miércoles, 15 de julio de 2015

O Camiño Primitivo: Crónica dun soño


La Voz de Galicia

14 de julio de 2015. Actualizado a las 11:17 h.


Hai dúas muxicas de luz presas naquel lugar. Ambas comparten a mesma ansia por alpeirar. O vello Valeriano a coller unha estaca do chan, diante da policía ás portas da casa consistorial. Selelo e os homes da Fonsagrada a erguer a Pedra Labrada no alto do Muradal, sobre o camiño que pasa polas mámoas do Hospital. Era o albor do 92 e entraba un sol de xustiza polos riscos da montaña xunto ás Pedras Apañadas.
Tiñan un certo remorso das lonxanas serventías: buroneses obrigados a «ir a las guerras y llamamientos» pola súa rebeldía, logo da revolta irmandiña. E á fin volvían as tornas pola mesma travesía, tratándolles de ocultar o seu papel decisivo nesta vida peregrina. Baixaron ao chao da Puebla e arrexuntaron as pedras do seu Milladoiro antigo, e meteron en cada pedra un cometido.
A ti, museo da vila, termar da nosa memoria da mao de Xoanxo Molina. E ás xentes daquela «Movida», crear conciencia de pobo para que á fin cicatrice esa histórica ferida. A Sinesio, carpinteiro, tallar as primeiras cunchas que orienten polas alturas as almas que andan perdidas. E para Ánxeles Rei, artellar con ilusión tan vasta organización. E a ti Domingos Fuciños, atar cabos na outra punta sobre a Terra de Melide.
A Pardo de Vera en Lugo, pulir co seu pulcro estilo os maiores desatinos. A Laureano de Tineo, xuntarse nun único abrazo cos que están alén do Acevo. E a ese dron de Manuel (o que Forges proclamou «foteiro fonsagradino») navegar a Vía Láctea pola vía primitiva.
Celebrádeo
E a ti miña Pepa Sanz, a profesora querida; e a vós os de Castro Verde, que anunciastes a boa nova co estrondo das vosas bombas; e a don Nicandro Ares, seguranza nesta loita; e aos de A Toca, alá por Toques, na pena que está ferrada. E ao Jaime que na Retorta foi carteiro da calzada que en Baleira vixiaba Luz-María. E a José Alonso, xornalista, que apoiou coa súa prosa esta nobre iniciativa. E a trompa que Emilio Pando deixou soar no Cerredo, para orgullo dunha tribo que adoraba o Camiño.
E en vendo a súa obra, dixéronlle O Primitivo. Por onde miña bisavoa andou con tres ferrados ao lombo para manter sete fillos. A pegada das súas zocas xa é patrimonio do mundo. Celebrádeo con cariño. Porque é a vosa empresa, tamén o voso destino. Que por voar moi alto, non deixes arrefriar o niño!

En galego, porque é de xustiza


Progreso de Lugo


Falar galego é un dereito e prestar servizo nesta lingua é obriga para calquera administración pública en Galicia. Aínda que a teoría e a práctica non sempre coinciden, no xulgado da Fonsagrada tomaron a norma ao pé da letra e utilizan para traballar a lingua maioritaria da xente, porque é xusto e necesario

O maxistrado da Fonsagrada e dous funcionarios, nas dependencias do xulgado. J.VÁZQUEZ
O maxistrado da Fonsagrada e dous funcionarios, nas dependencias do xulgado. J.VÁZQUEZ
O dereito é en esencia un conxunto de disposicións que deberían responder a unha realidade socioeconómica, a un xeito de estar no mundo e ás relacións derivadas dunha estrutura social. Entre a teoría ideal e a práctica real sempre hai un abismo, pero de vez en cando aparecen pontes para unir as marxes. Na Fonsagrada hai unha que se asenta nun elemento tan poderoso como feble: a lingua galega.
Os traballadores do xulgado fonsagradino levan 25 anos facendo un esforzo por achegarse á realidade social na que lles toca prestar servizo. Fixeron caso do dito de que «falando se entende a xente» e eliminaron as barreiras lingüísticas que ata entón marcaban as distancias entre quen manda e quen é mandado. Normalizaron o galego como lingua de comunicación cos administrados e conseguiron que ninguén tivese que cambiar de idioma ao atravesar a porta do xulgado. Escoitaron e responderon da forma que lles pareceu máis democrática, máis igualitaria e máis beneficiosa para o entendemento.

sábado, 20 de junio de 2015

ARDE LUCUS 2015