lunes, 6 de abril de 2009

O nariz das mulleres é difícil de enganar en materia de olor corporal

As mulleres teñen mellor olfacto que os homes cando se trata de detectar o olor corporal e o seu nariz é máis difícil de enganar con fragrancias que intenten enmascaralo.«É bastante difícil bloquear a conciencia dunha muller ante o olor corporal. Pola contra, parece bastante doado facelo cos homes», segundo o director do estudo Charles Wysocki, do Monell Center.Os investigadores especulan con que as mulleres son máis receptivas a información biolóxica importante contida na suor porque pode guialas cando elixen unha parella.No estudo, homes e mulleres avaliaron a forza do olor das axilas, tanto por si só como xunto a outras fragrancias, que foron elixidas pola súa capacidade para bloquear o olor da suor a través dun método coñecido como adaptación cruzada.A adaptación olfactiva fai referencia á perda de sensibilidade fronte un olor cando se está constantemente exposto a ese, mentres que a adaptación cruzada se produce cando o olfacto se adapta a un olor e por iso se volve menos sensible a outro.Durante o estudo, a suor ulía igual de forte para homes e mulleres, pero cando se introducía outra fragrancia as cousas cambiaban.No caso das mulleres, só dúas das 32 fragrancias novas eran capaces de bloquear con éxito o olor das axilas, mentres que entre os homes se comprobou que 19 desas substancias lograban reducir a súa intensidade.Do estudo despréndese, explicou Wysocki, que a transpiración humana «transmite información que ten unha importancia particular para as mulleres. Iso pode explicar porqué é tan difícil bloquear a percepción das mulleres ante o olor da suor».Ademais, os investigadores constataron que o olor corporal masculino é máis difícil de bloquear que o feminino, mesmo a pesar de que non hai diferenzas na intensidade de ambos os dous.Así, só o 19% da fragrancias reduciron con éxito a forza do olor das axilas masculinas, fronte ao 50% que foron capaces de atenuar a intensidade no caso das mulleres.O estudo realizouse con mostras de suor recollidas entre 23 homes e 36 mulleres, e realizouse con dous experimentos separados no que participaron 16 homes e mulleres (oito de cada sexo) no primeiro, e 24 homes e mulleres (doce de cada sexo).«Homes e mulleres difiren en como perciben o olor corporal, tanto o do propio sexo coma o do oposto,» concluíu George Preti, tamén responsable do estudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario