Arqueólogos achan unha nova sala na sauna castrexa de Castañoso, a máis grande atopada ► As casas sorprenderon os expertos polas súas dimensións e tiñan sistemas antihumidade
A sauna do castro de Castañoso, co espazo tépedo en primeiro plano e a sala abovedada a continuación. EP
O castro de Castañoso, na Fonsagrada, sorprende cada vez que se
move unha presa de terra. Unha nova campaña de escavación desvelou que a
bóveda asegurada o ano pasado é só unha parte da sauna que distingue
este singular enclave. O edificio tiña distintas zonas e os arqueólogos
acaban de delimitar a que denominan sala tépeda, xusto anterior á
abovedada.
Esta estrutura permitía aos usuarios pasar por diferentes niveis de calor. A maior temperatura estaba no interior, na cámara abovedada e pechada pola pedra formosa. Despois pasaban á sala descuberta en días pasados, máis tépeda, e a continuación a un espazo frío, no que se localizou unha pileta que se supón que contería auga a temperatura ambiente.
A sala tépeda ten grandes dimensións e tamén estaba abovedada. Atoparon o arranque do teito e os ocos onde estaban os piares de madeira que o sostiñan.
Os arqueólogos de Terra Arqueos, dirixidos por Luis Francisco López e Miguel Ángel López Marcos, localizaron tamén o sistema de condución da auga cara o interior da sauna: unha canalización escavada na parte superior da rocha.
A auga almacenábase dentro da construción nunha pileta na que depositaban pedras quentes para xerar vapor. "Hemos encontrado cantos rodados y eso es definitivo. Allí no nacen, son piedras de río que alguien transportó", apunta Miguel Ángel López Marcos para explicar o sistema de calefacción da sauna.
López Marcos afirma que a sauna de Castañoso é a máis grande e mellor conservada de toda Galicia e de Asturias. Ten uns 120 metros cadrados. Estas dimensións desvelan "la importancia tremenda que tenía el recinto termal, pues resta espacio para otros usos en un lugar en el que apenas hay sitio para las casas", di o arqueólogo.
Aínda así, a maior sorpresa desta campaña foron as vivendas, tanto polas súas dimensións como polos elementos construtivos.
O ano pasado encontraron unha construción de dúas alturas que lles permitiu datar a última ocupación do castro no século I despois de Cristo e determinar que os seus habitantes se dedicaban á explotación das minas de ouro que había no entorno. Nesta ocasión, traballaron nunha segunda vivenda, que tamén ten dúas alturas cuns 30 metros cadrados en cada andar. Esta casa dispón de escaleira, cornixa para evitar a humidade e sistema de drenaxe.
O castro de Castañoso, coñecido como O Castelón, está construído nun terreo elevado, nun saínte sobre o río, do que o separa un pronunciado desnivel. Non ten espazo para terras de labranza porque os seus moradores eran mineiros e estaba protexido por foxos e mesmo por un torreón, para salvagardar o ouro co que comerciaban.
Os arqueólogos non queren falar de crenzas, cínguense aos datos empíricos, pero a sauna desvela unha espiritualidade poucas veces constatable nos castros. Todo apunta a que había rituais de purificación ligados aos vapores que se xeraban na sauna, cerimonias de renacemento tras unha limpeza profunda do corpo e da alma. As pedras do Castelón falan, só hai que escoitalas con atención.

No hay comentarios:
Publicar un comentario