A conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, censurou este mércores a "falta de planificación" da Xunta bipartita, que programou escolas infantís, fundamentalmente, en concellos gobernados polo PSOE e o BNG, a pesar de que nalgúns deles "non hai nenos para enchelas".
A titular do departamento puxo como exemplo os casos da Bola (Ourense) e A Fonsagrada (Lugo), onde hai "máis traballadores que nenos".
Mato fixo estas declaracións no pleno do Parlamento galego, en resposta a unha pregunta da deputada socialista Beatriz Sestayo, quen cualificou de auténtico "caos" a situación do anterior Consorcio de Servizos Sociais e denunciou que a apertura de prazas por parte da Xunta actual é posible porque "abriron, con demoras de máis dun ano" as escolas que estaban programadas polo bipartito. "Tiñan que estar a funcionar xa 2.500 novas prazas", afirmou Sestayo.
Na súa contestación á parlamentaria do PSOE, Beatriz Mato asegurou que a Xunta puxo en funcionamento 1.496 novas prazas de escolas infantís desde o cambio de goberno —o que supón un crecemento do 10%, engadiu— e comprometeu a creación de 500 prazas máis no que queda de ano. O obxectivo para finais de 2013, segundo recolle o Plan de Actuación Social presentado o pasado mes de marzo, é habilitar 4.000 prazas máis de garderías.
Replicou que foi "este Goberno o que puxo en funcionamento as novas prazas" e anunciou que o próximo ano prevén pór en funcionamento un milleiro máis. "Co bipartito non había planificación nin rigor", criticou a conselleira, responsabilizándoo de que "hoxe os galegos temos que pagar 700 prazas baleiras", por crear escolas "onde non hai nenos”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario