jueves, 17 de marzo de 2016

A Cruz da Graña, cruceiro xiratorio que indica onde houbo un tesouro

FONTE: GALICIA ENCANTADA

Localización: Zarro de Pedro, no Monte Chao de Fornos, a carón dunha encrucillada.
Parroquia: Logares (santo André)
Concello:g A Fonsagrada (Lugo)

Este cruceiro xiratorio (conta cun mecanismo que o permite), atópase a carón dun cruce de vías como o chamado Camiño Grande que tiveron grande importancia en épocas pasadas.
Desde o punto de vista simbólico, algunha das imaxes representadas varía con respecto ao común pois, en vez da Virxe María, a imaxe que hai no anverso da cruz é a de santa Bárbara, avogosa contra o raio e as treboadas.
Cren os expertos que este cruceiro, ademais de ser un elemento de protección do camiño e dos viaxeiros, cumpría funcións de comunicación ou de centro de referencia para practicar determinados ritos.
Tendo en conta que é xiratorio, interprétase que cando a figura de Xesús Cristo mira para o camiño indicaría seguranza no tempo e na viaxe; en cambio, se fose a de santa Bárbara a que mirase o camiño, era sinal que anunciaba mal tempo climatolóxico e outros perigos.
A orixe lendaria deste cruceiro conta como un home que viña desde Quiroga recibiu nunha pousada información exacta, con plano e todo, da localización dun tesouro.
Co tesouro que atopou construíu a Casa Grande da Graña, en Chao de Fornos, e en lembranza e agradecemento mandou facer e colocar o cruceiro da Cruz da Graña onde agora está.
 


Foto:Escaneada do artigo que se cita na bibliografía

 

BIBLIOGRAFÍA
BEIRÓ PIÑEIRO, Xosé Carlos. «Dous novos tipos de cruceiros na provincia de Lugo: o cruceiro xiratorio de “A Cruz da Graña” (A Fonsagrada) e o “cruceiro da deshonra de Bao (Alfoz)», en Murguía, Revista galega de Historia, nº 11, setembro-decembro, 2006.

No hay comentarios:

Publicar un comentario