...............................
A Fonsagrada despediu ao grande a décimo quinta Feira do Butelo nunha xornada de sol espléndido, pero temperaturas xélidas. Centos de persoas de municipios limítrofes e doutros puntos de Galicia, Asturias e Castela-León achegáronse á localidade para visitar o certame, comprar butelos e, de paso, degustar un cocido nalgún establecementos hostaleiros. Os postos instalados mostráronse satisfeitos coas vendas. Entre as novidades deste ano, destacou o posto de madeira que instalou a Sociedade Cooperativa Madefon, un serradoiro fonsagradino especializado en traballos con madeira de castiñeiro. Tamén chamou moito a atención outro de navallas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario