26/05/2012 - F. G / El Progreso (Lugo)
A empresa cárnica Casa Castelao, da Fonsagrada, aumentará as liñas de produtos que ofrece no mercado e triplicará a súa capacidade nun prazo de cinco ou seis anos, tras a ampliación das súas instalacións, ás que se destinou un millón de euros, dos cales a Consellería de Medio Rural e Mar achegou 300.000 euros.

A ampliación das instalacións, que pasan de 1.000 a 2.500 metros cadrados, consistiu en aumentar a superficie da sala de fabricación, con dúas novas áreas para produtos cocidos e loncheados. Tamén se aumentaron as cámaras de frío e os secadoiros, ademais de facer unha adega natural. Ademais, creouse unha zona de tenda para vender directamente ao consumidor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario