viernes, 15 de enero de 2010

O temporal de choiva e vento deixa dous feridos, prolongados cortes de luz e numerosas incidencias en Lugo





O inesperado temporal de vento e choiva que azoutou Galicia na madrugada deste xoves volveu deixar tocadas as instalacións eléctricas da provincia de Lugo, onde máis de 30.000 persoas (ao redor dun dez por cento da poboación) quedaron sen luz. Aínda que Begasa e Gas Natural-Unión Fenosa traballaron durante todo o día por recuperar o servizo, á caída da noite uns 2.500 fogares aínda seguían sen luz.
A situación recordou moito, sen chegar a ser tan tremenda, á ocorrida co Klaus hai case un ano. Precisamente, as primeiras impresións apuntan a que o ocorrido na madrugada foi exactamente o mesmo fenómeno, unha ciclogénesis explosiva.
O vendaval, do que non houbo alerta previa, deixou un rosario de incidencias por toda Galicia. O 112 atendeu unhas catrocentas entre a medianoite e as oito e media da mañá. O peor momento, polo menos na provincia de Lugo, foi ao redor das catro, cando se iniciaron os apagamentos.
O 112 deu conta de caídas de árbores sobre estradas en Monterroso, Friol, Palas de Rei, Guitiriz, Láncara, A Fonsagrada, Lugo, Baralla, O Páramo, Becerreá e A Pobra de Brollón, entre outros. Noutras zonas, as árbores levaron por diante cables de telefonía e de subministración eléctrica.
Na estrada local das Nogais a Nullán, na Montaña lucense, rexistrouse un accidente cunha persoa ferida ao caer unha árbore sobre o seu vehículo. Polo mesmo motivo outra persoa sufriu pequenos danos no municipio de Ribas de Sil.
Na provincia rexistráronse refachos de vento de ata 125 quilómetros por hora, na zona da Montaña. O ocorrido é consecuencia do paso dunha forte borrasca, xa desactivada, á que este venres seguirá outra que puxo en alerta laranxa o litoral da provincia de Lugo.
Os cortes de luz, sufridos en máis de 30.000 fogares, afectaron a numerosas zonas rurais e periurbanas, como é o caso de Calde ou As Arieiras, no municipio de Lugo. Nesta última zona, a luz, que se foi ao redor das catro da madrugada, volveu sobre as seis da tarde. En Calde, onde se recuperou ao redor das nove (dezasete horas despois), no hospital funcionaron todo o día grazas a xeradores eléctricos.
Os cortes foron provocados pola caída de árbores sobre o tendido eléctrico. Gas Natural asegurou que ao redor das oito e media da tarde, dezaseis horas despois de que pasase o peor do temporal, normalizara a subministración eléctrica en toda a provincia, onde se viron afectados cinco dos municipios cubertos por esta empresa. Peor foi a situación no territorio atendido por Begasa, onde uns 30.000 abonados quedaron sen luz.
Pouco logo das oito da noite, Barras Eléctricas informaba de que restablecera o servizo ao 92 por cento dos afectados. En canto aos pouco menos de 2.500 fogares que aínda continuaban sen subministración, a empresa aseguraba que ía traballar de noite para terminar de solucionar as avarías.
No caso de Fenosa, as zonas máis afectadas foron Baralla, Palas de Rei e Guntín. Na zona de Begasa, o foron Castro de Rei, A Pastoriza, Guitiriz, Begonte e Lugo capital.

Un vendaval inesperado de ata 160 km/h deixou sen luz a 230.000 galegos




Os fortes refachos de vento que na madrugada de onte fixeron recordar ao ciclón Klaus en vésperas do seu aniversario foron aínda máis problemáticas polo imprevisto do temporal. A forza do vento, que alcanzou a súa velocidade máxima na estación de Ons con 160,3 quilómetros por hora, non motivou ningún tipo de alerta previa por parte de Protección Civil, pois as previsións meteorolóxicas circunscribían os efectos da borrasca ás zonas marítimas da comunidade.
Con todo, os cortes de luz motivados polas múltiples caídas de árbores deixaron a 230.000 galegos sen enerxía eléctrica nos seus fogares nas horas álxidas do vendaval -entre as dúas e tres da madrugada-, unha cifra que se reduciu practicamente á metade a media mañá. Uns 200.000 eran usuarios de Gas Natural-Unión Fenosa, compañía que referiu as súas incidencias máis importantes en Betanzos, Sigüeiro e Bergondo. Outros 30.000 eran abonados de Begasa en concellos da provincia de Lugo como Guitiriz e Castro de Rei, onde os cortes duraron ata preto da unha da tarde. Noutros próximos, como Begonte e Cospeito, o corte foi máis breve e restableceuse antes. Sobre a unha e media da tarde permanecían sen luz unhas 26.000 persoas. Este xornal puido comprobar que a media tarde de onte aínda había abonados sen servizo en municipios como Miño, Bergondo e Abegondo. Gas Natural deu por restablecida a normalidade ás 20.30 horas.
O rastro da borrasca deixou os seus escenarios máis caóticos na costa sur de Galicia, especialmente en Vigo, Pontevedra e a ría de Arousa. Nestas zonas numerosas embarcacións acabaron en seco, mentres que o vento provocaba múltiples desfeitas con árbores caídas e tellados de uralita polo aire. A Xunta informou de polo menos 60 incidencias nas estradas, pero ningunha da rede autonómica tivo que ser cortada, aínda que a A-55, en Vigo, viuse afectada durante unha hora pola caída dun eucalipto. Na hora escasa que durou o vendaval, o servizo de urxencias do 112 rexistrou ata 400 chamadas.
Algúns sustos poderían causar males maiores. É o caso do guindastre de obra que caeu ao redor das tres da madrugada sobre tres edificios do centro de Carral, unha infraestrutura que permanecía instalada nunha obra paralizada e que ninguén se preocupou de retirar. De feito, a licenza caducara o pasado 30 de novembro.
No entanto, a caída de árbores só provocou tres feridos leves, dous na provincia de Lugo (nos municipios das Nogais e Ribas de Sil) e outro no Porriño (Pontevedra), pola caída de árbores sobre os seus coches. Lugo foi a provincia na que máis escolares quedaron sen clase (uns 500).
As instalacións agrícolas e gandeiras, así como as pesqueiras, foron máis castigadas, ata o punto de que Unións Agrarias reclamou axudas á Xunta para paliar os danos.

jueves, 14 de enero de 2010

Los alimentos se encarecieron un 500% desde el campo al supermercado en 2009

PUBLICO

Un simple viaje desde el campo al supermercado provoca que los alimentos se encarezcan un 490%, de modo que el diferencial medio entre origen y destino se incrementó un 9% con respecto a 2008, cuando la diferencia entre lo que le pagan al agricultor y lo que cobran las grandes cadenas de distribución ya era de un 450%.
Así lo refleja el balance anual del Índice de Precios en Origen y Destino de los Alimentos (IPOD), elaborado por la Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG) y las organizaciones de consumidores UCE y Ceaccu.
Según estos datos, en 2009 la renta agraria descendió un 5,3% y los precios pagados por el consumidor fueron más bajos. "Los precios en el campo están por los suelos y los márgenes comerciales por las nubes. Las producciones agrarias no están generado valor añadido para los agricultores y ganaderos, pero sí importantes beneficios para otros eslabones de la cadena, caso de las grandes cadenas de distribución", sostuvo el responsable de Mercados Agrarios de COAG, Miguel Padilla.
Por meses, cabe destacar la escalada del IPOD en el inicio de la época estival. En junio y julio, las diferencias entre el campo y el hogar alcanzaron su máximo histórico, al pagar 6 veces más por los productos.
En 2008 también se dio esta tendencia, y así los meses de verano acumularon los márgenes más escandalosos. "Y es que la gran distribución hace su agosto en estos meses ante un mayor consumo de fruta", puntualizó Padilla.
Las patatas se encarecen un 1.483%
Había un dicho en España que decía que las patatas son la carne de los pobres, por su valor alimenticio y su menor precio. Pues el consumidor paga un 1.483% más por este producto que lo que vale en el campo. No es el único alimento con margenes escandalosos: Los tomates (1.026% en julio del mismo año), zanahorias (1.225% en diciembre), melones (1.400% en julio), sandías (1.717% en julio) pepino (1.500% en mayo), limones (1,167% en mayo) y calabacín (1.006% en mayo), fueron los alimentos que más se encarecieron en el viaje de la huerta a la mesa.

En ganadería, la carne de cerdo (500% de media) y la ternera, (425% de media) lideraron el ranking.
La UE quiere poner manos en el asunto
En el Consejo de Ministros de Agricultura de la UE de la próxima semana, los ministros de los 27 abordarán el tema de la cadena de valor de los alimentos y posibles medidas para que los agricultores puedan participar más y mejor en el precio final que adquieren los productos agrarios. COAG ha pedido a la ministra Elena Espinosa modificaciones normativas para conseguir una mayor transparencia en la cadena agroalimentaria en aras de garantizar unos precios justos, por encima de costes, para todos los agentes que participan en el proceso.
"El Parlamento y Comisión Europea han reconocido el abuso de poder de la gran distribución en la cadena agroalimentaria; es hora de que los gobiernos tomen decisiones para acabar con la indefensión de productores y consumidores. Además, deben abordar el problema de fondo: la desregulación de los mercados, caldo de cultivo para que la gran distribución campe a sus anchas e imponga condiciones y precios a los eslabones más débiles", concluyó el portavoz de COAG.

O forte vento desta madrugada deixa un reguero de incidentes por toda Galicia




O forte vento desta madrugada provocou un reguero de incidentes por toda Galicia, é especial nas provincias da franxa atlántica. O servizo de urxencias 112 tivo durante a noite decenas de incidencias con caída de árbores, desprendementos de terra e de uralita e tezas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Ademais houbo cortes de luz en moitas poboacións galegas e que aínda duran en moitas delas. En Vigo, un forte refacho de vento só os amarres dun buque en construción. As previsións de Meteogalicia eran de ventos fortes no litoral para a madrugada, con forza 7 a 8 na costa da Coruña e 8 a 9 no litoral de Pontevedra aínda que o fenómeno foi máis forte do previsto.
Por provincia, na Coruña, moitos barrios da cidade herculina e outros municipios sufriron cortes de luz durante a madrugada. En Betanzos e en Ordes estiveron sen sumunistro eléctrico máis de seis horas, desde as tres da madrugada ata logo das nove.
Na rede viaria, está cortada a N-634 en Teixeiro por un pequeno desprendemento de terra. Tamén houbo árbores caídas na A-6e moitas estradas secundarias. No municipio da Coruña houbo especiais problemas en zonas como A Zapateira, Feáns, Salvador de Madariaga e Monte Alto, entre outras. Os bombeiros tiveron que realizar once saídas en pouco máis dunha hora sobre as catro da madrugada.
En Ordes , ademais de sufrir cortes de luz, voou parte do tellado da praza de abastos que está a ser retirado a tal hora polos bombeiros.
Na cidade de Ferrol está afectada principalmente a rede secundaria de estradas por caídas de árbores.
En Santiago houbo durante a madrugada incidentes menores como tezas caídas e colectores movidos polo vento, especialmente no campus sur. Producíronse cortes de luz que ás sete da mañá aínda continuaban nas zonas de Salgueiriños e San Lázaro.
En Boiro , en Cabo de Cruz, hai varias embarcacións afundidas e voou parte do teito dun colexio.
Na provincia de Pontevedra, os servizos de urxencia tamén tiveron que traballar arreo esta madrugada. En Vigo , o forte temporal de vento que afectou esta madrugada a Galicia soltou os amarres dun buque en construción que chocou contra outro barco atracado nos peiraos do estaleiro vigués Fillos de J. Barreiras. O accidente produciuse sobre as dúas da madrugada. «O barco soltou amarras e foise contra outro buque, que sufriu importantes danos materiais», explicaron os prácticos do Porto de Vigo, á vez que relataron que foi necesario «activar todos os servizos de urxencia».
Ademais a autovía A-55 estivo cortada durante unha hora por mor dun eucalipto e a tal hora os bombeiros e os efectivos de Protección Civil da maioría de localidades traballan desde a madrugada para retirar as árbores e as ramas caídas, segundo informaron fontes de Protección Civil e dos Grumir. Os bombeiros tiveron que realizar durante a madrugada máis de trinta saídas para retirar árbores caídas, valos e uralitas e tezas dos tellados. En Pontevedra producíronse incidencias similares.
Na Illa de Arousa varias embarcacións soltáronse dos seus amarres e acabaron varadas na praia, mentres que en Vilaxoán o vento e o mar levaron por diante unha parte do peirao. A estrada que une Marín e Figueirido está cortada, así como a vía que une Pontemaceira e Ames na provincia da Coruña.
Na provincia de Lugo, hai numerosas estradas afectadas pola caída de árbores. Municipios como Monterrei, As Nogais ou Pas de Rei son os máis afectados. Ademais as fortes choivas deixaron inundacións en estradas da Terra Chá, no municipio de Castro de Rei.
Na provincia lucense dúas persoas resultaron feridas pola caída

JOSé REGADíO CORREU COA REDACCIóN DO ALMANAQUE AGRíCOLA DESDE MEDIADOS DO SéCULO PASADO

O sacerdote José Regadío faleceu o pasádo sábado aos 89 anos de idade por mor dunha neumonía. Regadío era responsable da edición do célebre alamanaque agrícola Mintireiro verdadeiro desde a súa fundación. Esta foi unha das escasas publicacións periódicas que se mantiveron na nosa lingua ao longo da dictadura franquista. A continuidade da cabeceira está en entredito. O propietario da imprenta que o tiraba, Norgraf, sinalou que Regadío tiña comentado que debería buscar outro redactor para cando ele faltase.

REPORTAXE NO PAIS

"Se dormes cunha baraza, ou un edredón, roncarás na cama como un roxón, roncando a trompeta, mesmo tamén ou trombón... Déasche xeito, nada tolo, nen ti nin eu de frío morro". Para xaneiro de 2010, José Regadío Vázquez, autor do Mintireiro Verdadeiro, anunciaba "pantanos a rebentar", terras "ensopadas", xeadas "recuncadas", carambos nos tellados e esvaróns no xeo.

Co seu galego "enxebre, rancio e puro, que é o bo", o agorero do tempo en Galicia acertou bastante no meteorolóxico, pero non predixo que deste mes el non ía pasar. O próximo 28 ía cumprir 90 anos, levaba tempo achacoso, con continuos ingresos hospitalarios, pero ao final, nin o edredón o salvou. Os últimos fríos que el prognosticou leváronllo por diante. No corpo dos vellos, aínda nestes que de mozos foron recios e algo enredantes, a pneumonía entra con liberdade como eses cúmulos e cirros que don José amaba tanto, precisamente porque son libres (" Que bonita afección a de coleccionar fotos de nubes! ").

O sábado pasado o sacerdote que editaba dende 1951 o único almanaque agrícola galego de iniciativa privada (Ou Gaiteiro de Lugo tamén o foi, pero agora corre por conta da Deputación) morreu sen moitos amigos, sen unha parroquia na que dar misa, sempre tirante co clero veciño pero con moitos lectores fieis dende o Atlántico ata o Bierzo.

O Mintireiro Verdadeiro chegou a ser un best seller, a única lectura anual para moitos habitantes do país, e o cura de Filgueira (Pas de Rei), que en realidade nacera, en Monterroso, facía unha tirada de 15.000 unidades. Norgraf, a imprenta de Lugo que agora se encargaba de sacalo á luz, distribuíu este ano nos quioscos da comunidade 6.000 exemplares e tamén recibiu pedidos de Madrid e Barcelona, porque por España adiante existen coleccionistas do libro. Á marxe disto, existe un mercado paralelo, e alleo á imprenta, que se encarga de distribuír máis de 10.000 copias, unha sorte de top manta que triunfa nas aldeas máis remotas ás que non chegan os mintireiros oficiais. A estas alturas de 2010, algúns quioscos que pediron 200 exemplares esgotaron as existencias e non hai para repoñer.

Regadío non se mollaba nada. Co seu galego vulnerador de todas as normas académicas, o seu amor polas palabras en risco de extinción e a súa redacción embrollada e xoguetona daba uns prognósticos tan ambiguos como un horóscopo. "Por iso o de mintireiro verdadeiro", aclara Manolo, o seu cuñado, "porque llo inventaba todo pero acertaba bastante" a pesar de empezar a redactar os textos con ano e medio de antelación. O nome ocorréuselle aos que frecuentaban o faladoiro máis erudito de Palas, aquela que se celebraba na rebotica de Eduardo Seijas.

O ciclo das lúas sempre foi o máis científico, o sacerdote pedíallo ao Observatorio Astronómico de Madrid. E o demais discorríao el, baseándose no seu medio século de experiencia, nos ditos populares e en libros de meteoroloxía. Os últimos anos, o cambio climático traíao tolo. "Antes o tempo era moito máis normal, repetíase e respectaba o home", adoitábase queixar. "Agora é máis difícil seguilo o rastro. Déixanos mal".

Pero O Mintireiro non só fala de ciclos lunares e fenómenos atmosféricos nas súas 64 páxinas. Tamén recolle todas as feiras que se celebran en Galicia, táboas para saber canto mide un ferrado en cada pobo, as etapas do Camiño Francés, o santoral, leccións de toponimia e meteoroloxía, chistes, refráns, adiviñanzas ou un dicionario rescatador de termos que xa ninguén oe nas cidades. A isto hai que sumar seccións tan persoais como as pingueiras risoñas, os firuletes, as chungas celmosas ou os tantanes. Todo polo módico prezo de 2,15 euros, porque se este calendario "é chusqueiro, escotolido, galego e castelán, profético, enxebre, noticioso, e artimañeiro", tamén é "barato", segundo afirmaba o autor dende hai anos na portada..

Todos os anos por setembro, na súa casa de Filgueira, este cura que chegou a atender seis parroquias de Palas sentábase fronte ao seu Macintosh e empezaba a entenderse cos anticiclóns. E quizais fose co que mellor se entendía, os fenómenos meteorolóxicos, as masas de aire, as altas e as baixas presións, porque coas persoas a súa relación era algo máis tormentosa. Don José era "un bo home, moi intelixente e cun gran corazón para axudar aos pobres,", pero era "testán", "rebelde", "difícil", "un señor con moito carácter e sen normas que vivía de noite e durmía de día". "O que dicía ía a misa e o dos demais non valía", recoñecen un día despois do seu enterro (o martes, en Filgueira) algúns dos máis próximos. Había os que o querían ben, pero preferían non o tratar. O cura facía a súa vida como lle daba a gana, era tan independente que ata desobedeceu o bispo cando o reprendeu por despachar a misa en 12 minutos, e isto a pesar do seu catolicismo con decisión, a súa paixón por Wojtyla e a súa simpatía polo Opus Dei.

Don José, quizais por ser tan túzaro, ou porque non prognosticara para xaneiro o seu final, non deixou atado o futuro do Mintireiro Verdadeiro. Non obstante, a Jesús Taboada, o propietario de Norgraf, pedíralle que cando el faltase buscase outro redactor para seguir adiante. E agora o impresor (que empezou traballando na imprenta que montou o cura nunha granxa de porcos de Filgueira) ten présa por "encontrar un sacerdote" ameno e coñecedor do rural que queira dar continuidade á publicación coa entrega de 2011. Aínda que é consciente de que o estilo de Regadío era único e se foi con el ao nicho.

Por certo, o que non logre conseguir a última edición, que saiba que febreiro virá con toda o seu "ferramenta": "Neves, ventos furacanados, xeleiras pentelludas, longas noites, días esquilfos e vaquíos non mar".

O "Mintireiro Verdadeiro" e o "Almanaque Agrícola ZZ" sobreviven logo de máis de cincuenta anos a publicar en galego

Alén de seren difusores de innovacións tecnolóxicas para o agro e de manter boa parte do saber popular coma refráns, contos e cantigas, os tradicionais calendarios agrícolas tiveron e teñen aínda unha vertente comercial. Quitado o "Gaiteiro de Lugo", rescatado pola Deputación Provincial do esquecemento, os outros dous calendarios que aínda se publican no país, o "Mintireiro verdadeiro" e o "Almanaque Agrícola ZZ" teñen detrás cadansúa empresa, procedentes, iso si, dos extremos da escala económica. Desde a pequena imprenta local que botou a andar o Mintireiro, ata a multinacional química que sostén actualmente o ZZ.
Foi "aló polo ano 1960", lembra o sacerdote José Regadío aos seus oita e cinco anos, cando naceu o "Mintireiro Verdadeiro". Este singular personaxe, introdutor da imprenta en Palas de Rei, é o responsable que desde aquela, este calendario, "chusqueiro, escotolido, galego-castelán, profético, enxebre, noticioso, artimañeiro e tamén barato" chegue ano tras ano tras ano ás mans dos labregos do país. Seguindo un modelo semellante ao do celebérrimo "O Gaiteiro de Lugo", Regadío elaboraba a práctica totalidade do calendario. "Puña os prognósticos do tempo, refráns, adiviñas e cousas así que instruían ao labrador, había que falar moito daquelas dos tractores e do conveniente que era telos, e dos momentos para as colleitas", explica. Ademais, o habitual santoral, feiras, refráns, previsións meteorolóxicas, santoral, análises de nomes galegos e mesmo prognósticos coma o número de tormentas para o ano (quince millóns para este 2005, onda sete millóns de terremotos e trescentos sesenta e cinco días, auroras e ocasos).A necesidade do MintireiroA posta en marcha deste proxecto debeuse, fundamentalmente, "a unha necesidade económica, éramos dez irmáns e mais a miña nai", explica Regadío. Do "Mintireiro Verdadeiro" chegaron a vender entre doce e quince mil exemplares por todo o país, nuns tempos nos que "O Gaiteiro de Lugo" desaparecera do mercado. "Agora cada vez véndese menos e vai haber que deixalo. Fanse de tres mil a catro mil mais a metade non se vende", recoñece o editor. Nestes máis de corenta anos, mantívose o deseño, o contido e o estilo deste calendario. "O mentireiro séguese facendo igual que antes", e pódese adquirir aínda por diferentes kioskos e librarías. Nalgúns dos primeiros números, Regadío contou cunha colaboración de excepción, Avelino Pousa Antelo escribiu para o Mintireiro "unha crónica alá cando comezaban, medio en broma". Este destacado investigador da nosa cultura participou tamén ocasionalmente no outro grande calendario agrícola da segunda metade do século XX, o ZZ.Dos sulfatos á culturaO "Almanaque Agrícola ZZ" nacía en 1952 en Porriño por iniciativa da empresa Zelta Agraria. Na actualidade continúa repartíndose por todo o país desde Syngenta, a multinacional na que deu aquela empresa de química para o agro. César Fernández, o actual responsable da publicación explica como foi esa xénsese. "A alguén se lle ocorreu a idea de alguén nesta empresa editar un folleto no que, alén das lúas e das datas propias para os labores da terra se incluísen coñecementos agronómicos. E como esa información podía ser aburrida, adobábase cun refraneiro e cuns contos". O ZZ é o calendario máis coidado graficamente de cantos se fan no país, e a través del pódese facer un percorrido pola evolución do deseño nos últimos cincuenta anos. "En termos gráficos, incluía viñetas debuxadas a man que foron de Torres, de Viriato, de Avendaño e doutros ilustradores recoñecidos, e non había fotografías. Agora mesmo é unha edición que se publica a toda cor. O tamaño mantense, cada responsable da empresa foille dando a súa imprenta e fóronse pondo as capas a cor, anuncios...", explica Fernández. En canto a contido, mudou na medida mudaron as técnicas e os produtos para o agro. "Tentamos explicar aquelas cuestións sobre as que o agricultor poida ter dúbidas. Como se debe enxertar, cales son as variedades de gandaría máis importantes..." Cada ano cen mil exemplares do almanaque mándanse de balde por toda Galicia ata se esgotaren. "Envíanse a través dos distribuidores oficiais de Syngenta, que en función do seu volume de vendas teñen unha parte asinada. Logo hai outra que queda en Porriño para quen ven buscala aquí", apunta o responsable.Compromiso multinacionalContinuando o compromiso coa cultura do país, hai xa anos que entre os seus contidos, o ZZ inclúe traballos etnográficos. "Hai unha sección que se chama 'Rescatando anacos da nosa cultura'. Cada ano faise un concurso, para o que recibimos entre vinte ou trinta traballos, e o gañador publícase no calendario. Un ano é sobre o hórreo, outro é sobre o viño, outro sobre a lareira... Este ano foi o canteiro", explica Fernández. Aínda hai outra sección que se chama 'Rescatando anacos do noso pasado' está na mesma liña, recolle árbores emblemáticos, os petos de ánimas...". A continuidade dunha publicación destas características inserida no esquema dunha multinacional como é Syngenta non é fácil. "Houbo algunha tentativa de fechar o ZZ. É moi difícil facerlle entender a un xestor de contas de Londres ou de Basilea que hai que facer unha edición que custa varios millóns de pesetas nun recuncho pequeno que é Galicia porque funciona coma un comercial", recoñece César Fernández. De calquera xeito, polo de agora o ZZ ten garantido o continuar chegando aos fogares do agro galego.Colección e estudosUn bo coñecedor destas publicacións é o xornalista Xosé Carreira, que posúe unha importante colección de calendarios e ten investigado diferentes aspectos deste tema. Segundo el, na maior parte destes calendarios, tanto locais como foráneos, é común a perpetuación do deseño. "O 'Gaiteiro de Lugo' mantivo de sempre o seu deseño, a portadiña en azul cun gaiteiro fóra, o que mudou é que agora é moito máis gordo. O 'Calendario Zaragozano' mantén tamén o mesmo aspecto desde sempre. O único que varía é o de ZZ que si que dá para un auténtico tratado, mesmo no deseño e os debuxos. O Mintireiro tamén foi sempre igual, o que o distingue dos outros é o idioma, é un galego moi revirado". De calquera xeito recoñece que o patrón dos contidos é semellante na maior parte dos casos. "E todos están en galego" (aínda que o Mintireiro acolle algúns contidos en español), explica Carrera.

miércoles, 13 de enero de 2010

ESCRITORES GALEGOS: XOSE NEIRA VILAS E MEMORIAS DUN NENO LABREGO

ENTREVISTA A XOSE NEIRA VILAS ESCRITOR GALEGO E AUTOR DE "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
Culturagalega.org

A emigración é o fío sobre o que este pontevedrés nado en 1928 vai entrelazando toda a súa obra. Ser galego e traballar por Galicia son os principios que Neira Vilas aplicou nunha longa vida que o levou por Arxentina, Cuba e Galicia, onde regresou hai pouco para seguir traballando pola lingua e a cultura que mamou no berce. Da súa etapa de emigrante trouxo un pesado fardo composto por numerosos estudios, novelas, contos e poesías. Pero sobre todo o que adquiriu no exilio foi unha profunda conciencia de Galicia que sae á luz en cada unha das súas verbas.

¿Cando e como se produce a súa identificación como galego?

Eu cheguei a Bos Aires a comezos da década dos 50, en 1949, nunha época en que se vivía unha "efervescencia" galega. Todo aquelo que non se facía en Galicia porque non se podía estábase a facer alí: editoriais, música, concursos literarios, actividades culturais. Ademais naqueles intres alí había persoeiros que facían posible estas actividades, como eran Luís Seoane, Lorenzo Varela, Suárez Picallo e moitos outros intelectuais exiliados que foron figuras na cultura galega, e que continuaban o traballo comezado por outros emigrantes galegos. Eu comezo a interesarme pola identidade galega e a "aprender Galicia" cando chego alí, polo contacto con estas persoas, porque cando saín de aquí fíxeno coma calquera outro emigrante, sen saber nada, cego, ignorante e alí é onde tomo conciencia de Galicia.
¿E a partir dese momento cando toma a iniciativa de traballar pola difusión da cultura galega?
Unha vez asumido o idioma e a historia de Galicia é cando me comprometo a traballar por esa identidade. Este activismo galego comeza en 1953 coa fundación das Mocidades Galeguistas. O 15 de xullo de 1957, xunto á miña muller, Anisia Miranda, fundamos a editorial Follas Novas, un evento de grande relevancia xa que é a primeira vez que existía fora de Galicia unha distribuidora do libro galego. A importancia de Follas Novas radicaba en que, aínda que existían editoriais, non existía unha canle que fixese posible que estas obras chegasen fóra de Galicia. O noso público foi unha multitude de galegos concienciados da súa identidade e moitos outros que se foron concienciado. Traballamos intensamente neste proxecto ata que marchamos a Cuba, no 61, momento en que deixamos o traballo a cargo dunha persoa que traballou con Seoane e Blanco Amor, Elisa Fernández, e que, lamentablemente, morreu ao pouco tempo.
¿Que papel xoga a lingua como factor identificador dun pobo?
A lingua era para os emigrantes, e segue sendo incluso para os galegos en Galicia, un elemento identificador noso. Castelao dicía que se somos galegos é por obra e gracia do galego de maneira que nós defendemos o idioma en todo momento. En Montevideo fixemos unha reunión da UNESCO para elaborar unha denuncia contra as prohibicións que en Galicia e no resto do Estado español se facían do uso do galego, que non estaba nin no culto, nin no libro nin na radio. Seguía estando nas casas pero iso debíase a que ninguén podía prohibilo alí. En Bos Aires nós traballabamos pola cultura galega: había clases de xeografía galega, de arte en Galicia e, como non, de lingua e literatura galega, impartidos por xente como Rafael Dieste ou Ramón de Valenzuela. Foi precisamente alí onde a miña muller aprendeu o galego.
A EMIGRACIÓN É UNHA DESGRACIA PARA CALQUERA PAÍS QUE QUEDA CONVERTIDO NUN PÁIS DE VELLOS E NENOS QUE MEDRAN SOÑANDO CON EMIGRAR
A figura de Castelao estivo moi presente na emigración, ¿que representaba para os exiliados?
Castelao morreu en xaneiro de 1950 e non cheguei a coñecelo pero a súa marca estivo presente ao longo de toda aquela década en todos nós. El foi o que nos deu o alento fundamental para seguir adiante. Alí publica Sempre en Galiza, moitos dos seus discursos, o texto do primeiro Estatuto de Autonomía, estréase Os Vellos non deben de namorarse,... Pero a súa importancia radica sobre todo no maxisterio que levou a cabo nos seus anos de emigración, e que marcou non só a aqueles que o coñeceron de xeito persoal e directo senón que a súa influencia mantívose a través daqueles aos que ensinou.
En 1961 publica “Memorias dun neno labrego” e, a partir del, xa non abandonará practicamente o tema da emigración, ¿reflíctese na súa obra unha evolución na maneira de entender o efecto da emigración nun pobo?
Cando nós viaxamos a un colexio dunha aldea ou de calquera zona de Galicia e preguntamos na clase cántos nenos teñen algún familiar que emigrara, o 90% dos rapaces erguen a man. Memorias dun neno labrego reflicte esa situación, conta a historia dun neno que emigra dunha aldea a outra mentres o seu irmán sae cara ás Américas, unha situación que era común na Galicia daqueles anos. A emigración é un tema que está presente en moitas das miñas ficcións e traballos e iso débese non só a que eu fora emigrante, que si que é un elemento autobiográfico que pesa moito, senón porque a emigración pesou moitísimo en Galicia. E aínda pesa; o 32% dos seus fillos están fóra, aínda hoxe. A emigración era unha constante en Galicia e iso, como todo, ten os seus aspectos positivos e negativos. Á emigración debémoslle moitas boas cousas: viñeron creacións literarias, veu o Estatuto de Autonomía, escolas, realizacións culturais, pero non hai que esquecer que a emigración é unha desgracia para calquera país, que queda convertido nun país de vellos e nenos, nenos que medran soñando con emigrar. Desde o punto de vista estrictamente galego, a emigración foi traumática polo que supuxo de ruptura das familias, de inadaptación da xente das aldeas ás cidades e pola proletarización. Agora ben, de rebote, eses emigrantes aforraron e trouxeron escolas, cartos, leiras, casas e comezou un certo florecemento cultural e a apertura da aldea, que estaba pechada nun gheto.
Cando concibiu as historias de Historia de Emigrantes ou Remuíño de Sombras, seguía inmerso da emigración pero, ¿que novos puntos de vista pretendía dar a coñecer localizando as novelas nas terras que acolleron aos emigrados?
Eu só quería revelar, revelar nada máis. Historia de Emigrantes é un libro de contos que ten como protagonistas a unha serie de emigrantes en Bos Aires mentres que Remuiño de Sombras empeceino en Bos Aires e remateino en Cuba e nel pretendín reflectir a frustración da emigración. Trátase dunha novela moi experimental, chea de personaxes múltiples que se van cruzando, intercambiando diálogos. Un vai escribindo segundo as experiencias que vive, segundo o lugar en que se atopa. Eu non quería amosar nada en concreto senón sinxelamente contar, revelar como vivía a xente, como actuaba a xente, que pensaba, cal eran os seus problemas, as súas morriñas.
Un dos aspectos rechamantes da súa obra é a diversidade da súa forma: contos, relatos xornalísticos, poesía. ¿En función de que emprega unha ou outra técnica narrativa?
En Remuiño de Sombras emprego unha técnica distinta ao resto, novidosa. Trátase de construír o relato como se se tratase dun parqué, unha armazón en que van encaixando as diferentes pezas. Pero eu o que principalmente busco é a sinxeleza, non podería definir dun xeito concreto o meu estilo. Eu utilizo a linguaxe que aprendín na miña infancia pero non pretendo innovar nada en canto á forma da construcción da novela ou do conto, aínda que o conto interésame moito máis que a novela. Cada un ten o estilo que ten e cada un conta o que quere contar, o que viviu.
Hai quen fala da "novela do mar" ou da "novela da emigración", ¿é partidario de considerar que existe este meta-xénero dentro da literatura galega?
Ese tipo de clasificacións son propias dos críticos, dos catalogadores. Hai moitas obras en Galicia que tratan da emigración. Dunha ou doutra maneira, hai novelas e poesías da emigración, incluso Rosalía de Castro escribiu da emigración dentro do Estado español. Unhas tratan a emigración desde Galicia, outras desde as terras que acolleron as persoas que de aquí saíron. Hai de todo pero non se pode falar dunha "Novela da Emigración". Eu teño moitas obras da emigración pero non creo que ningunha sexa a "Novela da Emigración", con maiúsculas. Tamén se fala da Gran Novela Galega pero non hai ningunha que sexa "a gran", non podemos estereotipar.
A LITERATURA SERVE PARA INTENTAR MELLORAR O MUNDO AÍNDA QUE NON HOUBO ATA O MOMENTO NINGÚN LIBRO QUE CONSEGUISE TOMAR O PODER DUN PAÍS
Cando fala da súa poesía, ¿cualificaríaa de social, solidaria, humana?
A min non me gusta clasificar a poesía, poñerlle etiquetas. Para min a poesía vai do íntimo ao social. A poesía social, ben mirado, é todo xa que atinxe ao ser humano no seu conxunto. Falar de poesía social é o mesmo que falar da "poesía de denuncia" ou mesmo da "canción protesta", é dicir, non existe dun xeito abstracto. Cada un canta a unha cousa, denuncia algo pero é porque a poesía forma parte íntegra da persoa, non é algo que faga sen sentilo antes. Incluso dentro de cada autor poden existir diversas inquietudes, cada poema é solidario con algo.
¿Para que diría que serve a literatura?
Desde o meu punto de vista a literatura serve para coñecernos mellor e para facernos máis transparentes uns cos outros. Pero tamén serve para intentar mellorar o mundo aínda que non houbo ata o momento ningún libro que conseguise tomar o poder dun país. Pero queda aí, coma un intento aínda que non debe nacer con intencións partidistas. Un libro é un libro: propón unhas cousas, mostra algo, incluso pode denunciar situacións e aí é onde queda reflectida a ideoloxía do autor.
Antes comentaba que a aldea estaba moi pechada, arredade do resto. Mirando agora cara a fóra, ¿como ve a aldea en Galicia, como cambiou con respecto á aldea que vostede coñeceu de cativo?
A aldea cambiou moito e cambiou para mal. Agora hai luz, auga, televisión, mellores estradas pero, co paso do tempo, foise desfigurando, esvaecéndose e perdendo a súa identidade. Tradicionalmente había unha fronteira entre a aldea e a cidade de tal xeito que o feito de que un campesiño chegara ata Santiago resultaba impensable, unha odisea. Hoxe a cultura é a do coche, en 20 minutos estase en Santiago. Iso fixo a aldea moito máis confortable pero a costa de que se despersonalizase e estes cambios trouxeron o estragamento do idioma. O galego está agora máis en perigo incluso que antes. O noso idioma que hoxe ten cátedra de galego, prensa, radio, televisión e libros está máis en perigo que hai 70 anos cando a aldea o preservaba. Agora os medios de comunicación estano estragando aínda que loitamos para que se manteña e se conserve.
Situación da literatura galega no exterior, no mundo.
Hai pouco tempo a miña muller e mais eu estivemos en Suíza, que foi foco de grande cantidade de emigrados. Alí segue a existir unha comunidade galega, hai un pequeno grupo de xente que mantén o galego pero eu creo que se manteñen no uso do idioma porque o resto falan alemán ou francés. Esta situación non se dá en América, onde está o castelán. Cando eu cheguei a Bos Aires como emigrante existía unha deliberada intención de cultiva e potenciar o galego entre aqueles que estabamos concienciados, incluso escoitabas o galego polas rúas. Hoxe aínda se manteñen unha serie de sociedades creadas por fillos de emigrantes, como Xeito Novo, pero son poucas e espalladas, non teñen forza. É certo que hai cátedras de galego na Habana, en Bos Aires, en Nova York ou en Montevideo pero son para persoas que se achegan ao galego con curiosidade, como se alí se impartisen ensinanzas de grego antigo ou de sánscrito, unha rareza filolóxica. Estas comunidades non pasan de ser unha extensión de Galicia, gracias aos apoios das institucións de Galicia, pero non van máis aló, non se trata da fala da xente. Esta é a consecuencia de que a maioría dos nosos paisanos non transmitiran aos seus fillos un interese pola cultura galega, moitas veces porque nin eles mesmos tiñan en alta estima esta cultura. Deste xeito, a continuidade do traballo emprendido na década dos 50 está nas mans dun grupo reducido de intelectuais, na universidade, pero o que se viviu en Bos Aires na década dos 50 perdeuse todo, xa non hai unha preocupación seria pola cultura galega.