-
30/08/2010 - Pilar G. Cheda / El Progreso (Lugo)
CHEGOU Á ALCALDÍA de rebote, cunha maioría moi axustada. Enriba da mesa, moitos temas pendentes: un proxecto de residencia que leva anos dando guerra, unha ameaza de embalse que vén do século pasado e boas intencións dun home que se define como «ambicioso, pero non iluso». Tras tres anos, di que aínda ten ánimos para repetir. Dirixe un pobo que non traba a lingua, difícil de contentar, forxado con auga e lume en terra de ferreiros. Hai tres anos, Argelio Fernández Queipo colleu as rendas do Concello da Fonsagrada e advertiu a quen quixo oír que a súa non sería unha política de trapos sucios.
Estreou neste mandato o cargo de alcalde. Que balance fai?
Houbo un cambio importante nos últimos tres anos. Apostamos por dar un servizo personalizado a cada cidadán en base ás necesidades e ás posibilidades do Concello. O obxectivo é achegar servizos básicos a tódolos núcleos, dende as novas tecnoloxías ata a recollida do lixo ou o acondicionamento das vías de comunicación. Tamén se remodelou a vila. Botouse aglomerado en quente nas rúas, melloráronse o alumeado e as canalizacións e fixéronse aceras novas.
En que se centrará no que queda de mandato?
Temos presentado o proxecto para a construción da residencia de maiores na Secretaría Xeral de Familia e Benestar e, se o aceptan, a obra debería empezar xa. Visto o interese manifestado pola Xunta, o PP e o seu presidente provincial, José Manuel Barreiro, espero que o investimento se faga neste ano. Non se pode chegar ás eleccións con isto no aire. Xa está ben de facer uso político dunha necesidade porque a xente está farta de que lle tomen o pelo. Se a Xunta finalmente non se compromete, buscaremos financiamento debaixo das pedras, pero o proxecto ten que saír adiante.
E que foi do polígono industrial?
Levamos desde xaneiro esperando por un simple informe da Xunta para modificar o uso do solo.
E o proxecto da variante da Fonsagrada?
O proxecto está feito, pero falta vontade política para investir nel. Emilio Pérez Touriño comprometeu a obra cando era presidente para sacar o tráfico pesado do medio da vila. O actual presidente, Alberto Núñez Feijóo, debería ter en conta a palabra do seu antecesor, á marxe das cores políticas, e cumprir o prometido.
Tamén quedou pendente a obra da nova casa do concello.
Presidencia ten o noso proxecto, esperemos que o avale porque temos o peor concello de Galicia.
Hai actuacións pendentes tamén do Goberno central.
Si, acabamos de adquirir o solar que faltaba para o cuartel da Garda Civil e agora estamos á espera dos trámites que nos requiran. Tamén está encargado o proxecto da traída de auga da vila dende O Muradal. Estanse buscando alternativas ó sistema actual de bombeo dende o río.
Vostede cre que se fará finalmente a presa do Navia?
Espero que non. O Concello sempre se opuxo e a última medida foi a aprobación por unanimidade do pleno dunha serie de alegacións para tentar frear o proxecto.
E que hai das ansiadas piscinas?
Onde están empezadas non se poden facer. Atópanse nun cauce e baixo unha liña eléctrica. Creamos unha comisión con tódolos grupos municipais para buscar unha nova ubicación.
Como vendería A Fonsagrada?
É ese concello que está tan cerca e que é tan descoñecido para o resto de Galicia. Ten unha riqueza paisaxística, arqueolóxica e etnográfica impresionante.
Cal é o seu futuro?
A gandaría é moi importante, pero tamén hai que potenciar a industria e ampliar a oferta turística de calidade. O turismo rural axuda a asentar poboación nos núcleos. É imprescindible dar unha oferta complementaria para facer máis atractivos os establecementos, por iso insistimos, por exemplo, no acondicionamento de rutas de sendeirismo.
Cando van percibir os veciños para qué vale a reserva da biosfera?
Os alcaldes fixemos unha asociación para xestionar as axudas do Ministerio de Medio Ambiente. Recibiremos dez millóns de euros en cinco anos para repartir entre 14 concellos. Un dos primeiros investimentos será a instalación de internet nas zonas rurais.
A televisión dixital terrestre (TDT) é outra asignatura pendente, e iso que A Fonsagrada foi municipio piloto na implantación.
Aínda hai bastante xente que non recibe o sinal de TDT. O Concello colocou dous postes máis e aí están, á espera de que a Xunta instale os repetidores. Nós fixemos a nosa parte, pero falta a súa.
MOI PERSOAL
Sabe cociñar?
Si. Por cuestións de traballo vivín eu so un ano en Suíza e tres en Asturias e tiven que aprender. Gústame cociñar, en especial os guisos e as pastas. Pero a primeira vez que fixen arroz botei tanto que levantou a tapa e foise da pota. Acabei tirando todo.
Pasoulle algunha vez o ferro a unha camisa?
Si, pero recoñezo que o fago moi pouco.
Axuda algo na casa?
Son o mozo para todo, o encargado do mantemento. Vivo no campo e hai que saber facer de todo. Desfruto especialmente traballando a madeira.
Que afeccións ten?
Gústame a caza, pero vou pouco porque non teño tempo. Tamén me gusta ler e ir ó cine.
Cal é o seu mellor trofeo de caza?
Un xabarín que teño colgado na casa, un macho vello moi potente e cuns grandes dentes.
E que está lendo agora?
'El oasis perdido'. Trata sobre Exipto, un tema que me atrae e do que xa teño lido outras cousas.
Que música lle gusta?
Menos o bacalao, escoito calquera cousa, pero a miña favorita é a música folk. Gústame moito Pepe Vaamonde Grupo.
Que tal se leva coas novas tecnoloxías?
Internet pilloume a contrapé. Miro o correo electrónico porque o necesito para traballar e fago catro cousas sinxelas, pero gústame seguir escribindo a man na axenda. O meu contacto coas novas tecnoloxías é máis por obrigación que por devoción.

FICHA DO CONCELLO
O concello da Fonsagrada é o primeiro produtor de Ternera Gallega Suprema grazas ó esmerado coidado dos gandeiros na selección de reses. A excelente gastronomía que lle dá fama responde non só á existencia de bos cociñeiros, senón á utilización nos seus pratos de produtos de primeira calidade.
Riqueza natural
A Fonsagrada destaca pola riqueza natural. As montañas que caracterizan a súa xeografía conforman fértiles vales que esconden soutos, fragas e carballeiras centenarios. As seimeiras son un dos seus distintivos e presiden algúns dos recunchos máis espectaculares do municipio.
Música
Os fonsagradinos conservaron o birimbao, un instrumento musical que foi desaparecendo no resto de Galicia e que grazas á constancia dos tocadores da montaña lucense se puido salvar do esquecemento.
438,45 quilómetros cadrados
É a superficie do concello, o máis extenso de Galicia e o segundo de España. A súa poboación, moi dispersa, ronda os 4.500 habitantes.

Para máis informacion:
No hay comentarios:
Publicar un comentario