11/05/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso
(Lugo)
O pleno da Fonsagrada aprobou por unanimidade na súa sesión de
onte unha moción do PSOE para esixir a Patrimonio que constrúa o
albergue proxectado na casa de Pasarín e free a progresiva deterioración
do inmoble.
Os
socialistas recordan que no ano 2009 a Sociedade de Xestión xo Xacobeo
adquiriu o edificio, que está declarado ben protexido e situado no
centro da Fonsagrada, para rehabilitalo como albergue de peregrinos.
O proxecto de obra presentouse en setembro de 2009, recibiu o
informe favorable de Patrimonio en decembro e, dez meses despois, en
outubro de 2010, a licenza municipal. Desde entón, os trámites están
parados e a Xunta non comezou as obras nin presentou o proxecto de
execución ao Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario