A DONICELA
OUTROS NOMES EN GALEGO:doniña, denosiña, gonicela, donosiña, garridiña, dona das paredes
NOME CASTELAN: COMADREJA
NOME CIENTIFICO:Mustela nivalis
Orde Carnivora l Suborde Caniformia l Familia Mustelidae l Subfamilia Mustelinae
INFORMACION TAXONOMICA
Cabeza-tronco:17-23Cola:3-7 cmPeso:35-200 gr, machos: 120 gr e femias: 60 gÉ o representante máis pequeno dos mamíferos carnívoros pertencente á familia dos mustélidos. O seu corpo é pequeno, esvelto, alongado e flexible. A cabeza é aplanada, co rostro moi curto, as orellas pequenas e redondeadas, ollos e nariz escuros e o colo longo.A Donicela posúe un total de 34 dentes, presentando na mandíbula superior 6 incisivos, 2 cairos, 6 premolares e 2 moas, e na inferior outras 2 moas máis. As patas son curtas, e están provistas de 5 dedos cada unha. A cola é tamén curta, medindo menos do 25% da lonxitude da cabeza e o corpo xuntos. A cola, mais corta en comparación que as do armiño - que é maior en todo- non leva nunca unha borla negra, aínda que pode ser dun pardo máis escuro no seu extremo.A coloración das costas é pardo canela ou pardo avermellado, sendo durante o inverno dunha cor parda mais intensa. O ventre é de cor esbrancuxada na que adoitan existir 2 pequenas manchas marrons. A cola é da mesma cor que as costas, e non presenta a punta negra. A unión entre a coloración das partessuperior e das inferiores pódese producir mediante unha liña recta que xunto coa cor dos pés traseiros brancos, nos encontrariamos coa subespecie mustela nivalis nivalis. Existen tamén exemplares de coloración totalmente branca (albinismo), en cuxo caso se debe observar que a punta da cola non é negra, para poder diferenciala do Armiño coa pelaxe invernal.
A medida da Donicela pode variar entre 15 e 33 centímetros, mais a súa curta cola que pode medir entre 4 e 13 cm. O peso do macho varia entre 60 e 170 gr.,y o da femia entre 40 e 65 gramos. As femias son de tamaño considerablemente inferior ao dos machos, e ademais posúen 4 pares de glándulas mamarias.En catividade pode durar entre 8 e 10 anos, pero en liberdade non adoita superar os 3 anos, sendo o máis común que vivan como moito 1 ano.A Donicela dá a sensación de ser un animal moi nervioso, sempre buscando e inspeccionando o seu arredor co seu fino olfacto e o seu oído, é moi curioso, de gran vivacidade, sobe, baixa, corre dun sitio para outro, trepa polas árbores e bo nadador. Son tanto nocturnas coma diúrnas. Cando se encontran en perigo despiden un forte olor, que recorda a un corpo en putrefacción.Tanto o macho coma a femia son territoriais e solitarios, con excepción da época de celo, durante a cal poden formar grupos familiares.Non ten período de repouso invernal, polo que se lle observa durante os 12 meses do ano. A súa actividade transcorre tanto polo día coma pola noite, con certa preferencia pola actividade ao atardecer, sendo doado observala durante os días calorosos, con forte vento, ou cando cambia o tempo.Está provista duns sentidos ben desenvolvidos destacando a vista adaptada á visión diúrna e nocturna, e o oído e o olfacto dunha destacada sensibilidade. Ao parecer séntese atraída polas cores avermelladas.Desenvólvese á perfección no medio que ocupa, desprazándose normalmente a asaltos, sabe trepar e nadar, valéndose diso para pescar. Pode introducirse en todo tipo de tobos de roedores, onde lles de caza dentro das súas galerías.
HÁBITATA Donicela adáptase a todo tipo de chans, preferindo os campos de cultivo, terreos de matogueira baixa, muros de pedra, matogueiras próximas a prados, en especial os terreos non moi húmidos pero con auga preto, evitando dos bosques pechados e das zonas encharcadas. Normalmente vive preto do medio humano, frecuentando construcións humanas a miúdo abandonadas.O territorio ocupado polos machos adoitan ter unhas dimensións aproximadas dunhas 34 hectáreas, e o das femias unhas 12 hectáreas.Dentro dese territorio, sitúa o seu cubil, que en verán o adoita instalar entre pedras, muros, ocos das árbores, etc., e durante o inverno é frecuente que se instale en construcións humanas abandonadas.
ALIMENTACION
Para o seu tamaño é un formidable cazador e pode con presas moito maiores ca ela, como o coello e a lebre. Prodúcense ataques de denociñas a coellos de granxa de moito maior tamaño que os coellos de campo, e galiñas que pesan quince veces mais, aos que morde de forma repetida e intensa na zona da nunca, á que se aferra, ata ocasionarlle a morte por shock.Non escapa nada ao seu apetito, ratas, ratos, esquíos, toupas, ratas de auga, aves diversas, sapos, ras, serpes, lagartos, peixes, bebe sangue das súas presas, insectos, ovos, e algo de produtos vexetais nunha porcentaxe menor a
REPRODUCIÓN
O período de celo abarca dende xaneiro ata principios de outubro, sendo durante a primaveira a época máis frecuente. Durante esta etapa os machos reúnense para perseguirse e pelexarse, emitindo agudos berros, sendo o macho vencedor que se aparee coa femia.O período de xestación. A femia ten unha xestación aproximada de entre 34 e 37 días, non realizando ningún atraso entre a cópula e a fecundación dos espermatozoides. Hai autores que sinalan que a Donicela pode ter unha implantación diferida, é dicir, que as femias en vez de fecundadas gardan o óvulo fecundado e atrasan o parto para un momento mellor, despois de encontrarse entón períodos de xestación de 312 días.O parto. O parto normalmente é de entre 4 e 8 crías, se ben puidesen nacer ata un total de 19 crías, e pode ter lugar entre o mes de marzo e mediados de decembro, sendo normal que nazan entre maio e xuño. Poden acaecer 1 ou 2 partos anuais, ou mesmo 3 se as condicións fosen favorables.Tras o parto, os machos abandonan ás femias.As crías. As crías nacen sen pelo, cos ollos pechados, e pesan tan só entre 1 e 3 gramos. A lactación pode ser de 4-5 semanas. Entre os días 14 e 21 contasen coa dentadura de leite, que será substituída pola definitiva entre a 4ª e a 10ª semana. Cando as pequenas denociñas teñan entre 26 e 32 días, abrirán os ollos, continuarán mamando entre 4 e 12 semanas, alternando a partir das 3 ou 4 semanas estas comidas con carne. A partir do mes de vida, sairán fóra do tobo a xogar, e pouco despois, entre a 6ª e a 8ª semana, comezarán a cazar. Durante o verán ou a principios de outono, as novas denociñas iranse independendizando, para alcanzar a madureza sexual aos 3 o´4 meses. Os machos estarán completamente desenvolvidos entre os 3 e os 6 meses, e as femias entre os 3 e os 4 meses. A tantas presas potenciais as súas presas por excelencia e as mais consumidas pola Donicelason os ratos e topillos. Ao perecer sente predilección polo sangue das súas vítimas, sendo esta a primeira substancia que aproveita ao cazar algún animal.A miúdo segue rutas determinadas de caza, tendo un comportamento moi territorialista, aínda que pode percorrer nunha noite máis de dous quilómetros. O territorio de caza da femias e do macho non adoitan coincidir.A denociña, ao ter un nivel metabólico moi elevado, precisa estar a cazar practicamente todo o día, para compensar a perda de enerxía, aínda cando alcanza a súa maior actividade na noite. Non hiberna.
A Donicela serve de alimento a outros moitos animais, entre os que están as aves rapaces, tanto diúrnas como nocturnas e os carnívoros (lobo, raposo, gato montés, marta, fuíña, furón. Visón, etc.) as crías de Donicela poden ser devoradas por grandes lagartos e cobras. o 5%.
CURIOSIDADES
Excremento de donicela
Excrementos son longos e delgados, retorcidos, xeralmente de cor parda escura e moura, e adoita depositalos en latrinas ou ao longo dos camiños que utiliza durante as súas andanzas. Poden ser pastosos ou duros, segundo a súa alimentación. O consumo de sangue das súas presas confire aparencia pastosa ás súas feces. Cando son duras, sempre rematan en punta e duns 4 cm de lonxitude por ½ cm de diámetro. Teñen olor fétido.
Pegadas. A pegada da Donicela é pequena, medindo de ancho sobre 1 cm, e de longo sobre 1,4 cm. Nela normalmente aprécianse 4 dos 5 dedos, estando presentes no talón, as impresións dos 3 lóbulos. A pegada traseira é de maior tamaño que a dianteira. Deixa as uñas marcadas.
Tobos. As denociñas non fan tobos, e os refuxios e encarnes que usan son diversos, fálase moito de que os montóns de pedras e os valos de pedra son os lugares preferidos polas denociñas.
Outros lugares son entre a maleza, ocos das árbores, montóns de leña, tobos doutros animais, covas naturais .... nos lugares elixidos, a Donicela tapiza o chan de herbas, de follas secas, pelos, plumas, etc. Nestes niños as denociñas úsano tamén para gardar aquelas presas que non consumiron e lles serven de despensa.
Outros rastros: segundo a súa presa, podemos encontrar se é unha rata, é o cerebro e os ollos o preferido por unha denociña, nas aves a peituga é o primeiro que consume a Donicela e nos ovos fai unhas incisións cos cairos por onde accede ao seu contido.Emite un potente berro, así como un asubío prolongado e, durante o celo, un penetrante " kri kri". Tamén se lle escoitan arrolos, rosmares e bufidos.
A DONICELA NA CULTURA POPULARNunhas comarcas galegas consideran nociva a súa presenza e noutras trae para os labradores boa sorte a instancia da donicela nas inmediacións das súas casasDin uns que o seu mordedura produce a morte rápida, e que o seu alento é tambien daniño, de onde sen dúbida provén o medo institivo que se lle ten, e que se reflicte en dous refrees aos que deu motivo.Supón outros que a cabra mordida nas ubres por unha donicela deixa de dar leite. Tamén se di que que unha cataplasma feita coas cinzas deste cuadrúpedo cura caratas e jaqueca, e se o seu corazón e lingua dáse a comer a un can este perderá inmediatamente a voz.Asegúrase que se unha víbora mórdea busca inmediatamente a planta SARAMAGO, se refrega contra ela, come algunhas follas e volve proseguir a loita.Afírmase tamén que ataca a outros animais maiores que ela, e que agarrada ao pescozo dun ave vigorosa, antes déixase conducir por ela, sobre os aires que soltar á presa.
Refráns"Se te morde a donicela busca camisa pra terra""Se te morde a donicela busca viño e busca vela, que mañán che darán terra"
No hay comentarios:
Publicar un comentario