viernes, 17 de diciembre de 2010

O xeo complica a circulación na montaña lucense


O temporal de neve e, sobre todo, de xeo que afecta a 32 provincias españolas está a causar en Galicia problemas de circulación na zona da montaña lucense. As dificultades para circular concéntranse nos municipios da Fonsagrada, Becerreá, Pedrafita, Navia de Suarna e Cervantes, e incluso pola zona da costa, no concello de Ourol. Así o confirmou o deputado de Infraestruturas da Deputación, Manuel Martínez.

Éste precisou que os problemas "non son tanto pola cantidade de neve que caeu, senón pola gran cantidade de xeo que hai". "Nevou un pouco e debido ás baixas temperaturas transformouse en xeo, polo que están as estradas bastante perigosas", subliñou.

Por este motivo, a Deputación mantén activado un dispositivo con todas as empresas que teñen encomendado o mantemento da rede viaria provincial e procedeuse a salgar e reparar problemas puntuais. Martínez aventurou que se volve nevar e as temperaturas non soben, "teremos problemas, xa que a capa de xeo que hai é bastante importante".

De momento non se produciu ningún incidente de gravidade, aínda que o deputado afirmou que as estradas "están perigosas" e incluso dixo que "sería bo que nalgunha zona utilizasen cadeas".

No hay comentarios:

Publicar un comentario