O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, reuniuse o martes pasado coa secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, a quen lle entregou o proxecto para construír unha residencia de maiores no edificio da Fundación Rois de la Peña.
O documento deberá ser estudado agora polos técnicos da Xunta, que decidirán se se axusta á normativa e se reúne as condicións necesarias para prestar este tipo de servizo.
O alcalde da Fonsagrada espera que a Administración autonómica estea en disposición de pronunciarse sobre o proxecto no prazo dun mes. Explica que o documento foi redactado por persoal especializado neste tipo de instalacións, que consultou cos técnicos da Xunta os temas máis conflitivos para evitar inconvenientes que poidan xerar atrasos.Boas impresiónsArgelio Fernández espera que o Goberno autonómico acepte a proposta do Concello e se comprometa a financiala. "De momento, teño moi boas impresións e espero que se confirmen", indicou o alcalde socialista.
Explicou que o Concello está disposto a colaborar en todo o posible para sacar adiante o proxecto. Confía en que a Xunta axilice a revisión do documento para realizar as correccións que fosen necesarias canto antes e non dilatar máis do imprescindible a posta en marcha do servizo.
Argelio Fernández considera que a residencia de maiores é unha necesidade básica para A Fonsagrada, "un servizo imprescindible que non se pode atrasar máis".

No hay comentarios:
Publicar un comentario