lunes, 13 de diciembre de 2010

Tarxeta de Nadal

A primeira tarxeta de nadal imprimiuse por iniciativa do deseñador ingles do século XIX, Henry Cole, en 1843, axudante do reformador do sistema postal británico Rowland Hill, o deseño é do pintor Jon Callcott

Unha tarxeta de nadal é unha tarxeta de felicitación que se envía a familiares, amigos ou clientes para desexarlles un bo nadal, tradicionalmente envíabase polo correo, dentro dun sobre ou franqueada como postal, xa unhas semanas antes do día de nadal, coa chegada de internet tamén se utiliza este medio para mandalas. Normalmente utilízase unha frase feita, en galego Bo Nadal e Feliz Aninovo.




Frances Ridley Harvegal foi unha das máis soadas autoras de textos para tarxetas de nadal


Historia

O establecemento dun sistema de correos económico, simbolizado na aparición do selo postal en 1840 e no envío de cartas en sobres, e o desenvolvemento por George Baxter dun sistema de impresión a cor que permitía a elaboración de ilustracións baratas están na orixe da aparición e desenvolvemento da tarxeta de nadal no Reino Unido. A primeira tarxeta comercial de nadal débese a Henry Cole, colaborador de Rowland Hill, e a ilustración é do pintor Jon Calcot Horsley, o debuxo amosa unha familia, incluíndo un cativo, bebendo viño e unha cadeira baldeira, nas beiras aparecen agasallos, de roupa e comida, entregados aos pobres, desa primeira tarxeta vendéronse uns 1000 exemplares ao prezo de un xilin cada unha, relativamente cara para a época. Houbo que esperar ata 1848 para que se imprimise a segunda tarxeta de nadal debida a Maw Egley. A partir da década de 1860 o envío de tarxetas de nadal fíxose moi popular no Reino Unido primeiro entre a clase media e alta e a partir de 1878-1890 entre as clases populares, calcúlase que só en Inglaterra imprimíranse máis de 200.000 deseños diferentes só ata 1894, os principais editores de tarxetas de nadal foron De la Rue, Raphael Tuck & Sons, Marcus Ward e Goodall , desde mediados da década de 1850 comezou a facerse tamén popular en moitos países de Europa.

Nos Estados Unidos foi Louis Prang quen introduciu o costume, despois de asistir a unha Exposición en Viena en 1873, imprimiu tarxetas de nadal para o mercado británico e ao ano seguinte comercializounas nos Estados Unidos , con todo debido á alta calidade das tarxetas que implicaba uns prezos altos o costume de intercambialas quedou reducido ás clases máis altas, despois de 1890 cando se deixaron de emitir as tarxetas de Prang, o costume esmoreceu, en beneficio do intercambio de regalos de valor ínfimo, comercializándose tan só tarxetas importadas de moi baixa calidade que non resultaban atractivas. A produción nacional de tarxetas de nadal recuperouse en 1906, facéndose popular a partir de 1911
En países como Francia aínda que existe o costume de enviar tarxetas de nadal, está máis arraigado o envío de tarxetas de ano novo que se envían durante o mes de xaneiro para desexar un bo ano, e aínda hai outros países como o Xapón no que a tradición é enviar tarxetas de aninovo, coñecidas como nengajō, que han de chegar o 1 de xaneiro

Autores



Tarxeta de nadal de Louis Prang

A maioría dos textos que aparecen nas tarxetas postais teñen carácter bíblico ou son de escritores coñecidos , pero tamén apareceron escritores especializados en escribir mensaxes de nadal, Helen Burnside escribiu entre 1874 e 1900 arredor de 6000 versos para tarxetas de nadal , Samuel Cowen só en 1884 escribiu máis de mil versos e Frances , falecida en 1879 foi a autora máis coñecida da primeira época

Deseños

As primeiras tarxetas inglesas non amosaban escenas relixiosas ou de inverno, pola contra seguindo a tradición das tarxetas de San Valentín, moi populares, tiñan deseños de flores, fadas, animais e nenos, deseños en xeral alegres. A partir de 1860 comezaron a aparecer os deseños que hoxe son arquetípicos, as festas do nadal, anxos, estrela de nadal, nenos xogando cos paxaros, a árbore de nadal, paisaxes nevadas.

Tipos



  • Oficiais Nalgúns países emítense tarxetas de nadal oficiais, normalmente para o uso do Xefe de Estado. No Reino Unido a tradición data da raíña Vitoria e nos Estados Unidos de 1953 durante a presidencia de Dwight D. Eisenhower, aínda que Franklin D. Roosevelt con anterioridade enviara as súas propias tarxetas de nadal, que eran persoais e polo tanto sen carácter oficial . As tarxetas oficiais envíanse a outros xefes de estado, membros do goberno, xefes de organismos públicos e parlamentarios.


  • Benéficas Son moitas as organizacións que producen tarxetas de nadal como un vehículo para recadaren fondos, a primeira tarxeta de nadal benéfica emitiuna UNICEF en 1949, e segue a facelo, reproducindo obras de arte recoñecidas internacionalmente. No Reino Unido o programa Cards for Good Causes, que agrupa a 300 institucións filantrópicas, vende tarxetas de nadal en igrexas, bibliotecas, museos, centros comunitarios e de información turística desde 1959


  • Comerciais Moitas empresas e comercios envían tarxetas de nadal aos seus clientes para felicitaren as festas, normalmente a única publicidade que levan é o nome do negocio, a súa orixe está nas tarxetas comerciais do século XVIII

No hay comentarios:

Publicar un comentario