Aos concellos galegos non lles queda máis remedio que reducir gastos por onde poden, e a iluminación pública é un apartado no que aínda hai marxe para o aforro. A extensísima rede de farois e luminarias distribuída por Galicia —con especial incidencia nas zonas rurais— supón un auténtico lastre para moitos concellos da comunidade. E é por iso que o municipalismo xa está a tomar medidas para reducir facturas e gañar en competitividade.
Segundo os datos do inventario de equipamentos que elabora o Ministerio de Política Territorial, Galicia conta actualmente cuns 633.000 puntos de luz. A proporción é dun farol por cada cinco habitantes, aínda que nalgúns concellos do interior contabilízase un punto de luz por cada dúas persoas. E coa tendencia demográfica actual, non resulta desatinado pensar que algún municipio terá tarde ou cedo máis postes de luz que veciños.
A canto ascende o gasto en iluminación? Un concello de tamaño medio como Sarria —pouco máis de 13.500 habitantes— destina cada ano uns 240.000 euros. A factura dispárase nas principais cidades, como Ourense, cuxo desembolso anual rolda o millón e medio de euros.
En todo caso, municipios de todo tipo puxéronse ao choio para levar a cabo medidas que lles permitan reducir o gasto. A través de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) ou do Plan E, os concellos están a implantar sistemas telemáticos para controlar a potencia de luz e substituíndo lámpadas antigas por outras de maior eficiencia, como as de tecnoloxía LED.
O problema está en que estas medidas teñen un custo económico importante, e non todos os municipios poden acceder a elas. No plan de aforro enerxético que impulsou o Inega en 2008, a gran maioría dos concellos que pediron axudas non as chegaron a utilizar por non poder asumir a súa parte do gasto.
Á vangarda na posta en marcha de medidas de eficiencia están as principais cidades, que concentran un gran número de farois e luminarias. Só Vigo conta con 45.000 puntos de luz e 800 centros de mando. Urbes como Pontevedra, Lugo ou Ourense xa aplicaron medidas destas características, que permiten regular a intensidade da iluminación nas rúas ou ‘telexestionar' as avarías da rede.
As deputaciónsNesta tarefa tamén se puxeron as pilas as deputacións provinciais. Tanto a de Lugo como a de Pontevedra impulsaron senllos plans para contratar de forma conxunta a subministración de enerxía eléctrica, que permite acceder a descensos de ata o 30 por cento na factura a aqueles concellos que deciden adherirse.
Pola súa banda, a da Coruña financiou auditorías enerxéticas que desvelan a capacidade de aforro dos concellos da provincia. De aplicarse todas as medidas propostas —substitución de luminarias tipo globo, redución do fluxo de iluminación cando é menos necesario ou instalación de reloxos astronómicos, entre outras— o aforro chegaría ata o 21 por cento. Unhas rebaixas que poden supor un importante respiro para as maltreitas arcas municipais.
Un punto de luz por cada dous habitantesO concello lucense de Friol conta con 2.205 puntos de luz para alumar a vida dos seus 4.248 veciños. A proporción é dun farol por cada dous habitantes, o que demostra a enorme extensión da iluminación pública en Galicia motivada pola dispersión. O caso de Friol non é único. Na súa mesma situación están concellos como Paderne ou Valdoviño (A Coruña); Alfoz, Antas de Ulla ou Pantón (en Lugo); Padrenda, A Teixeira ou A Veiga (Ourense) e Cotobade, Forcarei ou Pazos de Borbén, na provincia de Pontevedra.
O concello de Vigo está á cabeza de Galicia, con 45.000 puntos de luz e 800 centros de mando. No lado oposto, os 124 puntos de luz de Negueira de Muñiz.

No hay comentarios:
Publicar un comentario