domingo, 23 de enero de 2011

O Hula estrea este luns Hemodiálisis, Radioloxía, Uci e consultas de 17 áreas


A actividade no novo hospital de Lugo multiplicarase de forma moi notable a partir deste luns, co inicio de case todas as consultas externas que ata o venres prestábanse no Xeral, a posta en marcha de novos servizos e o traslado dos primeiros pacientes da Residencia.


O Lucus Augusti acolle desde este luns todas as consultas de Dermatoloxía, Angioloxía, Cirurxía Vascular, Dixestivo, Cardioloxía, Endocrinoloxía, Infectoloxía, Medicina Interna, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Neuroloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Reumatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Traumatoloxía, Uroloxía e Unidade de Mama. Desta forma, o novo hospital empeza a recibir uns 400 pacientes máis ao día e convértese no lugar de traballo de 150 especialistas máis.


No que respecta a consultas, co traslado deste gran bloque, só quedan por mover outras nove, a maioría vinculadas ao hospital Materno. Pediatría, Obstetricia, Ginecoloxía, Hematoloxía, Psiquiatría, Psicoloxía Clínica, Medicina Preventiva e Saúde Laboral e Neurofisioloxía que comezarán a funcionar no Hula o seguinte luns, día 28, dous días despois do traslado dos pacientes do Materno.


As consultas da Praza de Ferrol, Calde e San José funcionan xa en San Cibrao desde as últimas semanas de decembro.

Servizos

Pero ademais das consultas externas, o Lucus Augusti empezará a prestar servizo este luns a outros pacientes, como os que reciben hemodiálisis, que deberán acudir xa ao novo hospital. No entanto, a diálese de agudos funcionará en paralelo no Hula e no Xeral, para poder atender aos ingresados.

Da mesma forma, este luns empezarán a funcionar no Hula os servizos de Radioloxía xeral e Ecografía e os gabinetes de Cardioloxía, Pneumoloxía e Dixestivo, aínda que todos estes servizos seguirán operativos tamén no Xeral durante toda a semana.

E é que o traslado dos pacientes ingresados no vello hospital prolongarase durante toda a semana. Empezará este luns cos das unidades de Cardioloxía, Dixestivo, Endocrinoloxía, Reumatoloxía, Neuroloxía, Infectoloxía e Pneumoloxía, e continuará os días posteriores con outras especialidades, salvo o xoves, día en que o proceso se interromperá debido á folga xeral.

Ao aumentar considerablemente o número de enfermos ingresados no Hula -ata agora só estaban os de Calde e San José-, o centro porá en marcha a Uci, de momento con 13 camas.

O servizo de Medicina Intensiva xa prestou atención a algún paciente ingresado no Hula que se descompensó e a algún usuario de consulta que precisou atención urxente, pero non foron hospitalizados alí, senón que se lles estabilizou e trasladóuselles ao Xeral para ingresar na súa unidade de coidados intensivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario