viernes, 17 de abril de 2009

14.000 gandeiros protestan: "Teño unha vaca leiteira, non é ministra nin francesa..."

Miles de gandeiros convocados polas Cooperativas Agro-alimentarias e as organizacións agrarias Asaja, COAG e UPA, uns 14.000 segundo os organizadores, manifestáronse en Madrid para pedir medidas "extraordinarias" ao Goberno pola crise que atravesa o sector lácteo. Esta protesta, que reuniu a gandeiros procedentes das principais comunidades produtoras de leite, como Galicia, Andalucía, Cantabria, Asturias, País Vasco, Castela e León e Cataluña, transcorre baixo a lema "Por un presente e un futuro para o sector lácteo español". Na manifestación, que comezou sobre as 11:00 horas na Porta de Alcalá e que acabou fronte ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, os gandeiros entoaron cancións populares como "teño unha vaca leiteira, non é unha vaca calquera, nin é ministra, nin é francesa, é unha vaca fresca". Ademais, os produtores portaron diversas pancartas nas que reclamaban, entre outros aspectos, "competencia si, 'dumping' non". Os manifestantes, entre ruídos de chifres, cencerros e tambores, denunciaban a difícil situación que atravesa o sector lácteo debido ao descenso dos prezos que perciben, ao problema da falta de recollida do leite por parte das empresas, así como o "nacionalismo comercial das grandes cadeas de distribución". Os custos de producir un litro de leite sitúanse actualmente en España entre os 35 e os 40 céntimos de euro por litro, mentres que os prezos que perciben gandeiros e cooperativas oscilan entre os 20 e os 30 céntimos por litro.

Só en Galicia hai 150.000 litros diarios sen colocar

Además da baixada de prezos, o sector produtor lamenta que nas últimas semanas agudizouse o problema da redución de compras por parte da industria, de maneira que desde o pasado 1 de abril hai uns 150.000 litros diarios "sen colocar" en Galicia, mentres que en Castela e León a empresa Forlactarea tamén deixou de recoller 50.000 litros diarios. Segundo as organizacións convocantes, existen prácticas de 'dumping' e, ademais, grandes cadeas de distribución están a priorizar a compra de leite nos seus países de orixe, adquirindo os excedentes de Francia ou Alemaña "a baixo prezo" para as súas marcas brancas, á vez que "meten maiores marxes" de prezos ás principais marcas españolas. Entre outras reivindicacións, reclaman que se obrigue á industria "por decreto ou por lei" a recoller a produción das explotacións españolas, que se controle a "fraude económica" das importacións e que os consumidores coñezan a procedencia e a orixe do produto que compran

No hay comentarios:

Publicar un comentario