Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa coas rías altas de Galiza |
As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte
setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral
polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación.
Incluíndo as denominadas Rías
Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a
parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra
ao suroeste.
Con todo, en hidrografía considérase que o cabo
Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente
ditas
e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:
- Ría de Ortigueira
- Ría do Barqueiro
- Ría de Viveiro
- Ría de Foz
- Ría de Ribadeo
A ría de Ortigueira, tamén chamada de Cariño e Ortigueira, é unha ría galega da provincia da Coruña, en Galicia, España.
Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan
os concellos de Cariño e Ortigueira.
Dándolle o seu nome á vila de Ortigueira, o porto máis importante é o
de Cariño, que se separou do seu anterior municipio en 1988.
- O río Mera é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.Nace a uns 752 m de altitude, no alto do Caxado (correspondente a sector meridional da Serra da Faladoira); segundo outros autores nace da confluencia do regatos Carrís e Soutochao. Percorre 29 km, facendo medio fronteira entre os concellos das Somozas, As Pontes de García Rodríguez, Cerdido e Ortigueira, onde desemboca (levando case sempre a dirección sur-norte) na ría de Ortigueira, formando a enseada do mesmo nome.Ten un caudal duns 5 m³, e ten unha cunca duns 127 km². Ao longo do percorrido recibe varios regatos, sendo o principal o Pulgueiro ou Pulgueira, que lle chega pola dereita.
RIA DO BARQUEIRO
A ría do Barqueiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia,
formada na desembocadura do río Sor
no mar Cantábrico. Forma parte das rías
Altas.
Sitúase entre os concellos do Vicedo na provincia de Lugo e Mañón
na provincia da Coruña. Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira.
Dálle nome á localidade do Barqueiro, porto
pesqueiro do concello de Mañón,
así mesmo ábrese á ría a capitalidade do Vicedo.
- O río Sor pertence á vertente cantábrica, pois flúe entre as provincias de Lugo e A Coruña, desembocando no mar Cantábrico, na Ría do Barqueiro. Discorre polos concellos de Mañón, Muras, Ourol e O Vicedo. Nace de dous pequenos regatos, o Xantas que ven do Montouto, e o Tras da Serra, que descende do Alto de San Xoán, en Ribeira (Ambosores)
A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia.
Forma parte das rías Altas.
Está formada pola desembocadura do río
Landro, está exclusivamente no concello de Viveiro.
Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona
residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas.
- O río Landro ou Landrove pertence á vertente cantábrica, e segue unha dirección S-N desembocando na ría de Viveiro. Nace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suloeste da serra do Xistral, a 800 m. de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recebe as augas dos regatos de A Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarito e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde A Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia da Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma un pequeno humidal. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol. En total percorre 42 km e a súa bacía exténdese por 268 km2.
A ría de Foz, é unha ría galega
da provincia de Lugo, en Galicia,
España.
Pertence ás Rías Altas.
Está formada pola desembocadura do río
Masma, as súas augas bañan os municipios de Barreiros
e Foz.
Facendo de límite entre ambos os municipios.
- O río Masma é un río da provincia de Lugo. Pertence polo tanto á vertente cantábrica.Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.A superficie da súa conca supera escasamente os 290 quilómetros cadrados.O lugar exacto do seu nacemento está na parroquia valadouresa do Cadramón a uns 920 metros de altitude, entre o cumio do Xistral e o do Cadramón. Inicialmente toma o nome de rego Pedrido ou río Pedrido, que pasa bordeando a parroquia alfocesa do Pereiro, atravesa as parroquias abadinenses de Montouto, Labrada e Romariz até entrar na parroquia mindoniense dos Remedios. Toma entón o nome de Río do Porto da Cal ao pasar preto da aldea de Estelo. Un pouco máis adiante, preto da aldea de Tronceda de Abaixo pasa a denominarse río Tronceda, entrando despois na parroquia de Viloalle, na que toma o seu nome definitivo de río Masma ao seu paso pola aldea da Igrexa, tras un breve treito no que coincide co rego Gontán. Cruza posteriormente as parroquias de Vilamor e Masma en Mondoñedo, Santa María de Lourenzá en Lourenzá, Cabarcos, Celeiro de Mariñaos e San Cosme en Barreiros e finalmente Vilaronte no concello de Foz. Os seus principais afluentes son o rego de Figueiras e o río Oirán pola esquerda, e o río Valiñadares e o rego do Batán pola dereita.
A ría de Ribadeo é a formada a partir do río Eo
xunto con outros ríos menores, como o río Grande. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural.
Colle o seu nome da principal vila ribeirá, Ribadeo,
a única situada baixo administración galega. Os outros tres enclaves
principais son, na beira asturiana e de norte a sur, As Figueiras, Castropol
e A Veiga. Recibe aportes de varios ríos, o Eo é o
principal deles, e outros son o Suarón e
o Monxardín (ambos desembocando na Veiga, Asturias) e o río Grande na zona galega. A saída ó mar
prodúcese na zona norte, entre os enclaves da Illa
Pancha na parte galega e a Punta da Cruz na asturiana (Castropol).
Polo interior na zona do río Eo, a variación mareal e polo tanto a ría
chega ata Abres, zona
final na que recibe o nome de ría de Abres.
Abrangue no seu interior unha zona de especial protección para as
aves (ZEPA). É destacable a avifauna da ría, asentada
na lama da súa parte interior (sur).
Xeoloxicamente, o mesmo que as outras rías, está
formada polo afundimento dun val fluvial. Na
actualidade está colmatada de materiais fluviais formando marismas na
súa primeira metade, e, facendo unha transición a materiais de orixe
mariño, na parte central forma os tesos ou tesóns.
No ano 2004
na ría de Ribadeo as instalacións portuarias ocupaban un 4% do espazo. A
comezos de 2006
completouse o recheo cunha extensión de 8.000 m2, no porto
de Ribadeo, instalacións de Mirasol. Con este recheo incrementouse a
área portuaria ata acadar o 5%.
- O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns. O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o atestigua Plinio ao falar dos Egobarri, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría. Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto (Ribadeo).
- Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
- Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
- Lonxitude: 91,5 km
- Afluientes principais
- Polo oeste: Ríos Rodil e Turía
- Outros afluentes
- Polo oeste: Río Liñeiras, Río Ouria
- Polo leste: Río de Ríotorto, Río de Trabada
- Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.
- O río Grande é un río da provincia de Lugo.Nace nos montes de Trabada, preto da aldea da FórneaBarreiros (atravesando a parroquia de Vilamartín Pequeno, e pasando pola de Cabarcos) e atravesa o de Ribadeo, regando as parroquias de Arante, A Devesa, Covelas, Cedofeita, Vilausende e Ove. Finalmente desemboca na marxe esquerda da Ría de Ribadeo aproximadamente nas coordenadas 43°30.25′N 07°3.2′W / 43.50417°N 7.0533°W.Os seus principais afluentes son o río Noceda e o río Pequeno pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura), e o río Lexoso pola dereita.Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na Ponte na parroquia de Covelas (coordenadas 43°29.78′N 07°8.53′W / 43.49633°N 7.14217°W).(correspondente ao mesmo concello).
No hay comentarios:
Publicar un comentario