jueves, 14 de enero de 2010

O forte vento desta madrugada deixa un reguero de incidentes por toda Galicia




O forte vento desta madrugada provocou un reguero de incidentes por toda Galicia, é especial nas provincias da franxa atlántica. O servizo de urxencias 112 tivo durante a noite decenas de incidencias con caída de árbores, desprendementos de terra e de uralita e tezas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Ademais houbo cortes de luz en moitas poboacións galegas e que aínda duran en moitas delas. En Vigo, un forte refacho de vento só os amarres dun buque en construción. As previsións de Meteogalicia eran de ventos fortes no litoral para a madrugada, con forza 7 a 8 na costa da Coruña e 8 a 9 no litoral de Pontevedra aínda que o fenómeno foi máis forte do previsto.
Por provincia, na Coruña, moitos barrios da cidade herculina e outros municipios sufriron cortes de luz durante a madrugada. En Betanzos e en Ordes estiveron sen sumunistro eléctrico máis de seis horas, desde as tres da madrugada ata logo das nove.
Na rede viaria, está cortada a N-634 en Teixeiro por un pequeno desprendemento de terra. Tamén houbo árbores caídas na A-6e moitas estradas secundarias. No municipio da Coruña houbo especiais problemas en zonas como A Zapateira, Feáns, Salvador de Madariaga e Monte Alto, entre outras. Os bombeiros tiveron que realizar once saídas en pouco máis dunha hora sobre as catro da madrugada.
En Ordes , ademais de sufrir cortes de luz, voou parte do tellado da praza de abastos que está a ser retirado a tal hora polos bombeiros.
Na cidade de Ferrol está afectada principalmente a rede secundaria de estradas por caídas de árbores.
En Santiago houbo durante a madrugada incidentes menores como tezas caídas e colectores movidos polo vento, especialmente no campus sur. Producíronse cortes de luz que ás sete da mañá aínda continuaban nas zonas de Salgueiriños e San Lázaro.
En Boiro , en Cabo de Cruz, hai varias embarcacións afundidas e voou parte do teito dun colexio.
Na provincia de Pontevedra, os servizos de urxencia tamén tiveron que traballar arreo esta madrugada. En Vigo , o forte temporal de vento que afectou esta madrugada a Galicia soltou os amarres dun buque en construción que chocou contra outro barco atracado nos peiraos do estaleiro vigués Fillos de J. Barreiras. O accidente produciuse sobre as dúas da madrugada. «O barco soltou amarras e foise contra outro buque, que sufriu importantes danos materiais», explicaron os prácticos do Porto de Vigo, á vez que relataron que foi necesario «activar todos os servizos de urxencia».
Ademais a autovía A-55 estivo cortada durante unha hora por mor dun eucalipto e a tal hora os bombeiros e os efectivos de Protección Civil da maioría de localidades traballan desde a madrugada para retirar as árbores e as ramas caídas, segundo informaron fontes de Protección Civil e dos Grumir. Os bombeiros tiveron que realizar durante a madrugada máis de trinta saídas para retirar árbores caídas, valos e uralitas e tezas dos tellados. En Pontevedra producíronse incidencias similares.
Na Illa de Arousa varias embarcacións soltáronse dos seus amarres e acabaron varadas na praia, mentres que en Vilaxoán o vento e o mar levaron por diante unha parte do peirao. A estrada que une Marín e Figueirido está cortada, así como a vía que une Pontemaceira e Ames na provincia da Coruña.
Na provincia de Lugo, hai numerosas estradas afectadas pola caída de árbores. Municipios como Monterrei, As Nogais ou Pas de Rei son os máis afectados. Ademais as fortes choivas deixaron inundacións en estradas da Terra Chá, no municipio de Castro de Rei.
Na provincia lucense dúas persoas resultaron feridas pola caída

No hay comentarios:

Publicar un comentario