sábado, 12 de febrero de 2011

O público quere a Lucía Pérez en Eurovisión




Lucía Pérez está un pouco máis preto de representar a RTVE no Festival de Eurovisión, que este ano se celebrará na localidade alemá de Dusseldord. A cantante do Incio logrou este venres ser a máis apoiada polo público e enfrontarase na gala final á solista e pianista Melissa e a banda de mozos Auryn, que foron salvados polo xurado.
Información relacionada

A cantante do Incio compareceu novamente en cuarto lugar e tamén nesta ocasión apostou por un vestido curto e vaporoso en ton pastel e pola melena solta. Executou con solvencia o rítmico medio tempo ‘Boom bang a bang', co que Lulu foi unha dos catro vencedores do festival de 1969 que se celebrou en Madrid.

A nova intérprete púxolle ganas ao vals e conseguiu que o público do estudio de San Cugat puxésese en pé para corear o retrouso. Do xurado, Lucía Pérez recibiu as felicitacións de Reyes do Amor, experta eurovisiva, e do cantante David Ascanio.

Os tres finalistas veranse as caras a próxima semana nunha última gala de Destino Eurovisión na que tamén se elixirá a canción que representará a RTVE en Dusseldorf.

jueves, 10 de febrero de 2011

FEIRA DO BUTELO A FONSAGRADA





A FONSAGRADA organiza para os días 26 e 27 de febreiro de 2011 a XIV edición da FEIRA DO BUTELO.
Os organizadores preveen superar a afluencia de público doutros anos, así como o número de expositores.

Descubrindo o Hula


Aos lucenses está a custarlles adaptarse ao novo hospital. O Hula abriu fai máis de dous meses e está xa funcionando a pleno rendemento, pero hai algo obvio: a xente pérdese. Algúns se extravían antes de chegar e outros no mesmo edificio, a pesar de que as citas chegan acompañadas dun plano.
¿Por onde será mellor ir? é a cuestión que aínda se expoñen moitos. Tres son as opcións: a estrada da Fonsagrada (por Castelo), a de Meira (polo Sacro Corazón) e Róldaa Norte (pola N-VIN e Garabolos).
Unha vez enfilada a Rolda Este, desde Róldaa Norte, xorde outra dúbida. Dúas rotondas dan acceso ao hospital, pero ¿cal delas coller? En ambas, o letreiro é o mesmo: ‘Hospital Xeral'. ¿Será un acceso ao vello hospital?, pregúntanse os que non coñecen aínda o lugar e saben que van ao Hula, non ao Xeral.
Efectivamente, por alí só se vai ao novo hospital, ao único xa que ten Lugo. Pero, ¿por cal entrar? A primeira rotonda é o acceso máis directo a Urxencias e a seguinte, a que leva á entrada principal.
Ao chegar, a primeira impresión é a do caos dos coches aparcados de calquera xeito. Centenares de coches ocupan as beiravías, a ambos os dous lados da estrada de acceso ao hospital, onde xa comentan que comezaron a multar. Pero, aínda así, non hai onde aparcar. Iso fóra, porque dentro do complexo hai un aparcadoiro onde aínda non cobran.
Pero é igual, decenas ou, quizais, centos de coches ocupan leiras apenas rozadas para a ocasión en costa e con algún pedrusco baixo as rodas. Non hai gorrillas á vista, a pesar das advertencias. O que si hai son condutores solidarios que se brindan a ofrecer as súas ‘prazas' porque se van. A solidariedade funciona no medio dese caos.
Os taxis están enfronte da entrada. ¿Canto custa unha carreira ao centro? «Seis ou sete euros, pero estabamos mellor antes. Aquí hai moita xente, pero veñen en coche ou en buses. Incluso os das aldeas veñen no coche de liña. Antes faciamos moitos máis viaxes: da estación de autobuses ao Xeral, do ambulatorio da praza do Ferrol ao hospital, ata Calde... O outro día, estiven catro horas na parada, sen clientes», opina Domingo Castro.
Xa na entrada, accedemos á porta principal, giratoria. Grande e espazosa, nada claustrofóbica. Parece. Dez segundos máis e empezará a ser todo o contrario: non se move. Dúas persoas quedamos atrapadas tocando o cristal cara a un lado e outro. Tras unhas miradas de interrogación, un home sae ao noso encontro e fai virar a porta. «Averiouse», di.
Que ancho, que alto, que lámpadas, que silencio, que clase, nada que ver co Xeral. Por certo, ¿onde están as consultas? Hai que achegarse ás escaleiras para ver o primeiro rótulo. Algúns pacientes diríxense á mesa onde hai un celador. Cada poucos metros, hai varios. Os pacientes preguntan e eles informan, cunha lista das consultas e os servizos na man. ¿A xente pérdese? «Si, resúltalles difícil decatarse de onde están as consultas e parécelles moi grande», contesta unha celadora que estivo antes no centro de especialidades.
á dereita, hai colas para pedir cita en consultas externas. á esquerda, cheira a comida. é a cafetería. Un gran cartel anuncia un menú de dous pratos, con seis a elixir, a 6,50. Entramos.
«Bos días, ¿que lles apetece comer?», pregunta unha moza. é Tamara Insua, as relacións públicas. «¿Lévolles a bandexa? ¿Saben onde teñen que coller a comida?», di. A ambos os dous lados hai mesas e xente comendo. «Nunca están todas ocupadas, sempre hai un oco», afirma.
Xa dentro do hospital baixamos polas escaleiras automáticas e entramos no aparcadoiro. Está case ao completo. Varias persoas dan voltas entre os coches. ¿Que sucede? «Que non sabemos onde o deixamos. As prazas non están numeradas e só te podes guiar polas columnas, que agora descubro que son de tres cores», afirma unha condutora, sorprendida.

miércoles, 9 de febrero de 2011

EMPRENDEDORES LUGUESESUna quesería de Palas exporta a países de tres continentes



La producción de la quesería Castelo de Pambre, de Palas de Rei, traspasa todas las fronteras. Los más de 6.000 quesos que cada día salen de sus naves no los degustan únicamente consumidores europeos, como españoles, franceses o belgas, sino que también tienen una gran aceptación en países americanos y asiáticos, como México, Estados Unidos o los Emiratos Árabes.

El reto más inmediato de la quesería palense, fundada en el año 1971, es introducir sus quesos, de la denominación Arzúa-Ulloa y de tetilla, «en países emerxentes como China, Xapón ou Brasil», asegura la responsable de calidad de la empresa, Beatriz Pazo Rivas. Eso sí, «sen descuidar a comercialización no mercado galego».

Para conseguir este objetivo, la quesería cuenta con un importante aval, y es que a comienzos de año se hizo con la certificación de calidad alimentaria IFS (International Food Standard), una de las más exigentes a nivel mundial y que tienen muy pocas industrias lácteas en el ámbito nacional.

«Con estas garantías, agardamos incrementar produción e ventas. O IFS permite ter os costes localizados, evita que os produtos vaian danados, asegura calidades e permite abrir novas portas no mercado coas distribuidoras», explica Beatriz Pazo.

El protocolo IFS es un estándar creado por distribuidoras alemanas y francesas para regular los sistemas de gestión de calidad en empresas del sector de la alimentación, con el objetivo de alcanzar la máxima seguridad en los procesos de fabricación y manipulación de alimentos.

Para la responsable de calidad, la adaptación a este sistema es además «mostra do noso compromiso cos máis altos parámetros de calidade alimentaria, pero sen perder os métodos de elaboración máis artesanais».

martes, 8 de febrero de 2011

MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON (II): A GARDUÑA

FICHA TÉCNICA

Nome en castelán: garduña

Nome científico: martes foina

Outros nomes en galego: foina, garduña, furatoxos, garduña papalba, papalbo.
Orde
: Carnívora.
Familia: Mustélidos.
Xénero: Martes.
Especie: Martes
foina (Erxleben, 1777).
Subespecies presentes: unha soa especie na Península Ibérica.
Lonxitude do corpo: Entre 38 e 55
cms.
Lonxitude da cola: Entre 22 e 28
cms.
Alzada á cruz: De 12 a 13
cms.
Peso: Os machos entre 1.100 e 2.500
grs., as femias entre 900 e 1.400. Status da especie: No Convenio de Berna (ratificada o 13-05-1986) inclúese dentro do Anexo III: ESPECIES DE FAUNA ESTRITAMENTE PROTEXIDAS. Na categoría da UICN (2001) catalógase como PREOCUPACIÓN MENOR (LC).

DESCRICIÓN DA ESPECIE
Mamífero carnívoro de mediano tamaño, con característico babeiro de cor branca que se abre en forquita cara ás extremidades anteriores con corpo esvelto e alongado. A cabeza é grande, máis clara que o resto do corpo, coas orellas que sobresaen da cabeza e aparecen bordeadas de branco. O fociño é alongado e remata nun nariz cor carne. As patas tenas curtas e son dunha cor máis escura que o corpo, e están provistas de 5 dedos sen pelo nas plantas, contando con uñas que non se esconden. O oído é o sentido máis desenvolvido na especie, que tamén conta con moi boa vista e olfacto. Pode trepar por árbores e non escava no chan.

A garduña presenta unha coloración marrón, máis ou menos escura ou avermellada mesmo de cor canela, cunha mancha esbrancuxada chamada babeiro ou gorgueira, que ocupa toda a garganta e o peito, e que se divide para alcanzar a parte superior das patas dianteiras. Este babeiro presenta unha pegada específica en cada exemplar, polo que se vén utilizando nos traballos de campo para identificar os distintos individuos da especie.

A dentadura da garduña consta dun total de 38 pezas, contando a mandíbula superior con 6 incisivos, 2 cairos, 8 premolares e 4 moas, e a inferior con 2 moas máis.

Existe unha subespecie de garduña nas Illas Baleares, a cal se considera extinguida. Era de menor tamaño que a especie ibérica.

Aínda cando tamén se falou dunha subespecie propia da rexión mediterránea que se denominou como Martes
foina mediterranea, que se considera ten a pelaxe máis avermellada e menos espesa, non existe base científica para manter a diferenza.
A garduña presenta unha gran similitude coa marta (Martes martes).

De feito considérase que as martas e garduñas teñen antepasados comúns, procedendo as especies actuais dun mesmo madeiro, que posteriormente quedou illado nas súas poboacións con motivo dalgunha glaciación, desenvolvendo trazos xenéticos propios. Nunca chegaron a hibridarse entre ambas as dúas.A garduña é un animal de hábitos crepusculares e nocturnos, aínda que non é raro observala -nos lugares en que abunda- durante o día. É territorialista, defendendo o seu territorio de caza, que pode ser de 2-10 Km. de raio, doutros machos. Dentro dese territorio dispón de varios tobos os cales ocupa indistintamente, e poden estar situadas entre pedras, cachopas de árbores vellas, gretas, etc. Durante o inverno adoita frecuentar ou instalarse en construcións humanas abandonadas ou pouco frecuentadas, como casas, celeiros, palleiros, etc.

Ocupa unha gran diversidade de hábitats, de modo que podemos localizala en bosques de todo tipo, zonas agrícolas, mesmo paraxes moderadamente humanizadas. No Pireneo oriental, a garduña foi observada por enriba do límite do bosque, a 2.300 m de altitude e a 2.400 m no Alpes. Na Serra de Baza (Granada), detectouse a súa presenza a 2.200 metros. En zonas mediterráneas, a garduña compórtase como unha especie ubiquista; en zonas eurosiberianas, parece máis antropófila e ocupa chairas, zonas deforestadas e edificios. Nas últimas datas detectouse en centro Europa un curioso hábito da garduña, que está a supoñer moitas molestias e prexuízos, ao introducirse o animal nos motores dos coches estacionados nas vías públicas (considerouse que buscando a calor do motor), onde destrúe cos dentes os circuítos do motor, aos que dana considerablemente. Esta práctica, que se considera nova na especie, se comezou a detectar a mediados do pasado século en Suíza e se estendeu a outros países de centro Europa, polo momento non se ten constancia de danos deste tipo inflingidos a vehículos estacionados na Península Ibérica

A dieta do animal está moi condicionada polas disponibilidades alimenticias e disponibilidades estacionais. Así no norte de España basease en pequenos roedores, froitos e insectos; mentres que no sur de España diminúe a importancia dos roedores, e aumenta a de froitos, e inclúe na dieta a presenza de réptiles e insectos.

DATOS DA ESPECIE

Lonxevidade: Entre 10 e 12 anos. Excepcionalmente pode alcanzar os 15 anos. Citáronse exemplares en catividade que chegaron a vivir 20 anos.

Celo: Dura uns 15 días e prodúcese de xuño ata agosto.

Xestación: Prepara unha cama entre pedras, ou no madeiro dunha árbore, que acondiciona con maleza e mofo. O animal conta con implantación diferida do óvulo, de modo que se ben a xestación dura 56 días, poden transcorrer de 8 a 9 meses dende a cópula ata o parto.
Época de parto: De marzo a xullo do ano seguinte en que quedou fecundado o animal.

Parto: Un só ao ano, dando a luz, de 2 a 5 crías, normalmente 3-4, aínda que excepcionalmente pode chegar a 7 exemplares.

Duración da lactación: As crías nacen cegas e desprovistas de pelo, cun peso duns 30 gramos. Abrindo os ollos cando transcorreu pouco máis dun mes. A lactación dura de 30 a 45 días. Ao contar a nai con só dous mamas as crías teñen que alternarse cando maman.

Madureza sexual: Entre os 18 meses de vida e os 3 anos.

Alimentación: Varia moito, estando moi condicionada polas
disponibilidades alimenticias e disponibilidades estacionais, así no norte de España baséase en pequenos roedores, froitos e insectos; mentres que no sur de España diminúe a importancia dos roedores, e aumenta a de froitos, e inclúe na dieta a presenza de réptiles e insectos.

Hábitats: Ocupa unha gran diversidade de hábitats, de modo que podemos localizala en bosques de todo tipo, zonas agrícolas, mesmo paraxes moderadamente humanizadas, aínda que prefire terreos que teñan presenza de
roquedos, nos que buscar refuxio. Na península ibérica esténdese pola xeneralidade dos territorios, compartindo no norte peninsular territorio, aínda que non altitude, coa marta, especie que na península está limita o norte

Pegadas: Moi parecida á da marta, aínda que son máis visibles as da garduña que as da marta, debido a que non ten pelos na zona da planta do pé. O tamaño non supera os 4,5 x 3,5 cm. A pegada presenta unha grande almofada plantar e catro almofadas dixitais e as catro uñas. O quinto dedo non adoita quedar marcado. Na neve deixa unhas pegadas paralelas moi características. A separación en cms. das pegadas poderá determinar se o animal ía andando (uns 30 cms.) ou correndo (de 50-60 cms.). Excrementos: A súa forma e cor vai depender moito do alimento consumido, polo xeral presentan unha punta roma e outra puntiaguda. O seu tamaño pode ir dende os 5 aos 10 cms. Non despide olor desagradable e adoita depositarse en lugares elevados emprazados ao longo das súas senllas habituais de paso. Cando comeu froitos, son apreciables os ósos.

Outros rastros: Non son doados de detectar.

Dimorfismo sexual: O macho é de maior tamaño que a femia, presentando esta dúas mamas visibles na época de lactación.

Inimigos naturais: Practicamente carece de inimigos naturais, pero os exemplares novos poden ser vítimas dos grandes carnívoros e as grandes rapazas nocturnas e diúrnas.

Principais problemáticas: A garduña foi obxecto dunha caza feroz polos alimañeros, que vendían a súa pel facéndoa pasar por marta, a que alcanzaba un alto prezo no mercado peleteiro. Actualmente a súa principal problemática vén asociada á destrución de hábitats naturais.

Descenden nun 50% os delitos contra o patrimonio na Fonsagrada

Os delitos contra o patrimonio diminuíron nun 50% o ano pasado, algo debido principalmente a un descenso nos furtos dun 300%. En xeral, en 2010 produciuse unha redución de case o 10% no número de infraccións penais.

Estes foron algúns dos datos difundidos onte tras a última reunión da xunta local de seguridade, que estivo presidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e o alcalde, Argelio Fernández, Segundo dixeron, a taxa de criminalidade da Fonsagrada (de 14,23) está oito puntos por baixo da media galega e é 16 puntos inferior á media española.

MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON (I): A DONICELA


A DONICELA
OUTROS NOMES EN GALEGO:doniña, denosiña, gonicela, donosiña, garridiña, dona das paredes
NOME CASTELAN: COMADREJA
NOME CIENTIFICO:Mustela nivalis
Orde Carnivora l Suborde Caniformia l Familia Mustelidae l Subfamilia Mustelinae

INFORMACION TAXONOMICA

Cabeza-tronco:17-23Cola:3-7 cmPeso:35-200 gr, machos: 120 gr e femias: 60 gÉ o representante máis pequeno dos mamíferos carnívoros pertencente á familia dos mustélidos. O seu corpo é pequeno, esvelto, alongado e flexible. A cabeza é aplanada, co rostro moi curto, as orellas pequenas e redondeadas, ollos e nariz escuros e o colo longo.A Donicela posúe un total de 34 dentes, presentando na mandíbula superior 6 incisivos, 2 cairos, 6 premolares e 2 moas, e na inferior outras 2 moas máis. As patas son curtas, e están provistas de 5 dedos cada unha. A cola é tamén curta, medindo menos do 25% da lonxitude da cabeza e o corpo xuntos. A cola, mais corta en comparación que as do armiño - que é maior en todo- non leva nunca unha borla negra, aínda que pode ser dun pardo máis escuro no seu extremo.A coloración das costas é pardo canela ou pardo avermellado, sendo durante o inverno dunha cor parda mais intensa. O ventre é de cor esbrancuxada na que adoitan existir 2 pequenas manchas marrons. A cola é da mesma cor que as costas, e non presenta a punta negra. A unión entre a coloración das partessuperior e das inferiores pódese producir mediante unha liña recta que xunto coa cor dos pés traseiros brancos, nos encontrariamos coa subespecie mustela nivalis nivalis. Existen tamén exemplares de coloración totalmente branca (albinismo), en cuxo caso se debe observar que a punta da cola non é negra, para poder diferenciala do Armiño coa pelaxe invernal.

A medida da Donicela pode variar entre 15 e 33 centímetros, mais a súa curta cola que pode medir entre 4 e 13 cm. O peso do macho varia entre 60 e 170 gr.,y o da femia entre 40 e 65 gramos. As femias son de tamaño considerablemente inferior ao dos machos, e ademais posúen 4 pares de glándulas mamarias.En catividade pode durar entre 8 e 10 anos, pero en liberdade non adoita superar os 3 anos, sendo o máis común que vivan como moito 1 ano.A Donicela dá a sensación de ser un animal moi nervioso, sempre buscando e inspeccionando o seu arredor co seu fino olfacto e o seu oído, é moi curioso, de gran vivacidade, sobe, baixa, corre dun sitio para outro, trepa polas árbores e bo nadador. Son tanto nocturnas coma diúrnas. Cando se encontran en perigo despiden un forte olor, que recorda a un corpo en putrefacción.Tanto o macho coma a femia son territoriais e solitarios, con excepción da época de celo, durante a cal poden formar grupos familiares.Non ten período de repouso invernal, polo que se lle observa durante os 12 meses do ano. A súa actividade transcorre tanto polo día coma pola noite, con certa preferencia pola actividade ao atardecer, sendo doado observala durante os días calorosos, con forte vento, ou cando cambia o tempo.Está provista duns sentidos ben desenvolvidos destacando a vista adaptada á visión diúrna e nocturna, e o oído e o olfacto dunha destacada sensibilidade. Ao parecer séntese atraída polas cores avermelladas.Desenvólvese á perfección no medio que ocupa, desprazándose normalmente a asaltos, sabe trepar e nadar, valéndose diso para pescar. Pode introducirse en todo tipo de tobos de roedores, onde lles de caza dentro das súas galerías.


HÁBITAT
A Donicela adáptase a todo tipo de chans, preferindo os campos de cultivo, terreos de matogueira baixa, muros de pedra, matogueiras próximas a prados, en especial os terreos non moi húmidos pero con auga preto, evitando dos bosques pechados e das zonas encharcadas. Normalmente vive preto do medio humano, frecuentando construcións humanas a miúdo abandonadas.O territorio ocupado polos machos adoitan ter unhas dimensións aproximadas dunhas 34 hectáreas, e o das femias unhas 12 hectáreas.Dentro dese territorio, sitúa o seu cubil, que en verán o adoita instalar entre pedras, muros, ocos das árbores, etc., e durante o inverno é frecuente que se instale en construcións humanas abandonadas.
ALIMENTACION
Para o seu tamaño é un formidable cazador e pode con presas moito maiores ca ela, como o coello e a lebre. Prodúcense ataques de denociñas a coellos de granxa de moito maior tamaño que os coellos de campo, e galiñas que pesan quince veces mais, aos que morde de forma repetida e intensa na zona da nunca, á que se aferra, ata ocasionarlle a morte por shock.Non escapa nada ao seu apetito, ratas, ratos, esquíos, toupas, ratas de auga, aves diversas, sapos, ras, serpes, lagartos, peixes, bebe sangue das súas presas, insectos, ovos, e algo de produtos vexetais nunha porcentaxe menor a
REPRODUCIÓN
O período de celo abarca dende xaneiro ata principios de outubro, sendo durante a primaveira a época máis frecuente. Durante esta etapa os machos reúnense para perseguirse e pelexarse, emitindo agudos berros, sendo o macho vencedor que se aparee coa femia.O período de xestación. A femia ten unha xestación aproximada de entre 34 e 37 días, non realizando ningún atraso entre a cópula e a fecundación dos espermatozoides. Hai autores que sinalan que a Donicela pode ter unha implantación diferida, é dicir, que as femias en vez de fecundadas gardan o óvulo fecundado e atrasan o parto para un momento mellor, despois de encontrarse entón períodos de xestación de 312 días.O parto. O parto normalmente é de entre 4 e 8 crías, se ben puidesen nacer ata un total de 19 crías, e pode ter lugar entre o mes de marzo e mediados de decembro, sendo normal que nazan entre maio e xuño. Poden acaecer 1 ou 2 partos anuais, ou mesmo 3 se as condicións fosen favorables.Tras o parto, os machos abandonan ás femias.As crías. As crías nacen sen pelo, cos ollos pechados, e pesan tan só entre 1 e 3 gramos. A lactación pode ser de 4-5 semanas. Entre os días 14 e 21 contasen coa dentadura de leite, que será substituída pola definitiva entre a 4ª e a 10ª semana. Cando as pequenas denociñas teñan entre 26 e 32 días, abrirán os ollos, continuarán mamando entre 4 e 12 semanas, alternando a partir das 3 ou 4 semanas estas comidas con carne. A partir do mes de vida, sairán fóra do tobo a xogar, e pouco despois, entre a 6ª e a 8ª semana, comezarán a cazar. Durante o verán ou a principios de outono, as novas denociñas iranse independendizando, para alcanzar a madureza sexual aos 3 o´4 meses. Os machos estarán completamente desenvolvidos entre os 3 e os 6 meses, e as femias entre os 3 e os 4 meses. A tantas presas potenciais as súas presas por excelencia e as mais consumidas pola Donicelason os ratos e topillos. Ao perecer sente predilección polo sangue das súas vítimas, sendo esta a primeira substancia que aproveita ao cazar algún animal.A miúdo segue rutas determinadas de caza, tendo un comportamento moi territorialista, aínda que pode percorrer nunha noite máis de dous quilómetros. O territorio de caza da femias e do macho non adoitan coincidir.A denociña, ao ter un nivel metabólico moi elevado, precisa estar a cazar practicamente todo o día, para compensar a perda de enerxía, aínda cando alcanza a súa maior actividade na noite. Non hiberna.
A Donicela serve de alimento a outros moitos animais, entre os que están as aves rapaces, tanto diúrnas como nocturnas e os carnívoros (lobo, raposo, gato montés, marta, fuíña, furón. Visón, etc.) as crías de Donicela poden ser devoradas por grandes lagartos e cobras. o 5%.

CURIOSIDADES

Excremento de donicela

Excrementos son longos e delgados, retorcidos, xeralmente de cor parda escura e moura, e adoita depositalos en latrinas ou ao longo dos camiños que utiliza durante as súas andanzas. Poden ser pastosos ou duros, segundo a súa alimentación. O consumo de sangue das súas presas confire aparencia pastosa ás súas feces. Cando son duras, sempre rematan en punta e duns 4 cm de lonxitude por ½ cm de diámetro. Teñen olor fétido.



Pegadas. A pegada da Donicela é pequena, medindo de ancho sobre 1 cm, e de longo sobre 1,4 cm. Nela normalmente aprécianse 4 dos 5 dedos, estando presentes no talón, as impresións dos 3 lóbulos. A pegada traseira é de maior tamaño que a dianteira. Deixa as uñas marcadas.
Tobos. As denociñas non fan tobos, e os refuxios e encarnes que usan son diversos, fálase moito de que os montóns de pedras e os valos de pedra son os lugares preferidos polas denociñas. Outros lugares son entre a maleza, ocos das árbores, montóns de leña, tobos doutros animais, covas naturais .... nos lugares elixidos, a Donicela tapiza o chan de herbas, de follas secas, pelos, plumas, etc. Nestes niños as denociñas úsano tamén para gardar aquelas presas que non consumiron e lles serven de despensa.
Outros rastros: segundo a súa presa, podemos encontrar se é unha rata, é o cerebro e os ollos o preferido por unha denociña, nas aves a peituga é o primeiro que consume a Donicela e nos ovos fai unhas incisións cos cairos por onde accede ao seu contido.Emite un potente berro, así como un asubío prolongado e, durante o celo, un penetrante " kri kri". Tamén se lle escoitan arrolos, rosmares e bufidos.

A DONICELA NA CULTURA POPULAR
Nunhas comarcas galegas consideran nociva a súa presenza e noutras trae para os labradores boa sorte a instancia da donicela nas inmediacións das súas casasDin uns que o seu mordedura produce a morte rápida, e que o seu alento é tambien daniño, de onde sen dúbida provén o medo institivo que se lle ten, e que se reflicte en dous refrees aos que deu motivo.Supón outros que a cabra mordida nas ubres por unha donicela deixa de dar leite. Tamén se di que que unha cataplasma feita coas cinzas deste cuadrúpedo cura caratas e jaqueca, e se o seu corazón e lingua dáse a comer a un can este perderá inmediatamente a voz.Asegúrase que se unha víbora mórdea busca inmediatamente a planta SARAMAGO, se refrega contra ela, come algunhas follas e volve proseguir a loita.Afírmase tamén que ataca a outros animais maiores que ela, e que agarrada ao pescozo dun ave vigorosa, antes déixase conducir por ela, sobre os aires que soltar á presa.
Refráns
"Se te morde a donicela busca camisa pra terra"
"Se te morde a donicela busca viño e busca vela, que mañán che darán terra"