miércoles, 9 de julio de 2014

CONCURSO DE TAPAS A FONSAGRADA


EQUIPO DE FUTBOL DE CABANAS-SAN ANDRES DE LOGARES A FONSAGRADA DECADA 85-95

FOTO PARA O RECORDO; LISO, CAXELO, SUSO, LIMELO, JOSE, RAPOSO, FELIPE, ALFREDO, GONZALO, ARIAS, MURIAS (PELE), CARLOS, ERNESTO.

jueves, 3 de julio de 2014

O remate da residencia da Fonsagrada e o mantemento dos partidos xudiciais, prioritarios para os veciños da Montaña

A Deputación de Lugo recolleu este luns as opinións e propostas dos veciños do partido xudicial da Fonsagrada no marco da elaboración dos orzamentos #participativos2015. Un cento de persoas participou no encontro no que houbo máis de 30 intervencións con dous temas estrela: o remate das obras da residencia da terceira idade que a Deputación constrúe na Fonsagrada e o mantemento dos partidos xudiciais da provincia para non recortar máis servizos ó rural.
O presidente, José Ramón Gómez Besteiro, xunto aos deputados de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, conduciron á asemblea, á que acudiron persoas chegadas de todos os concellos do partido xudicial -A Fonsagrada, Baleira, Navia, Negueira e Ribeira de Piquín, entre eles emigrantes que viven noutras zonas do país, como Barcelona.
“Imos responder a todos os veciños, imos dar a cara”, subliñou Besteiro, quen comezou por poñer en contexto a asemblea expoñendo en que consisten os presupostos participativos, os obxectivos que perseguen e cal é o procedemento da Deputación para elaboralos.
Unha vez coñecido este contexto xeral, os participantes interviñeron para expresar as súas preocupacións, e os problemas e necesidades que ven na zona. O remate das obras da residencia da terceira idade que a Deputación constrúe na Fonsagrada foi un dos temas de maior importancia para os asistentes, que mostraron moito interese pola súa posta en marcha, ao igual que polo mantemento do actual mapa de partidos xudiciais da provincia, cuxa redución levaría consigo o afastamento da xustiza e un novo recorte de servizos no medio rural.






 
Neste senso, moitas das intervencións xiraron en torno á nova Lei de Montes e ás políticas existentes para frear o despoboamento no rural. Preocupáronse tamén pola transferencia á Xunta da estrada provincial que une A Fonsagrada a Navia para desbloquear as obras de mellora; polo proxecto dunha planta de biomasa; a dotación dunha piscina climatizada á comarca da Montaña e dun campo de fútbol ao concello de cabeceira, A Fonsagrada; así como pola construción do polígono industrial no municipio fonsagradino. Con respecto a este último asunto, o presidente explicou que a Deputación ten reservada unha partida de 2 millóns de euros, pero é necesaria a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha vez que recibiu o visto e prace inicial no Concello por unanimidade.
Formularon así mesmo a necesidade de dotar de saneamento ao núcleo de Baleira, ademais de continuar coa concentración parcelaria. Neste punto, o presidente animou os asistentes a aproveitar as iniciativas que a Deputación ten en marcha no eido rural no marco das súas competencias, singularmente as axudas que este ano, por primeira vez, concede a Deputación para aumentar a base territorial das explotacións. Lembrou tamén o impulso de dúas naves no polígono de Baleira, onde a Deputación xa ten vendidas todas as parcelas e mellorou o servizo eléctrico.
Concluída a fase de intervencións, chegou o momento de cubrir as fichas de participación cidadá, nas que os veciños elixiron cales son, ao seu entender, as prioridades polas que debe apostar o orzamento da Deputación no seu partido xudicial.
O calendario de xuntanzas participativas continúa o 1 de xullo en Viveiro, onde a cita será ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Concello.

El pleno de A Fonsagrada respalda por unanimidad un PXOM consensuado

 
 
28/06/2014 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)
El Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de A Fonsagrada acaba de pasar su primera prueba, al recibir la aprobación inicial del pleno con apoyo unánime de toda la corporación.
 
 
 
 
Los trabajos de redacción de este documento se prolongaron dos años, durante los cuales una comisión integrada

FOTOS DO CONCELLO DA FONSAGRADA ANTIGAS





CEDIDAS POR ISAURA FERNANDEZ A QUEN LLE DAMOS AS GRAZAS

jueves, 26 de junio de 2014

Mulleres de ferro e lume

 
 
16/06/2014 - Pilar Cheda / El Progreso (A Fonsagrada)
Justa Señor ten 88 anos e Ana Álvarez ten dez. Oito décadas de diferenza e a mesma determinación cando agarran un ferro quente e un martelo. Son ferreiras da Fonsagrada, forxadas aló no alto, cun tempero singular marcado con lume e frío.
 
 



 
 
 
Justa aprendeu a traballar co seu pai cando vivía en Carballido. Era unha mociña e axudáballe a estirar o ferro co que facía ferramentas para traballar no campo. Un martelo de tres quilos non era suficiente para frear a aquela rapaza, a única muller de cinco irmáns e a máis disposta para bater no ferro. «Levantábame así que se vía o día», lembra, porque antes de ir traballar co pai facía as cousas da casa.

Sogama premia proyectos de reciclaje de escolares sarrianos y fonsagradinos

 
 
18/06/2014 - P.R. / L.P. / El Progreso (Lugo)
 
Alumnos de primaria del Ceip Nuestra Señora de la Asunción de Sarria y del colegio Santa María de A Fonsagrada consiguieron el segundo y tercer premio de un concurso sobre reciclaje promovido por Sogama, en el que participaron 17 centros gallegos.
El proyecto en el colegio sarriano lo coordinaron las profesoras Teresa Quintana, Rosa María López y María Dolores Pradeda. Permitió a los escolares contar con una isla de reciclaje, hacer compost y realizar decorados para el centro con materiales usados y darles así una segunda vida.