Falar galego é un dereito e prestar servizo nesta lingua é obriga para calquera administración pública en Galicia. Aínda que a teoría e a práctica non sempre coinciden, no xulgado da Fonsagrada tomaron a norma ao pé da letra e utilizan para traballar a lingua maioritaria da xente, porque é xusto e necesario
O maxistrado da Fonsagrada e dous funcionarios, nas dependencias do xulgado. J.VÁZQUEZ
O dereito é en esencia un conxunto de disposicións que deberían
responder a unha realidade socioeconómica, a un xeito de estar no mundo e
ás relacións derivadas dunha estrutura social. Entre a teoría ideal e a
práctica real sempre hai un abismo, pero de vez en cando aparecen
pontes para unir as marxes. Na Fonsagrada hai unha que se asenta nun
elemento tan poderoso como feble: a lingua galega.
Os traballadores do xulgado fonsagradino levan 25 anos facendo un
esforzo por achegarse á realidade social na que lles toca prestar
servizo. Fixeron caso do dito de que «falando se entende a xente» e
eliminaron as barreiras lingüísticas que ata entón marcaban as
distancias entre quen manda e quen é mandado. Normalizaron o galego como
lingua de comunicación cos administrados e conseguiron que ninguén
tivese que cambiar de idioma ao atravesar a porta do xulgado. Escoitaron
e responderon da forma que lles pareceu máis democrática, máis
igualitaria e máis beneficiosa para o entendemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario