jueves, 2 de abril de 2009

PERSOEIROS DA FONSAGRADA: MANUEL PORTELA VALLADARES

Manuel Portela Valladares (Pontevedra, 31 de xaneiro de 1867 - Bandol, 29 de abril de 1952) foi un político español de ideoloxía liberal centrista Fue ministro durante o reinado de Alfonso XIII e chegou a ser presidente do goberno durante a Segunda República Española.Vida
Fillo de Juan Portela Dios e Teresa Valladares Rial, quedou orfo de pai con só dez anos. Foi acollido pola súa tía, Juana Portela Dios, muller do impresor José Villas. Este matrimonio gozaba dunha situación económica desafogada, o que lle permitiu estudar no colexio de xesuítas de Camposancos en La Guardia, para posteriormente seguir a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Graduouse en 1889 na universidade compostelá. Ata 1899 residiu na cidade de Pontevedra, onde traballou como redactor do Diario de Pontevedra, exerceu de xuíz municipal e foi decano do Colexio de Avogados. En 1898, con só 31 anos, conseguiu praza como rexistrador da propiedade en Madrid.
Instalado en Madrid, entrou no mundo da política da man de Monteiro Ríos sendo elixido deputado a Cortes en 1905. En 1910 foino elexido de novo polo distrito lugués de Fonsagrada. En 1909 foi fundador, xunto con outros intelectuais e políticos, da Liga Agraria de Acción Galega que lideraría Basilio Álvarez, a quen o uniu unha grande amizade.



Home de confianza de José Canalejas, foi nomeado en 1910 Gobernador Civil de Barcelona e dous anos máis tarde fiscal do Tribunal Supremo. En 1923 exerceu como ministro de Fomento do último gabinete liberal de García Prieto anterior á ditadura de Primo de Rivera.En 1924 fundou en Vigo El Pueblo Gallego, xornal democrático que abriu as portas a intelectuais republicanos e galleguistas e fixo campaña a favor dunha rexeneración da vida política española.En 1930, Portela Valladares foi un dos asinantes do chamado Pacto de Barrantes, no que participaron os máis destacados líderes republicanos e nacionalistas do momento en Galicia, entre eles Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con quen compartía a necesidade de autonomía para Galicia e a quen o uniría unha mutua relación de amizade e confianza.En 1931 casouse coa aristócrata catalá Clotilde Puig i Mir, que lle deu o título de conde de Brías e lle proporcionou unha importante fortuna.Durante a República foi dende 1931 a 1933 parlamentario por Lugo e en 1936 saíu elixido pola provincia de Pontevedra.En 1935, baixo o goberno dereitista de Alejandro Lerroux, foi gobernador xeral de Cataluña (marzo-abril 1935) e ministro da Gobernación en dúas ocasións. A finais de ano, o presidente da República Alcalá Zamora encomendoulle a presidencia do Goberno. O goberno centrista que presidiu exerceu as súas funcións ata a toma de posesión en febreiro de 1936 do goberno resultante das eleccións xerais. A pesar das presións golpistas dos grupos dereitistas, recoñeceu a vitoria da Fronte Popular e entregou o poder aos vencedores lexítimos o 19 de febreiro.Tras estalar ese mesmo ano a Guerra Civil, Portela Valladares permaneceu leal á República, sendo fiel á súa ideoloxía liberal e reformista. Dende Barcelona, onde o colleu a sublevación do 18 de xullo, retiraríase a Niza, para posteriormente retornar a España e ofrecer os seus servizos ao goberno republicano de Juan Negrín. Participou nas cortes de Valencia reunidas en outubro de 1937.Finalizada a contenda en 1939, viuse obrigado a saír de novo para Francia, onde foi apresado pola Gestapo. Aínda que o réxime franquista instalado en España solicitou a súa extradición, esta non foi concedida.Faleceu no exilio en Bandol, preto de Marsella, en 1952.


Obra

  • Ante el estatuto. Unificación y diversificación de las nacionalidades. Edición del resumen de la conferencia de 1932 por Manoel Carrete en Vento do Leste. Barcelona: Federación de Entidades Culturales Gallegas de Catalunya.
  • Dietario (1936-1950). Edición de Jose Antonio Durán (1988): Dietario de dos guerras (1936-1950): notas, polémicas y correspondencia de un centrista español. Sada, La Coruña: Edicións do Castro.
  • Memorias(1952). Edición de Jose Antonio Durán (1988): Memorias dentro del drama español. Madrid: Alianza Editorial.
  • A Nosa Terra e Nós. Escritos en galego. Edición de Xosé Enrique Acuña (1992). Pontevedra: Casal.

http://ahistcon.org/docs/murcia/contenido/pdf/04/maria_del_pilar_mera_costas_taller04.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario