viernes, 3 de diciembre de 2010

O xeo e a neve colapsan a AP-9 e causan problemas noutras 48 vías


03/12/2010 - Axencias/Galiciaé
A Garda Civil de Tráfico mantivo cortada a AP-9 durante as primeiras horas da mañá deste venres entre os quilómetros 16 e 68, isto é practicamente entre A Coruña e Santiago de Compostela, debido á presenza de importantes placas de xeo. O tráfico puido ser restablecido sobre as 11.00 horas.
A AP-9 xa presentou problemas durante a noite pola presenza de placas de xeo formadas polas baixas temperaturas dos últimos días en Galicia.Ademais, a DXT cortara a A-6 á altura de Culleredo (A Coruña) por neve e placas de xeo. Con todo, Tráfico informou de que preto das 10:00 horas abriuse o carril da A-6 en dirección a Madrid, polo que quedaron ambos os sentidos abertos á circulación.

Outras vías con problemas

A neve acumulada nas últimas horas en Galicia e, sobre todo, o xeo, están a causar numerosas dificultades para o tráfico nas catro provincias, onde hai problemas para circular en 48 vías da rede principal, segundo a DXT.Os principais puntos de dificultade na provincia da Coruña sitúanse en Aldea de Abaixo, na AC-101 entre os quilómetros 7 e 26 e en Sigüeiro. A AC-250 entre Sigüeiro e Lavacolla estivo cortada debido ao accidente dun camión.Ademais, na provincia da Coruña tamén hai problemas en Abelar na AC-840, en Abelenda,no CP-AC-2904, en Mazaricos na AC-400, en Ordes na N-550 e en Santa Comba na AC-546 e na AC-441, entre outros puntos.En Lugo as principais dificultades rexístranse na LU-530 no Cadavo, na LU-701 na Fonsagrada, na LU-540 en Ourol e na LU-633 en Pedrafita. Ademais, entre outros puntos, tamén hai problemas en Abadín, na N-634, en Chantada, no CG-2.1 e en Pantón de Abaixo na N-120.O lugar de Casaio na OU-122 é o punto con máis dificultades para o tráfico na provincia Ourense, onde tamén hai problemas en Almuzara, na N-541. A zona do Carballiño na AG-53 tamén está afectada, do mesmo xeito que a OU-531 no Forriolo e a OU-536 en Montedorramo.Tamén está a resultar afectado o interior da provincia de Pontevedra, onde a EP-7201 en Forcarei estivo cortada pola noite varias horas, aínda que xa está aberta ao tráfico. As estradas da rede principal en Agolada, A Cañiza, O Covelo, A Estrada, Rodeiro, Vila de Cruces e Silleda son os puntos máis afectados nesta provincia.

Sobe a cota de neve

A cota de neve sitúase este venres pola mañá nos catrocentos metros, aínda que pola tarde aumentará ata os 600 metros, segundo a predición de Meteogalicia.En calquera caso, na zona oriental da montaña de Lugo continúa activada a alerta amarela por neve.Galicia terá a influencia débil dun anticiclón, o que deixará ceos con nubes e claros e chuvascos no litoral. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario