lunes, 25 de julio de 2016

Cunha 'fortuna' na barra do bar



Bolaño, propietario do restaurante Cantábrico, xunto a algúns dos billetes que adornan a súa barra. J. VÁZQUEZ 


O mostrador do Cantábrico, na Fonsagrada, acumula diñeiro procedente de medio mundo ►Viaxeiros de diversos puntos do globo continúan cun ritual iniciado hai anos por un anónimo

O mapa dos tesouros que agocha A Fonsagrada ten unha das súas cruces no restaurante Cantábrico. En pleno centro da vila, e con máis de 20 anos aberto ao público, este local non é só especial por utilizar produtos típicos da zona para elaborar as súas famosas comidas. Aquí, dende hai certo tempo, vénse acumulando unha fortuna moi particular.
República Dominicana, México, Venezuela, Marrocos, Líbano ou mesmo Australia e China son algúns dos países de orixe de moitos dos billetes que locen no seu mostrador. A orixe, segundo conta Bolaño, dono do Cantábrico, non aparecía escrita en ningún guión. "Todo isto comezou cun estranxeiro que tivo a ben cravar unha moeda na viga que hai sobre a barra", explica o propietario, quen di que nunca lle pediu a ninguén que deixara nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario