08/05/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (A
Montaña)
O alcalde da Fonsagrada, o socialista Argelio Fernández Queipo,
avanzou que o seu grupo presentará no pleno do próximo xoves unha
moción para solicitar á Xunta que actúe sobre o inmoble que adquiriu
para habilitar un albergue.
Trátase dun edificio situado no centro da vila, coñecido como
casa Pasarín, e que está catalogado como ben de interese cultural (BIC).
O Goberno bipartito adquiriuno para convertelo en albergue, pero tras o
cambio de Executivo o proxecto quedou estancado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario