viernes, 18 de junio de 2010

A Xunta destina 300.000 euros a selar o vertedoiro da Fonsagrada





O Consello da Xunta autorizou este xoves o investimento de 300.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente para selar o vertedoiro de lixos da Fonsagrada.
Información relacionada
A Administración galega comprométese a financiar esta actuación en dúas anualidades. A deste ano ascende a 85.000 euros e completarase con outra de 182.136 o ano que vén.
O Concello da Fonsagrada, pola súa banda, porá a disposición da Consellería de Medio Ambiente os terreos libres de cargas, así como os correspondentes permisos para levar a cabo as obras de selado e clausura do vertedoiro. Unha vez terminados os traballos, o goberno local asumirá tamén os labores de mantemento e conservación.
O vertedoiro da Fonsagrada está na parroquia de Vieiro e ocupa unha superficie de 5.000 metros cadrados, onde se concentran 9.000 metros cúbicos de residuos sólidos urbanos.ActuaciónsAs obras comezarán pola delimitación da zona a actuar, o control de accesos e a sinalización. Instalarase un depósito de 20 metros cúbicos e unha rede de canalización de 300 metros para a recollida de lixiviados. Os gases eliminaranse mediante campás extractoras subterráneas, instaladas a tres metros de profundidade.
Unha vez saneada a zona, impermeabilizarase o terreo e selarase o vertedoiro cunha lámina geotextil, outra de drenaxe de augas, unha terceira de cubrición e a última de vexetación. Todo este tratamento realizarase nunha extensión de 6.000 metros de terreo.
Para habilitar o acceso a esta zona e conseguir a súa integración paisaxística será necesario revegetar 11.000 metros cadrados de superficie..

No hay comentarios:

Publicar un comentario