamais foi unha persoa agresiva, que lle pediu desculpas ao agredido e que foi el quen se dirixiu primeiro ao centro de Saúde a pedir socorro.
Dito o anterior. Como todos sabemos, a violencia física non é o único tipo recoñecido de violencia, senon que ademáis existen outras modalidades como son, (e como foi o caso), da violencia verbal e da violencia institucional, que é aquela que exercen os poderes públicos cando dan un trato discriminatorio aos seus cidadáns administrados. Qué o outro motivo puido haber, ou cal foi o criterio que seguiu o NOSO CONCELLO para decidir que os convidados da asociación da vila tiñan dereito a dormir no confort das camas e das habitacións e os convidados da asociación da aldea debían dormir nunha sala con 40 colchóns no chan? E por riba, como un concelleiro do equipo de goberno nos comunicou, debíamos estarlles agradecidos.
Non sabían que as habitacións da escola fogar estaban comprometidas co visto bo do Concello para os corredores do maratón dende fai meses, como así figuraba de forma clara na web da carreira? Por qué non comunicaron en ningún momento os cambios na distribución do aloxamento? Cómo creedes que se sentiron os corredores cando comprobaron que o aloxamento reservado para eles non se correspondía co ofertado e incluido no prezo da inscripción? Pois sentíronse estafados.
MINTE o Concelleiro de cultura e deportes cando di que “o organizador se abalanzou sobre el cando lle intentou dar explicacións”. Qué entende vostede por dar explicacións, señor concelleiro? Ir a escola fogar a buscar ao organizador do Maratón que estaba intentando resolver os conflictos que vostede creou cos corredores? Ir a búscalo “braceando”, berrando, empurrando, con malos modais e decirlle “que estou hasta os güevos do voso puto maratón de merda”. Esa é a súa forma de dar explicacións?
Acaso non é violencia verbal que o concelleiro de cultura e deportes lle diga ao organizar do Maratón do Norte “que estou hasta os güevos do voso puto maratón de merda” cando éste lle pedíu explicacións polo trato discriminatorio dado ao noso evento?

Quizá non se lembre, e haxa que recordarlle o que realmente pasou, porque claro, como vostede estaba de festa na Fonsagrada mentras os demáis traballábamos para sacar adiante o maratón ao mellor ten algunhas lagunas na memoria.
Poderíamos seguir falando de desprecios e tratos de favor, de cómo no noso Concello hai cidadáns de primeira e cidadáns de segunda clase. Sabémolo ben e sufrímolo nas nosas carnes, noutro momento falaremos tamén de como as actividades que se fan nas aldeas, (porque nas aldeas tamén se fan actividades culturais) non reciben nin o mínimo aprecio dos nosos representantes.
Entendemos que, tanto pola xestión política como pola súa actitude persoal esta persoa debería estar inhabilitada para seguir exercendo o seu cargo e polo tanto pedímoslle ó señor Alcalde a destitución inmediata de Carlos López como Concelleiro da área de Cultura e Deportes. De non atendida esta petición solicitamos que aos membros da oposición que propoñan a súa destitución no vindeiro pleno municipal.
NOTA: Os cidadáns non somos vasallos nin borregos.
Firmado: Os organizadores do Mallinrio e do Maratón do Norte.

1 comentario:

  1. Jajajaja. Vaia burrada. Calquera q conozca a Carlos sabe que non foi así o tema... E eu non son precisamente socialista. Podeselle decir o concello o q se queira Pero no tema de deportes creo q non hai queixa. Ahora chega un tío q non está aquí en todo o ano, tratándonos de tontos o resto dos veciños. Creo q o concello colaborou mais q merecen. Temos cousas mais importantes q resolver e non lle vamos partindo a cara a nadie. Si solo lle viñeron 40 personas na ponte de agosto q se joda e mace contra unha parede

    ResponderEliminar