A FONSAGRADA
Castelo de Burón
(A Pobra do Burón): Século XIV. Construída polos condes de Altamira.
Das varias torres que tivo só se conserva unha en ruínas, feita con
grosos muros de mampostería de xisto recheado con cachotaría e morteiro.
Os Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, que o derrubaran durante a
Revolta do século XV, foron logo obrigados pola familia dos Moscoso a
reconstruílo. Ademais do castelo, a importancia do antigo concello da
Pobra do Burón, extinguido no ano 1835, falan os hospitais para
peregrinos, xa citados no século XIII, que se levantaban no lugar que,
dende Oviedo, ían a Santiago de Compostela e os preitos que mantiveron
con Dona Urraca. Declarado BIC.
Castelo da Allonquiña
(A Allonca): Era coñecida como Torre Vella da Allonquiña. Sábese que
tiña uns nove metros de altura, composta por dúas plantas e unha baixa.
Segundo Vázquez Seijas foi derrubada no ano 1910 polo seu derradeiro
dono Laureano López Monteserín quen cos seus materiais edificou unha
casa. A principios do século XVI pertencía aos Caraduxe, uns labregos
que procedían de casa señorial, posuíndo Real Carta Executoria de
fillosdalgo. Un Caraduxe foi alcalde de Burón no ano 1771.
No hay comentarios:
Publicar un comentario