31 de maio de 2012
05:00
GMT
A empresa eléctrica Begasa acaba de realizar un
investimento de 59.000 euros na rede de distribución da Fonsagrada, onde
puxo en marcha un novo dispositivo de corte na liña de alta tensión que
vai desde a subestación de Meira, no lugar de Ouviaña. Segundo informou
a compañía, trátase dun mecanismo de automatización que se pode operar
desde o centro de control, para a xestión da distribución pola rede de
alta tensión.
O novo aparello permite detectar de forma
inmediata as incidencias, reducindo os tempos de resposta e resolución.
Begasa afirma que a partir de agora 4.000 habitantes dos municipios da
Fonsagrada e Ribeira de Piquín beneficiaranse dunha notable mellora na
calidade da subministración eléctrica.
A nova instalación, situada na parroquia dos
Baos, súmase a outras xa acometidas pola empresa na provincia de Lugo
nos últimos anos. Todas están concibidas para manter de forma constante a
mellora do índice TIEPI, que mide o tempo de interrupción da
subministración por avarías e outras incidencias. En febreiro completou
outro programa de mellora das redes de media tensión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario