NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
viernes, 20 de abril de 2012
miércoles, 18 de abril de 2012
A Fonsagrada redescubre a obra do Cego dos Vilares
17/04/2012 - Pablo Rodríguez / El Progreso
(Lugo)
Numerosos veciños da Fonsagrada tiveron a oportunidade de
redescubrir este fin de semana o repertorio musical de Florencio, O Cego
dos Vilares, ao poder asistir aos ensaios dun espectáculo que se
enmarca no denominado Proxecto Florencio, que ten por obxectivo
recuperar o legado do popular violinista, xa desaparecido.
Entre o sábado e o domingo, 15 músicos reuníronse no salón de
actos municipal e acumularon unha decena de horas de ensaio, baixo a
batuta do recoñecido zanfonista Germán Díaz, para que todo estea a punto
para a estrea en xullo dese espectáculo, tanto na Fonsagrada como na
capital da provincia, como peche deste proxecto cultural e pedagóxico.
lunes, 16 de abril de 2012
viernes, 13 de abril de 2012
Un brindis polo son da serra
![]() |
| Os irmáns Álvaro e José Valcárcel VCeloso, os últimos brindeiros de Forgas, na Pobra do Brollón. EPL |
Cando as vodas aínda se celebraban nas casas particulares, a
festa que viña na noite pouco tiña que ver coas que se fan hoxendía,
aínda que a diversión estaba asegurada. Disto encargábanse, entre
outros, os brindeiros, que coas súas rimas improvisadas protagonizaban
toda unha loita poética-lírico-musical, como define o musicólogo Xosé
Lois Foxo, autor do libro ‘Os últimos brindeiros de Forgas’, presentado
onte na galería Sargadelos de Lugo, e que recolle cada detalle deste
«feito cultural diferencial» da montaña lucense e leonesa nas figuras
dos irmáns Álvaro e José Veloso Valcárcel.
O brindo é un canto improvisad, sen acompañamento instrumental,
sen tiranía métrica e cunha estrutura musical moi básica. Pero ante
todo, e para Foxo, trátase dun «canto inmenso, potente e filosófico»,
que na práctica tiña fins mai profanos como pedir o tabaco ou a rosca da
voda.
‘Os últimos brindeiros de Forgas’ é o resultado dun traballo de
investigación dun lustro que persegue deixar testemuña dunha tradición
perdida, amén do progreso, do abandono de pobos como Forgas ou costumes
da vida moderna como os carísimos banquetes en restaurantes.
Con todo, o de bota-la casa pola ventá nestes días de
celebración xa se remonta ao principio dos tempos, aínda que as
primeiras referencias históricas datan do século XV. Cando a noite
invadía o día, mozos e non mozos —podían xuntarse ata 200 persoas—
acudían á porta da noiva, o lugar habitual de celebración.
![]() |
| Foto de familia dunha voda na montaña lucense. EPL |
Era, como escribe Foxo, «un intre de suspense e silencio», no
que un brindador avezado, con voz potente, «rompía a paz para dar paso á
contenda».
Hai que diferenciar entre dous tipos de brindadores. Un era o
chamando brindador de dentro, unha persoa experimentada nesta arte e
contratada para defender os recén casados dun xeito lúdico.
Logo estaba o brindador de fóra, que se enfrotaba ao primeiro e
que podía ser calquera membro do auditorio, é dicir, dos invitados á
voda, e que o facía con máis ou menos xeito.
Un exemplo desta contenda é a peza ‘Brindos da Rexoá’. Nela o brindador dende dentro dicía: «Nosotros a la mesita/con las piernas bien calientes/vosotros estades fuera/triqui-traque, con los dientes». O de fóra contestaba: «Válgame Dios de los cielos/estou sentado nun taburete/a ver se fa-lo favor Vicente/de mandar pra eiquí un paquete».
Un exemplo desta contenda é a peza ‘Brindos da Rexoá’. Nela o brindador dende dentro dicía: «Nosotros a la mesita/con las piernas bien calientes/vosotros estades fuera/triqui-traque, con los dientes». O de fóra contestaba: «Válgame Dios de los cielos/estou sentado nun taburete/a ver se fa-lo favor Vicente/de mandar pra eiquí un paquete».
Ademais de divertidos, estes cantos acostumaban a ter a súa
parte pícara ou erótica. Por este motivo foron prohibidos no seu momento
pola Santa Inquisición, sempre ocupada neste tipo de actividades, e en
xeral durante sempre houbo que ter moito coidado coa Igrexa.
Outro feito que Foxo suliña é que non eran rimas cantadas
exclusivamente en galego. «Hai certa manía con que todo o galego ten que
ser no idioma, cando a realidade é que a nosa cultura tamén se
transmitiu en castelán, como nos chamandos cantares de gesta».
Os protagonistas
Testemuña daquelas vodas e esta tradición é José Veloso que aos
seus 82 anos xa ten varias gravacións e segue amosando a súa arte en
ocasións especiais como o Filandón do Courel, que este ano se celebrará o
próximo 7 de agosto.
Comparte protagonismo no libro co seu irmán Álvaro, que finou
en decembro do pasado ano.
Patrimonio da Humanidade
A eles, como a moitos veciños da montaña lucense, debe Xosé
Lois Foxo o seu traballo, unha obra que xa foi presentada o
mes pasado na Pobra do Brollón, e que será enviada á Unesco, entre
outras institucións, coa fin de que o brindo sexa declarado Patrimonio
da Humanidade.
De momento, para José Veloso xa é todo un orgullo aparecer nun
libro, ou as homenaxes que xa lle teñen feito, como a do Concello da
Pobra do Brollón. «Estou moi contento», comentaba onte por teléfono.
«Por aquí todos me felicitan e o homenaxe que me fixeron estivo moi ben,
co alcalde e todo...».
‘Os últimos brindeiros de Forgas’ reúne máis de oitenta
composicións coas súas transcripcións musicais, así como varias imaxes
aportadas polos veciños que dan conta de diversas celebracións, non só
das vodas. O libro acompáñase dun CD e un DVD nos que o escoitar e
desfrutar da arte dos brindeiros.
Veloso non ten máis que palabras de agradecemento para Xosé
Lois Foxo, para «José Luis», como lle chama, «que foi o que moveu todo
isto».
Máis aló de investigacións musicais, antropolóxicas ou
culturais, José entende o feito de ser brindeiro como algo absolutamente
natural, unha cousa que se estilaba nos seus tempos, aínda que «co dos
restaurantes acabouse». Non obstante, matiza que «á xente nova aínda lle
gustan os brindos». «Son cancións de antes, moi ben compostas, moi
antigas... pero agora parece que volve levarse o antiguo», comenta
rindo.
Xeografía
O Courel é o corazón xeográfico dos brindos, aínda que foron
significativos dende o pobo leonés de Oencia, ata outros lugares
lucenses como O Cebreiro, Lóuzara, O Incio ou boa parte do concello da
Pobra do Brollón.
Cada comarca tiña o seu brindador estrela. Por exemplo, na
Rexoá, como apunta Foxo, era famoso Sixto Fernández Parada ou en Loúzara
tiña moita sona Bautista Campo Celeiro de Bustofrío.
Un dos máis populares da montaña lucense, aínda vivo, é Antonio
Río Montero, ‘O Ribeira de Louzarela’ (Pedrafita), e que xunto a José
Veloso estará no próximo Filandón do Courel.
| «Un espectáculo desta índole marca» |
|
A xeito de prólogo, Xosé Lois Foxo lembra que na
súa infancia asistiu a un «incomparable fragor de brindeiros». Según el,
a vida dun neno labrego tiña poucos intres especiais. «As datas máis
esperadas eran a festa, a matanza dos cochos, a pisa das castañas e
pouco máis. O presenciar un espectáculo desta índole
marca», asegura. Outros cantares As diferentes celebracións e os temas músicas propios de cada unha delas, como os cantares de seitura, os de aninovo e reis, as rondas ou os parrafeos —coas súas respectivas partituras musicais e textos— complementan os brindos recollidos na obra de Foxo. Filandón O Filandón do Courel é un festival de música que toma o seu nome daquelas reunións que antigamente facían as fiandeiras e que eran un auténtico reflexo da vida cultural de cada poboación. O encontro recupera esa esencia e reúne cada ano, nas inmediacións da ferrería de Seoane do Courel, a músicos, poetas e cantores chegados desde todos os puntos da serra. Pero o Filandón é só a punta do iceberg, o escaparate dunha cultura propia e unha interpretación da música e do canto que só latexa nas montañas courelesas. Hai anos o músico Xosé Lois Foxo armouse dunha gravadora e púxose a percorrer todas as esquinas da montaña lucense para recuperar eses cantares típicos, que estaban a piques de desaparecer, e recompilar a música dos últimos artistas da montaña. O legado que gardan as gravacións de Foxo é incalculable e aos poucos sae á luz a través da publicación de libros, discos e material diverso. Nesas expedicións Foxo tamén descubriu a moitos veciños anónimos que foron e son cultura vive cuxas voces resoan na serra. O autor Xosé Lois Foxo naceu no 1950 en Fologoso do Courel. Estudiou Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Lugo. No Seminario formou parte da Schola Cantorum como gaiteiro e clarinete solista. En 1975, rematados os seus estudios en Lugo, trasládase a Barcelona, onde se licencia en Filoloxía Angloxermánica, así como en Tradución en Interpretación. 15.000 gaiteiros Posteriormente múdase a Ourense, onde funda a Escola Provincial de Gaitas da Diputación de Ourense, cuns 15.000 alumnos, e a Real Banda. Ademais das moitas publicacións, Foxo pode presumir de destacadas condecoracións. Entre elas destacan a medalla de ouro do Vaticano, a de prata do Goberno galego ou a chave de ouro da cidade de Newark, no estado de New York (EE.UU.). |
jueves, 12 de abril de 2012
A percepción do tempo na cultura espiritual galega
PUBLICADO EN GALICIA ESPALLADA
Os tempos son cualitativamente diferentes para os galegos, polos seus
traballos,
polos seus alimentos, polas corentenas rituais e polas corentenas
ecolóxicas. O
galego ten unha vivencia especial do tempo, do tempo campesiño marcado
polo
ciclo anual da serpe, un ciclo anual que posibilita a continuidade da
natureza,
que une o tempo e a eternidade e conforma un "continuo feito de
descontinuo",
marcado, polo tempo "cualitativo" : o tempo das patacas, o do millo ou
o da
matanza do porco.
DIVISIÓN DO CICLO ANUAL
1) O TEMPO E A MEDIACIÓN DA SERPE
2) O TEMPO DOBRE
TEMPOS FORTE
TEMPOS FORTES DO PRIMEIRO PERÍODO
TEMPOS FORTES DO SEGUNDO PERÍODO
3)
AS CORENTENAS
O TEMPO CUALITATIVO
División do ciclo anual
O ciclo anual está dividido en dúas metades: a que vai de outubro a
finais de
abril e a que se estende de maio a setembro.
A
primeira metade está dominada polas referencias ó mundo non visible: ó
porco,
animal oculto na casa e coidado polas mulleres, encerradas na casa. Os
froitos
están ocultos, medran baixo terra. Son fitos nesta metade: o magosto ou
festa
das castañas (1/11 de novembro), o
San Antón Abade (17 de xaneiro) e o Entroido. A serpe tamén
hiberna, está oculta neste período.
A segunda etapa do ciclo fai referencia ó mundo visible, é tempo de colleitas; homes e mulleres van ó campo. Tempos fortes desta metade son: o San Pedro Mártir (29 de abril), San Xoán (24 de xuño) e San Miguel (29 de setembro). A serpe sae á superficie e pode ser perigosa.
O tempo está marcado por traballos significativos relacionados coas colleitas e por festividades do calendario relixioso. Unhas e outras teñen antecedentes antiquísimos. Os traballos do campo e os cambios estacionais seguen marcando no mundo rural os tempos cualitativos. E os antigos cultos pagáns foron orientados polo cristianismo cara a outros deuses/santos en vez de seren combatidos directamente; así evitaban os rectores cristiáns enfrontarse ó ancestral sentimento relixioso fortemente arraigado nas xentes.
O final das colleitas asóciase co outono e coa festa de San Miguel e o solsticio de inverno co ciclo de Nadal. A explosión da primavera relaciónase coa resurrección de Cristo, precedida da Semana Santa e da Coresma; a festividade de San Xoán coincide co comezo do verán.
1) O tempo e a mediación da serpe
A serpe vive dúas fases ben diferentes no seu ciclo anual. Está escondida de outubro a abril, preto dos pozos e das fontes salvaxes; está inmóbil, come terra e non é perigosa. A partir de maio déixase ver, aliméntase de animais e non
As serpes que voaban ó Xordán non estaban suxeitas ó tempo, como non o
estaban
as mulleres enfeitizadas, que tomaban ás veces a figura de serpe. A
serpe é a
intermediaria entre este mundo e o outro, entre o mundo oculto e o
visible. Ás
veces as almas transfórmanse en serpes para peregrinar a algún
santuario.
A serpe garda os límites entre o mundo enfeitizado e o non enfeitizado. Vincula ó mundo antigo ou pagán co moderno ou cristián, o mundo animal co humano. Podía toma-la forma de persoa ou de animal, de lobo ou de loba. Representa o tempo e a eternidade; neste mundo está suxeita ó tempo, pero é eterna no outro se non morre violentamente.
A serpe pasa do espacio húmido —primeira metade do ciclo— ó seco —segunda metade—, do espacio salvaxe ou non habitado ó espacio habitado. Vive nas minas e na superficie, no alto da montaña e no val. Por estas razóns , a serpe é a manifestación do dobre aspecto da natureza, é a continuidade da mesma natureza.
A serpe garda os límites entre o mundo enfeitizado e o non enfeitizado. Vincula ó mundo antigo ou pagán co moderno ou cristián, o mundo animal co humano. Podía toma-la forma de persoa ou de animal, de lobo ou de loba. Representa o tempo e a eternidade; neste mundo está suxeita ó tempo, pero é eterna no outro se non morre violentamente.
A serpe pasa do espacio húmido —primeira metade do ciclo— ó seco —segunda metade—, do espacio salvaxe ou non habitado ó espacio habitado. Vive nas minas e na superficie, no alto da montaña e no val. Por estas razóns , a serpe é a manifestación do dobre aspecto da natureza, é a continuidade da mesma natureza.
O tempo dobre
Seguindo o ciclo da serpe, o ano tamén está dividido para as persoas en dous períodos: o primeiro, marcado polo porco e a sementeira, vai de setembro a finais de abril; o segundo abrangue desde principios de maio a finais de setembro e está marcado polo centeo e as segas.
O porco : O porco vive oculto sen saír ó exterior e a muller encárgase de coidalo. É fundamental na alimentación. O porco come tres veces ó día, como as persoas.
Próxima a matanza, dáselle máis comida para que engorde, pois matar
un porco ben cebado honra a casa. A matanza comezaba polo San Martiño
(11 de
novembro) e terminaba en San Antón (17 de xaneiro) ou no Entroido ,
variable no
calendario.
Mátase no curral, cun coitelo que lle crava o matachín. Unha muller
remexe o
sangue para as morcillas.
Chamúscano os homes con palla de centeo ou con fentos secos.
Cando se abre o porco e se extraen as tripas, comeza o traballo das
mulleres. O
cerimonial destes traballos foi cambiando, por efecto da
transformación social e
económica.
A sementeira : En outubro seméntase o centeo, dentro do primeiro ciclo anual. As patacas plántanse en marzo e o millo a finais de abril ou en maio. As patacas, as cebolas, os allos e todo o que crece baixo terra hai que plantalo en cuarto minguante para que dea moito froito e pouca rama. O que crece sobre a terra seméntase con lúa nova para que dea moito gran e pouca palla.
A sementeira : En outubro seméntase o centeo, dentro do primeiro ciclo anual. As patacas plántanse en marzo e o millo a finais de abril ou en maio. As patacas, as cebolas, os allos e todo o que crece baixo terra hai que plantalo en cuarto minguante para que dea moito froito e pouca rama. O que crece sobre a terra seméntase con lúa nova para que dea moito gran e pouca palla.
Tempos fortes
Tres festas importantes representan tempos fortes do primeiro ciclo anual:
San Martiño: Mozos e mozas reuníanse o 11 de novembro para face-lo magosto nun monte próximo, lugar non habitado. Os homes levaban o viño e as mulleres as castañas. Asadas as castañas, chamaban ós rapaces. Comían, bebían e volvían á aldea coa cara tisnada con carbóns da fogueira. A mocidade estaba obrigada a participar, baixo pena de quedar marxinada da comunidade. Nalgunhas zonas os magostos comezan o 1 de novembro, festa de Tódolos Santos.
San Antón: San Antón Abade, protector dos animais e especialmente do porco, celébrase o 17 de xaneiro. En moitas parroquias a confraría de ánimas acostumaba comprar un porco pequeno no mes de setembro e alimentábao cada día un veciño. O día da festa poxábase e os cartos empregábanse en misas polas ánimas dos defuntos da aldea.
Esta festa perdeuse na maioría das parroquias.
Entroido: É unha celebración de moita tradición. O domingo de septuaxésima ou domingo fareleiro a xente bota fariña ou farelo ós que encontra polos camiños. En sitios tamén se lanza auga cunha especie de xiringa e outros procuran
O xoves seguinte é o de compadres , porque estes se convidan a comer. O
domingo
de sesaxésima ou corredoiro celébrase a carreira do galo, desenvolvida
en
Galicia con fórmulas diferentes. O xoves que segue ou de comadres ,
estas
convídanse a comer.
O día forte é o domingo de quincuaxésima ou de Entroido , que abre paso á semana grande. Os disfraces adaptan formas moi vistosas e características de determinadas localidades ou comarcas.
O día forte é o domingo de quincuaxésima ou de Entroido , que abre paso á semana grande. Os disfraces adaptan formas moi vistosas e características de determinadas localidades ou comarcas.
Os disfraces, individualmente ou en comparsa, saen tamén o luns e o
martes de
Entroido . Faceta importantísima da celebración son as comidas
típicas, a base
de carne de porco, e as sobremesas. Entre as comidas destaca o cocido e
o lacón
con grelos; os reis das sobremesas son as filloas, as orellas, as
follas de
limón e as flores.
O mércores seguinte séguese celebrando co enterro simbólico dalgún
animal:
sardiña, loro, cabra, galo…, para despedi-la etapa de festa e facer
crítica
festiva. Aínda que no calendario litúrxico católico o mércores é xa o
primeiro
día de coresma, en moitos sitios séguense prolongando as celebracións
festivas
ata o domingo seguinte ou de piñata.
Significado dos tempos fortes do primeiro período
A conexión entre o aspecto oculto do mundo e o aspecto visible, e a relación entre os diferentes grupos humanos, diferenciados por idade e sexo, explican o significado dos tempos fortes do primeiro período.
O Entroido viría ser como “un proceso de regulación social”. O disfrazado procede da outra metade oculta, “parece do outro mundo”. Este intercambio ou circulación prodúcese tamén nos demais tempos fortes do período. No magosto xúntanse mozos e mozas e van ó espacio deshabitado, oculto, e comen castañas, que son alimento de mortos.Por San Antón a comunicación co outro mundo realízase a través da misa de ánimas , cos cartos da venda do porco de ánimas . Tamén se comía porco, que é un animal procedente do mundo oculto. No Entroido o porco é a base da alimentación e cómense filloas como na matanza do porco.
A circulación tamén se produce entre os distintos grupos deste mundo. Hai intercambio entre homes e mulleres no magosto, intensifícanse as relacións no Entroido : as mulleres poden disfrazarse de homes e estes de mulleres. Os compadres e comadres convídanse a comer. As comparsas favorecen o intercambio entre localidades. No Entroido hai tamén proceso de inversión social, de compensación e de transgresión, hai inversión social cando un home se disfraza de muller ou viceversa; hai compensación porque a mocidade impón o seu ritmo de vida ó colectivo; e prodúcese transgresión cando se vai a outro lugar e se entra na casa do veciño sen permiso. É, pois, unha festa de “licencia e transgresión da orde social”. O día de San Antón convidábase a comer ós familiares e amigos, o que facilitaba tamén a relación.
As colleitas
O segundo período, de maio a setembro, é o tempo das colleitas. Homes e mulleres traballan xuntos no campo. Tempos fortes son San Pedro Mártir e San Xoán. A primeira colleita é a de herba para secar e mante-lo gando nos días crus de inverno. O liño arrincábase pola tarde e era labor de mulleres. Seguen as patacas, recollidas en setembro.
O día da malla comíase año, alimento representativo deste segundo período. A operación de limpeza do gran realizábase tamén colectivamente entre os veciños máis próximos e interviñan homes, mulleres, nenos e nenas. O gran limpo métese en sacos e lévase a grandes huchas, onde se introducen follas de figueira, quizais para pedi-la protección dos antepasados.
Tempos fortes do segundo período
Teñen especial significado neste período o Primeiro de Maio e o San Xoán.
O Primeiro de Maio empezaba a celebrarse na noite do 29 de abril, á que chamaban véspera do mes de maio; ó día seguinte celebrábase o San Pedro Mártir, ou festa dos endemoñados. Prendíase unha fogueira na aldea e cada familia percorría o perímetro de cada unha das súas leiras cun fachico de palla acesa. Todos xuntos visitaban despois as terras cultivadas e botaban cinzas sobre os cultivos, quizais para protexer dos vermes o trigo da colleita.
O día de Corpus é moi celebrado en Galicia e nel están representados os gremios, as virtudes, os anxos e a serpe. O percorrido da procesión cóbrese con flores, ramas, follas e espadanas. En certas cidades ou vilas son de gran tradición as alfombras florais no percorrido da procesión, tal é o caso de Ponteareas, na provincia de Pontevedra.
Do 1 de maio ata o San Miguel, 29 de setembro, hai contacto entre os dos mundos, os habitantes do outro amósanse sen máscara. O mundo oculto sae á superficie: o demo e os espíritos, por San Pedro Mártir e Primeiro de Maio; gremios, anxos, virtudes e a serpe, en Corpus; o mundo oculto resucita pola Santa Cruz.
A festa de San Xoán está moi arraigada en Galicia, saíase a mañá do 24 para toma-lo orballo, bo para a saúde e para asegura-la boa sorte. A noite do 23 ó 24 deixábanse flores e plantas aromáticas nun recipiente con auga para lava-la cara pola mañá. Tampouco falta a fogueira na véspera da festa (cacharela) , para saltar sobre ela e conseguir saúde e sorte. A circulación de espíritos tamén se activa nesta noite máxica, propicia para desencanta-las mulleres enfeitizadas, que saen do seu espacio oculto a peitearse con peite de ouro. É festa de casamento e de intercambio mulleres/homes. Estes tempos fortes, pois, vinculan este mundo co outro, xa que non se opoñen entre si, senón que son independentes e con existencia propia.
3) As corentenas
O tempo percíbese en Galicia a través de corentenas, polo menos no primeiro período. Aprécianse diferencias entre as corentenas rituais e as ecolóxicas.
Corentenas rituais
Comezan despois dun acontecemento importante para o individuo ou para o grupo da aldea.
A muller parida. Durante os corenta días despois do parto, a muller levaba unha vida recluída na casa, non podía saír, nin traballar nin asistir á igrexa. Non podía comer carne de porco, senón de galiña, que adoitaban regalar veciños e familiares.
O loito. A familia que perdera un membro gardaba loito rigoroso durante corenta días nos que se facía difícil a comunicación, pois non se cursaban nin aceptaban invitacións, os mozos e as mozas da casa non podían visitar nin recibir visita dos seus noivos ou noivas.
Voda. Os tres domingos anteriores á voda o cura le as amoestacións e neste tempo os noivos non poden ir á misa do domingo á parroquia onde se anuncia a voda. Posiblemente sexa tal práctica vestixio dunha corentena que seguía antigamente a un contrato, pois desde a primeira amoestación se consideraban como casados.
Coresma. A coresma vén dada polo calendario católico e era unha verdadeira corentena: non se comía carne, suprimíase a música e o ruído e evitábanse as relacións sexuais matrimoniais.
As corentenas rituais participaban de trazos comúns, pois en todas elas se reducen ou prohiben as relacións interpersoais, exclúese a carne de porco, péchase sobre si mesma a casa en corentena, non se poden organizar nin aceptar invitacións, a parida permanece na casa e os amoestados non van á misa do domingo.
Estas prácticas veñen significa-la desaparición da circulación entre os grupos do mundo visible, terreal, e tamén o corte da comunicación cos seres do máis alá, do mundo descoñecido.
Corentenas ecolóxicas
O primeiro período do ciclo anual está dividido en corentenas.
San Miguel-Tódolos Santos: Este tempo, que vai do 29 de setembro ó 1 de novembro, está marcado pola sementeira do centeo, polo uso de viño novo e polo consumo de noces e de castañas.
Santos-Nadal: Corentena subliñada polos defuntos (2 de novembro) e pola recollida de castañas.
Nadal-Candeloria ou San Brais: Este período, que chega ó 2 ou 3 de febreiro, está animado pola matanza do porco e polo ciclo de Nadal, pois a noite do ano vello os mozos facían canalladas ós veciños e a véspera de Reis (5 de xaneiro) visitaban lugares próximos; rompían, pois, os límites espaciais e intensificaban a circulación entre grupos.
Candeloria-San Xosé: De febreiro ó 19 de marzo destacan a celebración do Entroido e o consumo de carne porcina.
4) O tempo cualitativo
Celebración total
O ciclo anual percíbese no seu conxunto, como un todo global. Para Mandianes o futuro é algo natural, porque “a celebración total dálle ó grupo un medio de converter ó presente tódalas dimensións do tempo”. En consecuencia, as celebracións e festas dun período están relacionadas coas do outro, o que permite interpreta-lo ciclo anual como unha forma de totalidade organizada.
Mónica B. Suárez Groba
Fontes bibliográficas :
"Loureses. Antropoloxía dunha parroquia galega" , M. Mandianes
Castro;
"Galicia 2001: etnografía espiritual",
Xunta de Galicia.
miércoles, 11 de abril de 2012
Galicia, un gran 'desierto verde'
VIVIENDA
|
Abandono del rural y envejecimiento poblacional
Galicia, un gran 'desierto verde'
- La comunidad autónoma cuenta con más de 200.000 viviendas vacías
- Casi el 30% de los hogares se encuentran deshabitados en la provincia de Lugo
- El turismo rural y el cooperativismo tratan de combatir el abandono
Denís Fernández | Santiago
Actualizado sábado 31/03/2012
12:52 horas
Galicia es la comunidad autónoma líder en número de viviendas
vacías. La acelerada depresión demográfica y los devastadores
efectos de la crisis agroganadera, son algunos de los principales
factores capaces de explicar la existencia de más de 200.000
hogares deshabitados dentro de sus fronteras. El abandono,
fundamentalmente viviendas familiares de labranza, unido a las
frustradas promociones inmobiliarias llevadas a cabo en diferentes
núcleos poblacionales a finales de la pasada década, han terminado por
convertir buena parte del territorio gallego en un vasto "museo de
sombras".
Galicia cuenta en la actualidad con más de 1.300 núcleos
despoblados. Aproximadamente el 50% del total nacional. El
ayuntamiento de Ortigueira, en A Coruña, con un
montante global de 95 núcleos carentes de población alguna es, en este
apartado, quien se lleva la palma.
En una línea muy similar, As Somozas y Carballo, en la provincia de A
Coruña; Sober, A Fonsagrada, Os Ancares y Samos, en Lugo; O Barco de
Valdeorras, O Carballiño y Xinzo de Limia, en Ourense; o Agolada y
Lalín, en Pontevedra, son algunos de los ayuntamientos que cuentan en su
territorio con un mayor número de "aldeas fantasma".
Tomando en cuenta su densidad poblacional, la provincia de Lugo
se confirma a la cabeza del ranking nacional de viviendas
deshabitadas, con un total de 35.173 o, lo que es lo mismo, un 28,51%
del total de sus inmuebles. Ourense, con un 27,40%; A Coruña, con un
25,40% y Pontevedra, con un 23,49%, completan la lista. Así lo pone de
manifiesto el último informe publicado por el INE, en el capítulo
referente al número de inmuebles vacíos destinados a vivienda.
La rehabilitación del medio y el turismo rural
Pese a que el panorama en el que se hallan sumidos los municipios
pertenecientes al medio rural gallego es, a día de hoy, desolador, y que
las perspectivas de empleo en dicho entorno son si cabe menos
halagüeñas, diferentes
iniciativas públicas y privadas apuestan por su recuperación.
José María Galán, emprendedor riojano de 71 años y cofundador de
'Couso Galán', la única aldea rural rehabilitada íntegramente en
Galicia como resultado de "una arriesgada apuesta personal", sabe
mucho de eso.
"Un amigo mío que conocía la zona me habló de que había una aldea
abandonada cerca de Ourense, que en los últimos 15 o 20 años contaba tan
solo con un vecino. Compramos todas las casas y las fincas
colindantes, y después de mucho trabajo, inauguramos 'Couso
Galán' en el verano del 2008", recuerda.
La nueva aldea, perteneciente al término municipal de Sarreaus,
situada a orillas del río Limia, es hoy un claro referente del turismo
rural en la provincia y un importante foco de atracción de turistas. "En
un primer momento no podía esperar que el proyecto fuese a llegar a
tanto. Hemos rehabilitado un total de 18 casas. Tenemos 20
habitaciones disponibles, cafetería, restaurante y un salón de eventos
para el que contamos ya con 30 reservas de boda este año", apunta José
María Galán, antes de recordar que la suya ha llegado a ser, en años
anteriores, "la aldea más visitada de Europa".
Sin embargo, y pese a que el ecoturismo supone ya una importante
fuente de ingresos para la Comunidad y representa una firme
apuesta por estimular el desarrollo del medio rural en Galicia,
el fundador de la aldea ourensana no titubea al denunciar la pasividad
de las instituciones a la hora de promover y difundir iniciativas como
la suya. "Vivo aquí con mi mujer y mi hija y me siento orgulloso de lo
que hemos conseguido, pero es una pena que después de invertir entre 6 y
8 millones en este proyecto, no hayamos recibido apoyo moral ni
económico por parte de ninguna institución en todo este tiempo",
concluye.
Por fortuna, la de 'Couso Galán' no es la primera ni será tampoco la
última aldea llamada a mitigar los estragos provocados por el
despoblamiento del área rural en Galicia. 'El Grupo de Acción local Río
Lor', germen del actual 'Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira
Sacra', logró "resucitar" un total de cinco aldeas,
consideradas desde entonces Bienes de Interés Cultural, en esta región
lucense en el periodo comprendido entre los años 2002 y 2006. Eran, sin
embargo, otros tiempos, tiempos en los que los 'GDRs', entes regionales
nacidos para gestionar los fondos 'LEADER' provenientes de la Unión
Europea, "tenían la capacidad de fomentar y promover proyectos de
desarrollo rural por iniciativa propia".
"A partir del 2008 se produjo un cambio en la planificación
de las ayudas, limitando la concesión de los fondos 'LEADER' a
terceras personas y entidades interesadas en desarrollar un proyecto",
confiesan desde el seno del 'GDR Ribeira Sacra'.
La vieja receta del cooperativismo
El desarrollo del sector forestal, la optimización de los beneficios
derivados de las energías renovables, la superación de la estructura
propietaria minifundista -incapaz de asimilar la actividad empresarial-,
la potenciación de la producción ecológica, o la captación de turismo
extranjero, se perfilan ya como algunos de los remedios capaces de
combatir la hemorragia del éxodo rural en Galicia.
Junto a todas ellas, sin embargo, la que ha conseguido consolidarse
en los últimos años como la mejor alternativa para acometer el
desarrollo del área rural, es la vieja receta del cooperativismo.
Una receta tan antigua que se remonta a los orígenes mismos de la vida
en sociedad, del trabajo compartido y la simple y llana colaboración
entre los integrantes de una misma comunidad.
Algo que, como explica Xan Martínez, gerente de la Cooperativa
de consumo responsable 'A Xoaniña', con sede en Ferrol, "se
fue perdiendo en Galicia a un ritmo atroz, catalizado por un sistema
capitalista que promueve únicamente el individualismo".
El cooperativismo, llamado a fortalecer el desarrollo social y
económico del área rural, se antoja hoy como una de las pocas
herramientas capaces de revertir la actual situación de subordinación
económica en la que se encuentra sumida la industria agroganadera en
Galicia.
No en vano, el 2012 ha sido designado por la ONU como el 'Año
Internacional de las Cooperativas'. Un año crucial para las
expectativas del entorno rural gallego, ese inmenso "desierto verde".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





