lunes, 4 de febrero de 2013

Argelio Fernández Queipo: ''Todo está preparado para acoller a centos de visitantes''

01/02/2013 - Arturo Reboredo / El Progreso (Lugo)
 
A Feira do Butelo chega á súa décimo sexta edición, como un certame solidamente consolidado. Como é habitual nos últimos anos por estas datas, prevese que centos de persoas acudan en masa á Fonsagrada para render merecido tributo ao que, sen dúbida, é o rei gastronómico da montaña luguesa. Pero máis aló das súas excelencias culinarias, o butelo é o «grande embaixador destas terras, de tal maneira que A Fonsagrada non se entendería sen o butelo e o butelo carecería de sentido sen A Fonsagrada», segundo comenta o alcalde da vila, Argelio Fernández Queipo.

Argelio Fernández Queipo (Foto. XESÚS PONTE)
 Que expectativas teñen para a feira deste ano?
A Feira do Butelo é un evento que está totalmente consolidado e o seu poder de convocatoria está fóra de toda dúbida. As expectativas son similares ás dos últimos anos, polo que é previsible que a vila se encha un ano máis de animación, con moita xente procedente de lugares tan diversos como Lugo, Asturias, León ou A Coruña, entre outros moitos.
Só falta que a climatoloxía tamén axude.
As datas son as que son. O butelo é un produto invernal e esta estación na Fonsagrada é como é. Só pedimos que non caia unha nevada forte como estes días atrás. Pero sexa como sexa, os que nos visiten estes días poden ter a seguridade de que serán moi ben recibidos e que puxemos todos os medios para que a súa presenza na feira sexa o máis cómoda posible. Para iso, como é tradicional, instalamos na Praza do Museo unha carpa de case 1.000 metros cadrados de superficie, que é onde se desenvolverá o evento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario