domingo, 27 de mayo de 2012

Casa Castelao triplicará a súa produción con novas liñas



26/05/2012 - F. G / El Progreso (Lugo)
A empresa cárnica Casa Castelao, da Fonsagrada, aumentará as liñas de produtos que ofrece no mercado e triplicará a súa capacidade nun prazo de cinco ou seis anos, tras a ampliación das súas instalacións, ás que se destinou un millón de euros, dos cales a Consellería de Medio Rural e Mar achegou 300.000 euros.
A nova sede de Castelao foi inaugurada onte pola tarde, coa asistencia do director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto. Así mesmo acudiron o presidente de Filmax, Julio Fernández, parente dos propietarios da empresa, e o alcalde fonsagradino, Argelio Fernández.
A ampliación das instalacións, que pasan de 1.000 a 2.500 metros cadrados, consistiu en aumentar a superficie da sala de fabricación, con dúas novas áreas para produtos cocidos e loncheados. Tamén se aumentaron as cámaras de frío e os secadoiros, ademais de facer unha adega natural. Ademais, creouse unha zona de tenda para vender directamente ao consumidor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario