O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores)
RIA DA CORUÑA-O BURGO
A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre). Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.
RIA DE ARES-BETANZOS
A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á ría de Ares no cabo coñecido como Punta Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.
Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.
Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.
Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 impulsada pola Unión Europea dentro do conxunto Betanzos-Río Mandeo. Así, a ría de Betanzos conságrase como un Lugar de Importancia Comunitaria debido á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal.
RIA DE FERROL
A ría de Ferrol atópase entre as Rías Altas, na provincia da Coruña, Galicia, España. Nas súas beiras atópanse os municipios galegos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares. Nela desemboca e formaa o río Xubia.
A ria de Ferrol ofrece pola súa configuración privilexiada unhas magníficas condicións á vida mariña por constituír un perfecto abrigo dos ventos dominantes e os temporais.
A ria de Ferrol ofrece pola súa configuración privilexiada unhas magníficas condicións á vida mariña por constituír un perfecto abrigo dos ventos dominantes e os temporais.
ESTAS RIAS CONFLUEN NA ILLA DA MAROLA (OLEIROS) "quen pasou a marola, pasou a mar toda"
No hay comentarios:
Publicar un comentario