lunes, 6 de abril de 2009

Arteixo Telecom dota os autobuses do Barça de wifi

Os xogadores do primeiro equipo do FC Barcelona xa poden gozar de Internet durante os seus desprazamentos no autobús oficial do seu equipo, grazas a un acordo entre Autopullman Padrós, compañía propietaria dos autobuses oficiais destes equipos deportivos e a compañía galega Arteixo Telecom.O acceso a Internet é posible mentres se viaxa en autobús grazas ao router Revisio desenvolvido por Arteixo Telecom e Level Telecom, que dota aos autobuses a tecnoloxía combinada Wifi ? 3 G/HSPA cunha capacidade de ata 7,2 Mbit/s por segundo. Grazas á alta capacidade deste router, a conexión da que gozarán os futbolistas e o corpo técnico será totalmente estable, aínda que se conecten varios ao mesmo tempo, a través dos seus ordenadores portátiles, PDAs ou teléfonos móbiles. «Grazas á nosa forte aposta polo investimento en I+D+i desenvolvemos un router wifi que permite a conexión á rede sen que haxa cortes durante todo o traxecto», comenta Rafael Valcarce, presidente de Arteixo Telecom. Antes de instalarse nos autobuses, realizouse unha fase de verificación para garantir que o seu funcionamento non xera interferencias cos sistemas electrónicos dos autobuses actuais. Os futbolistas que usen o acceso a Internet no autocar poderán ver vídeos, xogar online ou enviar imaxes.Outra vantaxe do Revisio é a súa gran conectividade, polo que tamén pode utilizarse para solucións de televixilancia, supervisión e conexión de dispositivos embarcados no autobús e monitorización remota; así como o seu baixo consumo de enerxía, que permite conectalo ao sistema eléctrico do autobús a través dunha toma de 12 voltios, e o seu funcionamento totalmente automático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario