lunes, 16 de septiembre de 2013

O Encontro de Ferreiros da Fonsagrada homenaxea este ano á trompa

13/09/2013 - El Progreso (A Fonsagrada)
A Fonsagrada celebra unha nova edición do Encontro de Ferreiros, que reunirá desde hoxe ata o domingo a ducias de artesáns que renderán este ano unha especial homenaxe á trompa, instrumento típico da zona.
A deputada de deseño e artesanía, Regina Polín, e o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, presentaron onte o evento, impulsado polas dúas administracións, xunto coa Asociación Cultural de Ferreiros da Fonsagrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario