CACHOTERIA
Escada e muralla feitas con cachotería no castro de San Cibrao de Las. |
A cachotería ou cachotaría é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas a modo de calzos chamadas ripios.
Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.
O
uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas:
en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais,
debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos
ripios máis pequenos.
CANTERIA
A cantería ou cantaría é a arte de labrar a pedra para o seu emprego posterior en construcións. Asócianse varios oficios a esta técnica, sendo os máis destacables os canteiros.
Mestre canteiro representado nun taller |
O traballo de canteira mecanizouse en gran parte, ocasionando a
desaparición paulatina dos oficios da cantaría. Actualmente, a súa
produción está dirixida, preferentemente, cara a restauración de
edificacións de alto valor arquitectónico e patrimonial, para o
revestimento de fachadas e a elaboración de fábricas de pedra.
Materia prima
A pedra é a materia prima da cantería, variando a técnicas e ferramentas usadas, en función das súas propiedades propias como a dureza, fraxilidade, composición xeolóxica etcProceso de elaboración e oficios
O proceso de traballo comeza coa extracción da rocha da canteira, cun subsecuente despece de bloques, aplicarlle un escuadro, para finalmente proceder a labrar os cachotes.Este proceso consta de catro fases, intervindo en cada unha diferentes artesáns:
- extracción do material, seguindo a veta, ou febra, con cuñas, marrón, barra e pico de recalar;
- redimensión do bloque de pedra, empregando cuñas, pico, mandarria e escuadro;
- proporcionar as formas idóneas, realizado polo canteiro;
- acabado final, incluíndo, a veces, detalles decorativos.
Marcas de cantería
Canteiro coas súas ferramentas. |
Ferramentas
No proceso de elaboración da pedra necesítase un amplo número de utensilios e ferramentas, entre as que encontramos:- utensilios de medición, como metros, compases e escuadros;
- ferramentas de percusión, como cuñas, mazos, marrón, picos, martelos, buxardas, escodas, macetas etc.,
- ferramentas de corte, como serras e tronzadores,
- ferramentas de acabado, como ciceis, punzóns, trinchante, fiador, formón, escoplos, abuxardadoras e chumbadas.
A albanelaría é a técnica de colocación de pedras para a construción. Pode subdividirse en:
- cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas;
- cachotaría: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares;
- perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;
Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).
Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros
ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos
construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou
beleza.
Nomenclatura
As caras que conforman unha peza de perpiaño segundo a súa posición no edificio teñen uns nomes moi específicos no léxico galego, que son:- paramento: é a cara que dá ó exterior;
- sobreleito: é a base sobre a que se apoia a pedra por gravidade;
- leito: é a cara oposta á base;
- xuntas: son os laterais da peza que contactan con outras pedras;
- extradorso[1]: é a cara que dá ó interior da construción;
No hay comentarios:
Publicar un comentario