jueves, 24 de junio de 2010

As pensións aumentaron en Galicia un 0,9% no último ano




O número de pensións en Galicia situouse en 720.259 en xuño, o que representa un incremento do 0,9% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social.A pensión media en Galicia (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares) queda fixada en 651,58 euros, cun crecemento do 3,4% en relación con xuño do 2009, aínda que segue por baixo da media nacional, que é de 779,23 euros ao mes.En termos globais, o número de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou en toda España a cifra de 8.662.633, o que representa un crecemento interanual do 1,6%.Máis da metade son por xubilaciónMáis da metade das pensións son por xubilación, 5.133.694; 2.288.112 son por viuvez; 934.320 por incapacidade permanente; 268.754 por orfandade e 37.753 a favor de familiares.A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social superou o pasado 1 de xuño os 6.750 millóns de euros, un 5,1% máis que no mesmo mes de 2009, segundo a estatística feita pública polo Ministerio de Traballo e Inmigración.A pensión media de xubilación do Sistema da Seguridade Social alcanzou este mes a contía de 883,68 euros ao mes, o que supón un 3,5% de incremento con respecto ao mesmo mes do pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario