lunes, 20 de julio de 2015

A Fonsagrada recoñece os 25 anos que o seu xulgado leva traballando a prol do galego




Progreso de Lugo

Os invitados insistiron na necesidade de que as administracións usen a lingua do pobo



Os traballadores e funcionarios do xulgado da Fonsagrada levan un cuarto de século usando o galego na súa actividade diaria. Un esforzo que este sábado foi recoñecido tanto polo Concello como pola Irmandade Xurídica Galega. Na homenaxe participaron todos os xuíces que prestaron servizo en galego neste xulgado, ademais dun grupo de veciños. Tamén se descubriu unha placa conmemorativa coa inscrición ‘O xulgado da Fonsagrada, 25 anos traballando no idioma da súa xente’.
Na quenda de intervencións participaron os catro xuíces que traballaron en galego neste xulgado: Xoán Montes, Alberto Benéitez, Luís Villares e Eladio Prieto.




Participantes no acto, diante da porta do xulgado da Fonsagrada. EPParticipantes no acto, diante da porta do xulgado da Fonsagrada. EP

No hay comentarios:

Publicar un comentario