FONTE: GALIPEDIA
Galicia estremeira ou Galiza irredenta é a denominación
que reciben todos aqueles territorios galegofalantes,
que na actualidade se atopan fóra das fronteiras de Galicia,
baixo a administración de Castela e León e Asturias. Vencellados lingüística, cultural e
tradicionalmente a Galicia, existe neles e arredor deles, a
reivindicación histórica
de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou
reincorporación na propia Galicia
Concepto e termo
O termo irredenta, que é o máis amplamente estendido, fai referencia,
segundo o dicionario da Real Academia Galega, a aquilo que está sen
redimir, aplicado en particular ao territorio que, por razóns étnicas ou
históricas unha nación quere anexionar.De
xeito máis minoritario, este territorio tamén recibe o nome de Faixa
oriental, Faixa Leste, Galiza exterior, Galiza
oriental, Galiza Leste ou Galiza non autonómica
Xeografía
A Galicia estremeira ou irredenta é un territorio en forma de franxa,
de aproximadamente 175 quilómetros de longo e de 15 a 30 de anchura,
situada polas terras máis occidentais das actuais provincias de León e Zamora, na Comunidade autónoma de Castela e León, así como os concellos
máis occidentais do Principado de Asturias, situados
entre a ría de Ribadeo e o río Frexulfe (próximo ao río Navia). A pesar das
diferenzas administrativas entre as diversas zonas desta longa franxa,
todas teñen en común unha lingua e por tanto en boa parte unha cultura
que comparten aínda hoxe coa Galicia
autonómica.
Tradicionalmente vénse dividindo ou agrupando estes territorios en
tres partes: Eo-Navia, Bierzo e Portelas
/ Seabra. Se ben, recentemente apareceu unha nova
proposta de comarcalización destes territorios por parte dunha
organización política
que divide estes territorios en cinco comarcas: Terra do Navia-Eo, Val do
Ibias, o Bierzo, a Cabreira e a Seabra. Analizamos aquí as diferentes
comarcas atendendo á primeira división por ser a máis estendida e
coñecida:
Mapa do dominio lingüistico galego ou galego-portugués nos 19 concellos da Terra Eo-Navia. Ibias (1), Degaña (2), Allande (3), Grandas de Salime (4), Pezós (5), San Martín de Ozcos (6), Santalla de Ozcos (7), Eilao (8), Vilanova de Ozcos (9), Taramundi (10), Santiso de Abres (11), A Veiga (12), Boal (13), Villaión (14), Navia (15), Coaña (16), El Franco (17), Tapia (18) e Castropol (19).Añadir leyenda |
A Terra Eo-Navia, Navia-Eo ou Entrambasaguas, son as
denominacións que recibe a rexión de lingua galega que se atopa no
occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que
comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia.
O termo Terra Eo-Navia, trátase dunha
denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha
división territorial oficial ou de uso cotián tradicional, e na que se
inclúen os seguinte concellos:
Concellos galegofalantes | Asturias | |
---|---|
Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos | |
Concellos parcialmente
galegofalantes Allande | Degaña | Navia | Villaión |
As Portelas e Calabor
AMapa do dominio lingüístico galego ou galego-portugués nos 5 concellos das Portelas. Porto (1), Lubián (2), Pías (3), Hermisende (4), Pedralba de la Pradería (parroquia de Calabor) (5).ñadir leyenda |
As Portelas é unha rexión actualmente baixo administración
zamorana (Castela e León), situada na fronteira con
Galicia (pertencendo a ela ata o ano 1789) e na que
historicamente se fala o galego, aínda que sen status oficial.
Comprende os seguintes concellos (en cursiva concellos parcialmente
galegofalantes):
Concellos galegofalantes | provincia de Zamora | |
---|---|
Hermisende | Lubián | Pías | Porto | |
Parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería |
O Bierzo
Mapa do dominio lingüistico galego ou galego-portugués nos 23 concellos do Bierzo. Barxas (15), Borrés (4), Cacabelos (11), Candín (22), Carucedo (3), Carracedelo (7), Corullón (13), Oencia (14), Ponte de Domingos Flórez (1), Sobrado (12), Toural dos Vados (8), Trabadelo (17), Valboa (18), A Veiga de Valcarce (16), Vilafranca do Bierzo (19), Arganza (10), Benuza (2), Camponaraia (9), Fabeiro (21), Peranzais (23), Ponferrada (6), Priaranza (5) e A Veiga de Espiñareda (20). |
Situado entre a Serra do Courel, os Montes
Aquilanos e a Serra
de Fistedo, O Bierzo é unha comarca actualmente baixo administración leonesa e integrada polo
tanto na Comunidade Autónoma de Castela e León. Con todo, a propia
xeografía, historia e principalmente o idioma, fan do Bierzo occidental
unha terra estreitamente ligada a Galicia,
formando parte dela durante séculos. O uso do galego mantense nos
seguintes concellos:
Concellos galegofalantes | provincia de León | |
---|---|
Barxas | Borrés | Cacabelos | Candín | Carucedo | Carracedelo | Corullón | Oencia | Ponte de Domingos Flórez | Sobrado | Toural dos Vados | Trabadelo | Valboa | A Veiga de Valcarce | Vilafranca do Bierzo | |
Concellos parcialmente
galegofalantes Arganza | Benuza | Camponaraia | Fabeiro | Peranzais | Ponferrada | Priaranza | A Veiga de Espiñareda |
Historia
Mapa do reino de Galiza elaborado por Gérard Mercator e Jodocus Hondius, cun detalle do mesmo no que aínda se situaba a Ponferrada como entrada do reino, así como as vilas de Vilafranca do Bierzo, Valcarce ou Cacabelos en Galiza. 1619. |
As diversas causas que orixinan que existencia de amplos territorios
galego-falantes fóra de Galicia son resultado de diferentes sucesos -de
carácter eminentemente político-, que desde o século
XII ata o ano 1789, foron sucesivamente reducindo o territorio
oficialmente galego. A conseguinte exclusión de zonas limítrofes, que
antano formaban parte de Galicia, levou á súa forzosa integración nos
territorios colindantes, conservando as súas xentes con todo, o idioma
galego así como outros trazos culturais afíns.
O Bierzo (1486)
Coa fragmentación do reino de Galiza e a individualización do
recente reino de León a comezos do século
XII as informacións sobre a adscrición do Bierzo a un ou outro reino son confusas e mesmo
contraditorias. Mentres que para uns autores o reino de Galiza remataba na fronteira
natural dos montes do Cebreiro, para outros facíao nas aforas da cidade
de Ponferrada,
chegándose incluso a considerar o territorio berciano como unha
entidade propia debido á súa condición xeográfica limítrofe. Os séculos
posteriores, porén, consolidarían finalmente o occidente do Bierzo na vida política e social galega
ata finais do século XV.
Será precisamente nese século cando o conde de Lemos, Pedro
Álavez Osorio, el mayor señor de aquel reyno de Galicia
sufra o acoso total dos irmandiños
(incluídos os bercianos), cando máis de 30.000 deles o sitien no Castelo de Ponferrada,
corazón do Bierzo, a súa confrontación coa Real Audiencia e os Reis Católicos suporíalle á casa de Lemos, a división do condado no ano 1486, mercando
Ponferrada
os propios Reis Católicos e creando o marquesado de Vilafranca. Dese xeito recaeu o Bierzo en mans castelán-leonesas, definíndose o límite entre o reino de Galiza e o de León, que pasaba a situarse no Cebreiro.
Non obstante, isto non impediu que o territorio berciano continuase a ser
tradicionalmente considerado parte integrante de Galiza, así escritores e humanistas como Fernán
Pérez de Oliva, Jerónimo Zurita,
Lope de Vega, e viaxeiros como Bartolomé de Villalba y
Estraña, Caumont, Claude de Bronseval, Arnold von Harff e outros,
continuaron a considerar na súa obra o Bierzo occidental como parte do reino de Galiza, aludindo a diferentes
enclaves como galegos, (Ponferrada)
llave e principio del reyno de Gallizia,
(Vilafranca do Bierzo) tiene esta
villa buena vega, aunque ya está en Galicia,
mesmo afirmando firmemente que: Pont Ferrat (Ponferrada), fin
d’Espagne, commencement de Galice (Ponferrada, fin de España e
comezo de Galiza).
As Portelas e Calabor (1789)
Anaco de mapa do reino de Galiza elaborado por Fernando Ojea (ano 1640), nel apréciase a pertenza dos pobos das Portelas (Lubián, Porto, Pías e incluso Requeixo) a Galiza. |
No caso do territorio comprendido aproximadamente entre os ríos Eo
e Navia,
integrante durante varios séculos na diocese de Britonia, as súas terras aínda eran
considerados na diplomática medieval do século
X, como parte de Galicia,
tal e como recolle unha confirmación do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (..)
Vallebona (Valboa),
Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes),
Nabia (Navia)
cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna
(Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas ,
Ausecos (Ozcos) et Neiro (Neira)
A aproximación histórica ao conflito territorial no entanto chegou
case douscentos anos despois, no século XII, cando toca teito a gran
disputa entre os bispos de Lugo e Oviedo, reclamando á curia real cada unha das partes a
súa xurisdición sobre a zona. O bispo lucense aseguraba que pertencían
desde antano a súa diocese, porén os documentos aportados polo bispo
Paio de Oviedo -alcumado o falsificador-, farían que o rei Afonso VII desestimase as demandas do lucense.
Deste xeito, algúns destes territorios caeron definitivamente baixo
xurisdición ovetense e leonesa por moito que os Papas sucesivos
solicitasen a León a devolución dos seus dominios
adquiridos. Se ben que algunhas das vilas eonaviegas seguiron a ser
consideradas parte de Galicia como amosa a cartografía, o resto recaeron
na diocese de Oviedo integrándose paulatinamente na xurisdición
asturiana, mais conservando durante os séculos e até a actualidade, a
lingua galega na súa variante local (eonaviego).
Lingua
Mapa lingüístico do Galego cos bloques lingüísticos, as áreas e as subáreas lingüísticas. Os falantes de galego na Galicia irredenta supoñen máis do 60% dos falantes da variedade oriental da lingua galega. |
O idioma galego é o principal nexo de unión na actualidade,
entre os territorios da Galiza irredenta e da Galicia
autonómica. Pola súa situación xeográfica, a variedade do galego
falado nestes territorios é a do galego oriental, que comparte cos concellos -oficialmente
considerados como galegos- máis orientais. Esta variedade dialectal
posúe polo tanto características comúns afíns a un lado e outro dos
lindes provinciais e autonómicos:
- Variedade altamente conservadora, mantendo algunhas características medievais do galego-portugués, hai tempo desaparecidas no resto do territorio lingüístico galego, tales como vogais nasais (Ancares).
- Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común mais o a palatal.
- Plurais de palabras terminadas en -an -en -on, -ais -eis -ois: pantalón-pantalois
- conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.
Peculiaridades
Xa dentro da variedade oriental do galego, cada
territorio posúe peculiaridades lingüísticas propias que os filólogos
tenden a dividir do seguinte xeito (de norte a sur):
- Eonaviega: comprende o Val interior do Eo (baixo administración galega) así como a totalidade das comarcas eonaviegas (galegofalantes) ata o río Frexulfe.
Divídese en dúas subáreas:
- A Veiga-Os Ozcos-Ibias
- Salave-Coaña-Boal
- Ancaresa: comprende a rexión galegofalante dos Ancares tanto baixo administración galega como leonesa.
- Oriental-central: comprende gran parte do territorio leste lucense e ourensán, a zona galegofalante da
comarca do Bierzo e unha pequena parte da Terra Eo-Navia. Divídese en dúas subáreas:
- A Fonsagrada-O Courel-O Bierzo
- Valdeorras-Viana do Bolo
- Zamorana: comprende unha pequena parte suroriental do territorio ourensán, e a zona da Portelas (actualmente baixo administración zamorana).
- Porto
- A Mezquita-Lubián
Reivindicación
Se ben tradicionalmente era unha reivindicación do nacionalismo, na
actualidade esta reivindicación tendeu a relaxarse e centrarse máis en
aspectos culturais (reivindicación da lingua), ficando como
reivindicación principalmente do independentismo (ben organizado,
Nós-Up, ben non organizado politicamente)
A pesar de que nas súas intervencións públicas o nacionalismo
maioritario non teña feito bandeira da reivindicación territorial, o
propio BNG recolle estas reivindicacións na súa Proposta de Estatuto de Galiza de 2005 onde, na
súa disposición final terceira, di:
Poderán incorporarse a Galiza
aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais,
económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos
que serán regulados por lei.
A posición tradicional do nacionalismo galego é a de negar a
lexitimidade e validez da división administrativa provincial de Javier de Burgos de 1833, cuxa
primeira manifestación foi o provincialismo. A
posición do nacionalismo anterior a 1936 é
claramente a de reivindicar estes territorios, desde a Xeración Nós até o Partido Galeguista, pasando
polo arredismo
ou a representación galega no IX Congreso de
Nacionalidades Europeas e como vén reflectido en numerosas
publicación afíns da época como A Nosa Terra, Nós
ou A Fouce.
En 1931,
o Anteproxecto de
Estatuto de Galicia redactado polo Seminario de Estudos Galegos, a
pesar de establecer no seu Artigo 4 que:
Art. 4º O territorio da
Galiza comprende as antigas catro provinzas da Coruña, Lugo, Pontevedra e
Ourense.
Alfonso Daniel Castelao foi un dos principais impulsores do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. incluía a continuación, no seu artigo quinto, unha clara referencia a estes territorios: |
Art. 5º Poderáse agregar ó
territorio da Galiza calquera outro colindante, por acordo dos dous
tercios dos seus eleitores, aprobado pol-a Asambreaia do Estado galego e
a lexislatura a que estivere sometido o territorio en cuestión; todo
isto co refrendo do Poder federal. O plebiscito ao cal se refire o
primeiro parágrafo deste artigo terá lugar por iniciativa do Consello do
Estado galego ou da vixésima parte dos eleitores do país que se trata
d'anexar.
Esta reivindicación mesmo se trasladará ao texto final do Estatuto de Autonomía
de Galicia de 1936 onde, no artigo 2 do Título I Preliminar, se
afirma:
Art. 2º Podrá agregarse a
Galicia cualquier territorio limítrofe de características históricas,
culturales, económicas y geográficas análogas, mediante los requisitos
que las leyes generales establezcan.
Logo da Transición, as correntes maioritarias do
nacionalismo tenderon a relaxar as reivindicacións neste sentido,
limitándoas na maioría dos casos a aspectos culturais, case sempre en
relación coa lingua. Deste xeito, a reivindicación de galeguidade destes
territorios quedou reducida por un lado, á propia minoría de habitantes
deses lugares que conservan unha identificación coa Galiza e, por
outro, a sectores independentistas.
Controversia
A existencia desta reivindicación dentro do nacionalismo galego
esperta certa controversia tanto na Galiza, coma nas terras irredentas
ou nos territorios aos que administrativamente pertence.
Un dos aspectos fund
amentais dentro do debate parte da propia definición de nación da cal se derivaría, en principio, a pertenza ou non destes territorios á nación galega. Case todas as definicións de nación actuais falan de aspectos "obxectivos" como dispor dunha lingua común, historia, costumes, etc., e máis duns factores "subxectivos" (a vontade dunha comunidade de pertencer a unha mesma entidade política) que serían precisamente o punto máis polémico sobre a galeguidade destes territorios.
amentais dentro do debate parte da propia definición de nación da cal se derivaría, en principio, a pertenza ou non destes territorios á nación galega. Case todas as definicións de nación actuais falan de aspectos "obxectivos" como dispor dunha lingua común, historia, costumes, etc., e máis duns factores "subxectivos" (a vontade dunha comunidade de pertencer a unha mesma entidade política) que serían precisamente o punto máis polémico sobre a galeguidade destes territorios.
Aínda que en boa parte das comarcas en cuestión poida existir un
sentimento de irmandade ou simpatía co pobo galego, ou mesmo un
sentimento de galeguidade aberta como demostra a existencia de
militantes de organizacións nacionalistas galegas na zona e os votos
obtidos por estas formacións as
posicións de pertencer a unha mesma nación chamada Galiza son moi
minoritarias.
Terra Eo-Navia |
O Bierzo |
As Portelas e Calabor |
PARA SABER MAIS CLICKEA NOS ENLACES:
usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
usuarios.multimania.es/aureano/textos_estremeiros.htm
vello.vieiros.com/galegoexterior/frias1.html
es.wikipedia.org/wiki/El_Bierzo
morales2011.blogspot.com.es/2011/05/o-bierzo-e-as-letras-galegas-2011.html
usuarios.multimania.es/aureano/galicia_bierzo.htm
e-spacio.uned.es/fez/eserv.php?pid=bibliuned:Llcgv-75DF4BB2-15B9-08F6-99DC-36F2C0405D35&dsID=A_Lingua_Galega.pdf
www.academiadelallingua.com/pdf/Informe_sobre_a_fala_ou_gallego_asturiano.pdf
usuarios.multimania.es/aureano/textos_estremeiros.htm
vello.vieiros.com/galegoexterior/frias1.html
es.wikipedia.org/wiki/El_Bierzo
morales2011.blogspot.com.es/2011/05/o-bierzo-e-as-letras-galegas-2011.html
usuarios.multimania.es/aureano/galicia_bierzo.htm
e-spacio.uned.es/fez/eserv.php?pid=bibliuned:Llcgv-75DF4BB2-15B9-08F6-99DC-36F2C0405D35&dsID=A_Lingua_Galega.pdf
www.academiadelallingua.com/pdf/Informe_sobre_a_fala_ou_gallego_asturiano.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario