lunes, 6 de septiembre de 2010

Ganderías de Vilalba e Guntín copan os trofeos da feira da Fonsagrada



As reses de dous gandeiros de Vilariz, en Vilalba, e San Mamede, en Guntín, coparon os primeiros postos de todas as categorías do concurso da feira de gando da Fonsagrada, que se celebrou na mañá de onte.
As categorías de participación establecéronse en función do sexo do animal e a raza, loura galega ou asturiana. Tamén houbo categoría para becerros e lotes de gando, sendo indispensable que cada lote estivese formado por polo menos sete exemplares de vaca e un touro. Antolín Alonso Arias, gandeiro de Vilariz, resultou gañador tanto na categoría de lote de gando de raza loura galega como nos individuais, por touro e vaca desta raza.
Na categoría de loura asturiana a vencedora foi Ana Rosa Alonso Arias, de San Mamede. A gandeira obtivo tamén o primeiro posto no lote desta raza e a categoría de becerros.
Un centenar de reses foron expostas no día de onte na trixésimo quinta edición da mostra-concurso, que tivo lugar no mercado gandeiro comarcal. A ela asistiron numerosos gandeiros da comarca xunto ás súas reses, todas elas de raza loura galega ou asturiana.
Na edición deste ano repartíronse premios por valor de 4.000 euros, que foron distribuídos entre os máis votados de cada categoría. Os tres primeiros postos de cada unha recibiron, ademais, un trofeo en conmemoración do seu triunfo.
Poxa
A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Loura Galega (Acruga) poxou tamén onte cinco exemplares de novilla. Todas elas foron vendidas a un prezo medio de 1.700 euros e foron adquiridas por catro gandeiros da zona da Mariña e un local, da Fonsagrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario