jueves, 26 de diciembre de 2013

O instituto da Fonsagrada recibe o premio da Xunta á innovación educativa

 26/12/2013 - Sergio López / El Progreso (Lugo)
 Os alumnos de Secundaria do IES Fontem Albei da Fonsagrada comezaron as vacacións de Nadal cun prematuro e inmellorable agasallo, a Xunta recoñeceu o traballo realizado durante o curso 2012-2013 conc
Alumnos do IES Fontem Albei que participaron nas experiencias didácticas. (Foto: EP)
edéndolles o premio á innovación educativa. Este galardón, valorado en 3.000 euros e que se outorga a centros financiados total ou parcialmente con fondos públicos, avalía o esforzo realizado pola comunidade educativa para fomentar a aprendizaxe mediante experiencias didácticas fóra da aula.
Entre os traballos que lles fixeron merecedores do premio, estiveron un percorrido polas rutas fluviais do municipio para coñecer a fauna e a flora próxima aos ríos ou, máis recentemente, o lanzamento dun globo de papel á atmosfera. Este segundo, que emulou a tradicional cerimonia que cada ano se celebra en Betanzos, na Coruña, foi un acto simbólico co que os mozos mostraron o seu rexeitamento á violencia de xénero, escribindo mensaxes no globo a favor da igualdade entre homes e mulleres que logo percorreron o ceo da Fonsagrada.
Un proxecto para fomentar as competencias
O recoñecemento ao IES Fontem Albei é unha mostra da liña que seguirán as políticas educativas europeas nos próximos anos. Actualmente, este instituto traballa xunto a outros oito colexios galegos nun proxecto piloto a nivel rexional co que se pretende coñecer a efectividade da aprendizaxe práctica de competencias básicas. A técnica, segundo indican desde o centro educativo, ten gran éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario