jueves, 7 de febrero de 2013

O ENTROIDO EN GALICIA: BREVES APUNTES DA GALIPEDIA



entroidoantroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.
O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interés turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

[editar]
Entroido ou carnaval

A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuenteentroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O entroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francésmardi gras, literalmente "martes graxo" (derivado de graxa, touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo "carnaval" (así no Brasil]). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.

[editar]Orixe da palabra carnaval

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe, segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas de España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).
Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.
Pero a fins do século XX varios autores ]comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí).

[editar]Calendario

Cigarrón no entroido de Verín.
O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.
É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda. En realidade non é o ciclo máis longo pois este é o de Laza onde o ciclo comeza segundo se dan as badaladas o día de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións máis longos que o entroido de Xinzo o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, segundo en que momento de febreiro ou marzo caia o entroido pois en Verín o ciclo dá comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo dá comezo o día de Candelas (2 de febreiro).
As súas datas fundamentais, por orde, son:
  • Domingo fareleiro
  • Domingo oleiro
  • Xoves de compadres
  • Domingo corredoiro
  • Xoves de comadres
  • Domingo de entroido
  • Luns de entroido
  • Martes de entroido
  • Mércores de cinza
  • Domingo de piñata
Non en todas as vilas se conservan ou existiron todas estas festividades. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de entroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de entroido.

[editar]As máscaras

Boteiro, Vilariño de Conso.
As máscaras do entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:
  • As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do entroido deCotobade.
Tamén existen outros costumes:

[editar]A comida do entroido

As filloas non poden faltar no entroido.
Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.
Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizoslacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.
Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os platos máis típicos do entroido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario